logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

ferrol@sghn.org

line decor
INICIO  
line decor
 
 
 
 


 

 

Conferencia "Alimentación sana e evolución"

O próximo día 2 de xuño, sábado, ás 19:00 h terá lugar no salón de actos da SGHN en Ferrol (Praza de Canido, s/n) unha conferencia que baixo o título "Alimentación sana y evolución" impartirá Ángel Burrel Botaya, profesor de psiconeuroinmunoloxía clínica, osteópata e fisioterapeuta, ademais de socio da SGHN.

 

SGHN-Ferrol apoia ás confrarías na defensa da Ría de Ferrol

A S.G.H.N. quere mostrar o seu apoio e solidariedade á loita que están a levar a cabo os mariscadores das Confrarías de Barallobre e Ferrol. A ría de Ferrol debido á neglixencia das administracións autonómica e central e a pasividade das administracións locais, atópase en situación case terminal. Non é admisíbel que en 2011 aínda non exista ningunha EDAR en funcionamento, unha parte importante desta ría está morta e o resto vai polo mesmo camiño. A calidade das augas é pésima afectando á saúde humana; as especies mariñas e todo o ecosistema arredor da ría están seriamente ameazados e consecuentemente o está o marisqueo. Se aínda queda algo é grazas ao traballo de rexeneración levado a cabo polos mariscadores e mariscadoras. É por iso que teñen o noso apoio, porque queremos unha ría limpa e rexenerada, viva e que permita vivir dos seus recursos.