logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación ano 2006

Informe de Situación

Ambientalmente o feito máis relevante foron a vaga de incencios forestais, nun pico cíclico e amplamente divulgado polos medios de comunicación. Percibeuse certo cambio nalgúns modos da administración á hora de fornecer información, como no caso do vertido de Brenntag no río Umia (Caldas de Reis); non obstante necesítase máis tempo para determinar se son feitos puntuais ou unha inversión da dinámica existente.

A situación ambiental ven agravada polo incremento das obras civís, e polo tanto da disposición dunha capacidade técnica destructiva, unida a unha promoción social dunhas necesidades (AVE, paseos marítimos ,sendeiros fluviais...) que non aportan benestar e ó contrario, degradan o medio e sustraen recursos económicos para elementos importantes como a solución dos residuos, recuperación da costa, etc.

Dentro do carácter divulgativo, compre destacar as exposicións e ciclos de conferencias desenvolvidos en Vilagarcía e Pontevedra.

Resumo de actividades 2006

HUMEDAIS

Río Oliveira.

Presentáronse varios escritos para paralizar o recheo dun tramo deste río sito no Concello de Poio, con resultados nulos. Augas de Galicia deu autorización para o taponamento despois de rematadas as obras.

XEIRAS NATURALISTAS

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia, co doble obxectivo naturalista e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Comunicouse vía e-mail a realización de catro xeiras aínda que se fixeron máis que se informaron directamente ós socios que habitualmente acuden a elas.

EXPOSICIÓN DE HISTORIA NATURAL

Contouse basicamente con material prestado pola Delegación de Ferrol. Informouse a tódolos centros educativos dos concellos onde se realizou e limítrofes, comunicandolle da disposición dun monitor gratuito para guiar a exposición.

Vilagarcía: Realizada do 13 ó 22 de outubro. Cun ciclo de catro conferencias. En total recibíronse 1636 visitas, das que 486 corresponden a escolares e o resto a público en xeral.

Pontevedra: Desenvolveuse do 25 de outubro ata o 7 de novembro. cun ciclo de catro conferencias. Recibíronse 453 visitas, das que 333 corresponden a escolares e o resto a público en xeral.

ESPACIOS NATURAIS

Denunciouse diante da Consellería de MA e a Consellería de Cultura a construcción dunhas canles de drenaxe nas bra as de Xestoso (LIC ES1140008) así como a posible destrucción dun campo de mámoas.

OUTROS

- Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo (Ilex aquifolium) e xilbardeira (Ruscus aquleatus), así como propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal.

- Suxestións á Consellería de MA polo estructura dun observatorio ornitolóxico na Illa de Arousa

- Censos de aves invernantes en base ó proxecto desenvolvido por Wetlands International..

- Participación nos censos de Amfibios e Réptiles e Insectos.