logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

ferrol@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


BREVE HISTORIA

A Sociedade Galega de Historia Natural xurde como tal en 1976 a partir do Grupo Ornitolóxico Galego creado no ano 1973, no que comenzaron naturalistas ferroláns da sona de Xoan Rodríguez Silvar e Xabier Soñora. Esta entidade científica sen ánimo de lucro e de carácter independente ten como fin o coñecemento, a divulgación, protección e a conservación do medio natural galego. O seu medio de difusión é a publicación das revistas "Paspallas" e "Braña" (ésta última foi a primeira publicación, de carácter científico esccrita en galego).

Actualmente a SGHN conta con delegacións en As Mariñas, Ourense, Pontevedra e Ferrol, das que a de Ferrol (constituida o 15-01-1979) é a máis antiga de todas.

A Delegación de Ferrol atópase dende o ano 1983 na rúa Méndez Núñez 11 baixo (antigo Hospicio Santa Teresa). Esta delegación conta na actualidade cuns douscentos socios, sendo as súas cotas e as axudas de distintas administracións, as que a sustentan económicamente.

Son moitas as actividades que a delegación ferrolá desenvolve, ben autónomamente, ben colaborando con outras delegacións ou institucións, entre elas podemos destacar: 

Publicacións:

"As Baleas cara a súa extinción",
"Manual de Ornitoloxía» (Iniciación ás aves de Galicia),
"A Frouxeira"
"Primeras Xornadas Ibéricas sobre Mamíferos Mariños"
"O lobo»" (monográfico)
'Programa arao'
"Doniños"
"Atlas  de Vertebrados de Galicia",
"Dez sitios de interese natural na comarca ferrolá"
"Amar o mar" (vídeo),
'Bajo la cota cero" (programa de TV emitido semanalment no Canal 29),  colaboración co programa "Ferrol verde" (Canal 29) e con diferentes emisoras de radio, así como unha morea de trípticos informativos, pegatinas posters, etc.


Educación Ambiental

Organización de distintos cursiños e conferencias nas escolas da comarca; realización de de obradoiros e monitorización de excursiòns para escolares polos espacios de A Frouxeira, Doñinos e Ortigueira en colaboración coa Delegación Provincial de A Coruña de Medio Ambiente Natural da Xunta de Galicia.

 
Conservación

A delegación ferrolá da SGHN participou activamente en campañas de concienciación como a realizada en contra da caza das Baleas; na reapertura da canle orixinal da lagoa de A Frouxeira e rexenación das dunas; pioneiros na campaña de recollida de pilas usadas en Ferrol, cun excelente resultado de catro toneladas de material recuperado e almacenado no local da Sociedade moito antes de que os Concellos se fixeran cargo delas.

O cese das prácticas de tiro con fogo real que se realizaban sobre as Illas Gabeiras un logro da Sociedade que desenvolveu unha campaña seria e documentada para paraliza-la actividade militar nesta importante colonia de cría de aves mariñas. O seguimento de proxectos que puideran ter incidencias negativas sobre o medio natural e unha vixilancia xeral do medioambiente da comarca, que se puxo de manifesto nas tarefas de recollida de animais petroleados en desastres como a marea negra do petroleiro "Mar Exeo".