logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación ano 2002

PODA ARBORADO URBÁN

Presentáronse varios escritos diante de varios concellos. En Vilagarcía, polo continuos decotes do arborado, a pesares de terse comprometido este concello a establecer un criterio e formación sobre poda de árbores. En pontevedra pola decote brutal dos plataneiros na Avda. Bos Aires. Caldas de Reis: poda abusiva de varias árbores na Alameda.

RÍOS E CANLES

- Presentación de varios escritos ó Valedor do Pobo, aportando nova información sobre ó proxecto do río Valga (Concello de Valga-Pontevedra). Finalmente a CPTOPV asumiu por escrito que ampliaría os prazos de alegacións (para tódolos proxectos futuros) dende a primeira información publica e contando o prazo a partires do último anuncio publicado.

- Presentación dun novo escrito ó Valedor do Pobo ante a sospeita de falsificación de documento público, ó informar na "Declaración de efectos Ambientais" do proxecto de canlenización do río Valga que a Consellería de Medio Ambiente dera un dictame positivo, cando á SGHN constaballe que o dictame é negativo.

Escritos varios á Consellería de Medio Ambiente e CPTOPV solicitando documentación sobre a canlenización do río Valga e a orixe económica do orzamento (se proviña de fondos europeos).

REDE NATURA 2000

Asistiuse, convidados polo grupo Os Verdes/ALE, cunha delegación de sociedades ecoloxistas e naturalistas galegas a un Seminario no Parlamento Europeo sobre os dez anos da Directiva Hábitats. Presentouse un poster sobre a situación en Galicia desta rede e as xestións desenvolvidas pola SGHN neste campo.

CATÁSTROFE DO "PRESTIGE"

Moitas das actividades foron desenvolvidas co resto de Delegacións da SGHN.

- Recollida de aves vivas e mortas nas praias de toda a costa galega.

- Reunión cun grupo de Europarlamentarios, xunto con outras entidades.

- Informes sobre a situación da costa e visitas a varias illas para avalia-lo seu estado.

- Notas de Prensa (de escasa ou nula divulgación)

- Conformación dunha sección na páxina Web da SGHN sobre este tema.

- Reunións, escritos, contestación á correspondencia sobre múltiples ofrecimentos de colaboración, etc.

- Escritos ás administracións sobre a destrucción das cadeas dunares e a súa flora, desperdicio de material, uso indiscriminado e inxustificado de maquinaria nas praias e dunas, etc.

XEIRAS NATURALISTAS

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia, co doble obxectivo de mostra-las principais riquezas medioambientais e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Esta actividade seguirá sendo unha liña a seguir neste ano.

COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A LANZADA, LAGOA BODEIRA E PUNTA CARREIRÓN

- Escrito ante a Consellería de Medio Ambiente e Ministerio Medio Ambiente (Xefatura de Costas) pola construcción dun camiño no intermareal con restos de cerámica.

OUTROS

- Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo ( Ilex aquifolium ) e xilbardeira ( Ruscus aquleatus ), así como propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal. Este ano acompañouse cunha ampliación de datos na páxina Web.

- Censos de aves invernantes e aves abeiradas.

- Participación nos censos de COASTWATCH.

- Posicionamento sobre os visóns americáns ceibados dunha granxa.

- Anelamento científico de aves en varias zonas da Provincia.

- Petición á Consellería de Medio Ambiente que establecera uns requisitos por escrito para formar parte dos padroazgos dos Parques Naturais, non ó chou como se realizara ata a data.

- Colaboración coa organización do Congreso Galego de Ornitoloxía.

- Continuación coa recollida de datos sobre patrimonio arqueolóxico inventariado polos Concellos da Provincia.