As árbores son un expoente máis da insensibilidade dalgúns xestores públicos. O pouco cuidado, as podas brutais sen senso nen motivo e o abandono, son expresións do pouco respeto por estes compañeiros e pola ciudadanía. As árbores acompáñannos polas rúas, reláxannos a mirada e dan vida ás masas de cemento rectilíneo das vilas.
O seu maltrato non é un indicador da sensibilidade e respecto polos seres que comparten o noso día a día e tamén de nós mesmos. Está páxina pretende ser un pequeno recordatorio do que temos e a onde podemos chegar. Queremos manifesta-lo noso agradecemento ó libro "Árboles en la ciudad" de Martínez Sarandeses, Medina Muro e Herrero Molina (publicado polo antigo MOPT). |