logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación ano 2001

RÍOS E CANLES

Presentáronse alegacións ó proxecto do río Valga (Concello de Valga-Pontevedra) e varios escritos dirixidos á CPTOPV, Consellería de Presidencia, Renfe, Valedor do Pobo e Concello de Valga. Neste proxecto, presuntamente conculcaronse dereitos como o acceso á información medioambiental e obter resposta ós escritos, etc. Por este motivo se plantexou unha queixa diante do Valedor do Pobo, que foi admitida a trámite, recibindo unha contestación que xustifican algúns dos nosos puntos e obrigan á CPTOPV a dar contestación ós nosos escritos diante da CPTOPV e Consellería de Medio Ambiente solicitáronse explicacións pola tala, dragado e construcción dun muro no río Umia á altura de Caldas. Estas obras, segundo a información que recabamos, carecían de calquera autorización e baseábanse no seu carácter de "urxentes". O resultado foi a eliminación total da ripisilva desta zona, a perda dun importante frezadoiro de troitas que a Consellería de Medio Ambiente tiña acotado e unhas modificacións do caudal do río, que provocaron altas mortandades da fauna piscícola e danos non cuantificados á fauna asociada.

Entrevista coa fundación Comarcal do Salnés e presentación dun escrito con propostas sobre o proxecto de construír un camiño paralelo ó río Umia a xeito de routeiro.

PODA ARBORADO URBÁN

Aínda que non se trata do tema medioambiental máis grave, representa un indicador da falta de interese por parte das diversas administracións polo coidado medioambiental.

Presentáronse varios escritos diante dos concellos de Pontereas e Pontevedra por podas moi agresivas. Igualmente, a petición do concello de Vilagarcía, mantívose unha reunión co seu concelleiro de Parques e Xardíns para tratar este tema, procedendo poco despois o concello a decotar varias árbores, o que motivou unha entrevista dun xornal interesándose polo tema.

COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A LANZADA, LAGOA BODEIRA E PUNTA CARREIRÓN

Este espacio, un dos de maior valor da costa galega, segue a sofrir a desidia da administración, tanto por activa como por omisión. Mantívose unha entrevista co responsable de xestión de este espacio sen nengunha resposta positiva.

Algunhas das actuacións realizadas.

- Alegacións á reforma da ordenanza municipal do solo na zona do istmo da Lanzada.

- Puntualizacións ó Conselleiro de Medio Ambiente sobre que o complexo era un exemplo de xestión medioambiental para Europa.

- Denuncia ante Xefatura de Costas, Consellería de Medio Ambiente e Concello de Cambados dun depósito ilegal de pneumáticos ocupando terreo público. O Servicio Provincial de Costas (Ministerio de Medio Ambiente) informa dun apercebimento ó propietario para que retirara o depósito. A Consellería de Medio Ambiente, indica que non pode facer nada.

- Solicítase á Consellería de Medio Ambiente que tome medidas urxentes para controlar as especies alóctonas do Complexo, dado que están desplazando á vexetación dunar autóctona, especialmente Carpobrotus spp , tanto no istmo da Lanzada coma no Carreirón, na Illa de Arousa.

- Escrito á CPTOPV sobre o colapso na vía rápida a Sanxenxo a pesares das obras realizadas e que eliminaron unha importante sección de flora dunar. Este feito [o colapso circulatorio] fora indicado nas alegacións que a SGHN plantexara á CPTOPV.

- Escrito solicitando á Consellería de Medio Ambiente a reparación dos observatorios ornitolóxicos da Illa de Arousa, dado o seu perigoso estado para os usuarios.

COSTAS

Participación nos censos de COASTWATCH.

Reposición de varios escritos ó concello de Vilanvoa de Arousa sobre vertidos de fecais e estado das dunas en Rego do Alcalde.

Presentación dunha proposta de regulación durante a limpeza das praias con maquinaria diante da Consellería de Medio Ambiente, Ministerio de Medio Ambiente (Xefatura de Costas) e Deputación de Pontevedra

ILLA DE CORTEGADA

Posicionamento sobre a compra da Illa pola administración autonómica, felicitando que teñan empezado o proceso.

Solicitude á Consellería de Medio Ambiente que nos informe da evolución da compra da Illa de Cortegada.

XEIRAS NATURALISTAS

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia, co doble obxectivo de mostra-las principais riquezas medioambientais e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Esta actividade seguirá sendo unha liña a seguir neste ano.

OUTROS

- Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo ( Ilex aquifolium ) e xilbardeira ( Ruscus aquleatus ), así como propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal. Este ano acompañouse cunha ampliación de datos na páxina Web.

- Censos de aves invernantes e aves abeiradas.

- Ó Concello de Silleda polo lixo espallado na fervenza do Toxa.

- Alegacións ó vertedoiro de Vilagarcía. Os recentes feitos de arrastresde terras e reparación dos tubos de saída de augas, deron razón a algúns dos argumentos esgrimidos pola SGHN e inicialmente puntualizados pola Consellería de Medio Ambiente.