Nesta páxina incorporamos varios exemplos gráficos de podas inadecuadas. Lamentablemente este non é un problema que se poda considerar exclusivo dun ou outro concello, estas actuacións non distinguen entre concellos, outras administracións e particulares. O noso obxectivo é que vendo estes exemplos, comúns á meirande parte da nosa xeografía, aprendamos novos criterios de valoración estéticos que nos permitan valorar outras posibilidades.