logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

pontevedra@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


  

Resume Actividades Delegación ano 2000

RÍOS E CANLES

Varios escritos por mor dunhas obras, por parte do concello de Vilagarcía, no río do Con sen a autorización pertinente de Augas de Galicia. Solicitouse información a este mesmo concello sobre o proxecto dun paseo fluvial, ó obxecto de aportar ideas que compatibilicen esta idea coa conservanción deste río, negándose o concello a facilitar calquera información.

Establecéronse contactos con veciños de Valga sobre a intención deste concello e Augas de Galicia de canlenizar o río do mesmo nome. A intención é aportar propostas a un proxecto que entendemos inxustificado por atender a uns feitos moi puntuais e abordables con outro tipo de solucións.

PODA ARBORADO URBÁN.

Presentáronse escritos en varios concellos relativos ás podas brutais que se realizan por parte da administración pública. Só unha cativa parte das moitas incidencias que se producen.

CENSOS DE ANDORIÑA DE CÚ BRANCO

Realizáronse varios censos desta ave ( Delichon urbica ) para avalia-la evolución desta especie en Galicia. A prospección nesta provincia realizouse en Caldas, Ogrobe, Meis, Pontevedra, O Porri ½ o, Tui, Vigo e Vilagarcía. Os detalles están dispoñibles no Paspallás nº 30.

XEIRAS NATURALISTAS

Continuaronse as xeiras naturalistas por varias zonas da Provincia, co doble obxectivo de mostra-las principais riquezas medioambientais e recoller datos sobre o estado e flora e fauna asociada. Esta actividade seguirá sendo unha liña a seguir neste ano.

COMPLEXO INTERMAREAL UMIA-O GROVE, A LANZADA, LAGOA BODEIRA E PUNTA CARREIRÓN

Escritos solicitando especial precaución na limpeza da praia da Lanzada, xa que se destruiu alomenos un niño de píllara papuda ( Charadrius alexandrinus ) unha das poucas limícolas que crían en Galicia. Solicitude de prohibición de probas de motocross dentro deste espacio natural.

Presentáronse alegacións ó proxecto de construír un peirao na Illa da Toxa. Finalmente foi denegada a solicitude e enviouse un escrito de felicitación ó Ente Portos de Galicia.

Enviouse un escrito a Unión Europea denunciando a posible conculcación da lexislación comunitaria pola Vía Rápida que une Sanxenxo e O Grove polo istmo da Lanzada.

COSTAS

Participación nos censos de COASTWATCH. Realizáronse varias denuncias por vertidos presuntamente ilegais e por extración de áridos. Igualmente propúsose ó Concello de Vilanova e Xefatura de Costas o valado das dunas que quedan na zona de Rego do Alcalde para a súa protección.

ILLA DE CORTEGADA

Posicionamento sobre a compra da Illa pola administración autonómica, felicitando que teñan empezado o proceso.

Solicitude á Consellería de Medio Ambiente que nos informe da evolución da compra da Illa de Cortegada.

REDE NATURA 2000

Traballouse na recollida de datos en zonas propostas para formar parte desta rede europea de espacios naturais protexidos. Sobor de todo recollimos información naquelas que quedaron fora da proposta da Xunta e consideramos que deben estar (Serra do Suído, p. ex.). Presentamos varios escritos polo intento de retirar de esta proposta á área de Cabo Udra (Cangas), no sentido de tratar de reconducir esta situación.

Cabe suliñar que estes intentos de boicotear a proposta de espacios para Natura 2000, foi común a outras zonas de Galicia, o que motivou unha actuación conxunta da SGHN neste aspecto.

OUTROS

-Participouse cun ponente no cursiño organizado polo Centro Comarcal do Salnés, sobre estratexias de educación ambiental.

- Envío dun escrito común a tódolos concellos da provincia, solicitando unha serie de medidas protectoras respecto ó acibo ( Ilex aquifolium ) e xilbardeira ( Ruscus aquleatus ), así como propondo outras medidas para recuperación de arborado do nadal.

- Apoiouse unha iniciativa dos concellos do Salnés para un programa de investigación e estructuración sobre a recollida selectiva do lixo.

- Censos de aves invernantes.

- Anelamento científico de aves en varias zonas da Provincia.

- Solicitude e recollida de datos sobre patrimonio arqueolóxico inventariado polos Concellos da Provincia.

- Denuncia vertidos de entullo e lixo nos montes.