logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

ferrol@sghn.org

line decor
NICIO  
line decor
 
 
 
 


  


ACTIVIDADES DE ESTUDIO DA NATUREZA

A SGHN ven realizando dende os primeiros anos da década dos setenta os Censos de Aves Acuáticas lnvernantes, Censos de Aves petroleadas así como o anelamento científico de aves; tamén participou directamente na elalboración de "Atlas de Vertebrados de Galicia", que hoxe en día é unha obra de consulta obigada para calquer estudioso da natureza.

A SGHN forma parte da Coordinadora para a o Estudio de Mamíferos Mariños (CEMMA) e da Sociedade Española de Cetáceoc (SEC), cun grupo de traballo creado especialmente para a atención de aqueles animais vivos que poidan varar nas nosas costas. Seguímento dos avistamentos de cetáceos da bisbarra e necropsias dos cadáveres atopados, retirando mostras para os seu posterior estudio no Centro de lnvestigaciós Mariñas de Vigo.

Neste mesmo sentido, a Sociedade colabora coa CEPESMA (Coordinadora para o Estudio e Protección das Ecpecies Mariñas) de Luarca (Asturias), coa que comparte materiais e coñecemento.

Dende o comenzo das súas actividades, na Sociedade, víñanse recollendo e coidando animais salvaxes feridos, nuns momentos nos que non existía entidade pública oficial que se adicara a elo. Agora colabórase no mesmo fin con o Centro de recuperación de Fauna Salvaxe da Xunta de Galicia en Oleiros, oreganizando o envío de animais feridos aparecidos na comarca, e conservando os restos de animais non recuperados para futuros estudios, que pasan a formar parte dos fondos do museo.

Colaboración con "Falcón Center" na elaboracón do primeiro censo oficial da colonia de gaivota patiamarela establecida en Ferrol nos últimos anos.

Convenio co "Clube de Montaña Ferrol" para a realización de actividades de carácter natural. Convenio con INICE-GOLFIÑO para o mellor coñecemento da ría de Ferrol e o estudio dende o mar dos arroaces.

Colabora nos últimos anos co programa "Clean up the wordl" PNUMA, realizando limpezas tanto en terra como en fondos mariños dos portos de Ferrol, Mugardos e A Graña, tamén colaboraron coa solta de "Ulises", unha foca gris. Extracción do mar dun rorcual común no porto de Ferrol, sendo recuperado o seu esquelete para a futura incorporación ó museo. Bautismos de mergullo nos concellos de Narón e Ferrol así como nas Illas Cíes, para achegar a xente ó mundo do mergullo.

A delegación de Ferrol da SGHN posúe no seu local un museo que comenzou sendo unha pequena expocición sobor da riqueza natural de Galicia. Hoxe gracias ó esforzo altruista de moitos socios e socias podemos consideralo un Museo do que non existe similar en toda Galicia. Os medios e as axudas cos que conta para realiza-lo seu labor con escasos; ou recursos limitados, mais, a pesar destas dificultades, o traballo que se está a deselvolver non é pouco.

A través destes anos, entre os innumerables proxectos, estudios e traballos que se fixeron por parte desta entidade, estivo sempre o de crear unha biblioteca de medio ambiente e un museo de Historia Natural, e así se fixo, están na Praza de Amboaxe, no antigo Hospicio de Ferrol.

O Museo, único en toda a comarca, comenzou a súa andaina cunhas pequenas coleccións de insectos, cructáceos, cranios de aves, etc., coleccións que foron aumentando para deixar de ser pequenas, e xunto a elas empezaron a aparecer as primeiras montaxes de esqueletes de mamiferos mariños (golfiños, toniñas...) Ou os primeiros fósiles. Agora o Museo da Natureza da SGHN de Ferrol conta cunha amplia diversidade de pezas, entre as que destacan as seguintes:

Unha das maiores e máis completas coleccións de cunchas de Galicia que existen, realizada por Xabier Soñora (destacado botánico falecido cando ostentaba o cargo de Delegado da Sociedade de Ferrol), quen tamén levou a cabo a colección de cructáceos; amplia colección de pegadas de mamíferos e aves; montaxe de esqueletes de mamíferos mariños e terrestres, tartarugas e aves; dermoplastias (reproduccións de cadáveres de animais) de golfiños, foca, tartaruga e dunha serpe pitón.Unha colección entomolóxica; máis de setenta especies de aves momificadas ou naturalizadas; colección de fósiles con reproducción de pegadas de dinosaurios; colección de peles e unha interesante mostra de cranios de aves, entre outras. Temos que subliñar a exposión de unha lura xigante (a única aparecida en Galicia), así como unha quenlla fociñuda (raro tabeirón das profundidades) e un exemplar de tebeirón anguía.

É de destacar que ningún animal foi sacrificado ou danado e ningunha especie esquilmada para a súa mostra. A SGHN pon especial coidado en manter sempre unhas normas éticas no seu contacto coa natureza, encamiñadas a non alterar o medio ambiente e non restarlle dignidade a cada un dos individuos cos que que se traballan.

Gran parte do material exposto foi recollido na nosa Comunidade, complementado cos restos e traballos doutras zonas da Península.

Na actualidade este museo demanda máis espacio, un espacio acondicionado, un espacio digno, en resume un espacio de museo, no que se poidan expoñer tódolos fondos cos que conta sen que estes sufran danos na súa conservación.

 No ano 1984 coa cesión do novo local polo Concello de Ferrol, decidiuse darlle carácter público ó xa daquela numeros libros propiedade da Sociedade, creándose a biblioteca pública da SGHN, esta comenzou a medrar coas subvencións e doazóns de libro de contido especializado, hoxe en día esta biblioteca acadou importantes dimensións.

Dende o ano 1.999 a Sociedade Galega de Historia Natural delegación de Ferrol ten suscrito un convenio co Concello de Ferrol para manter aberto o museo e a biblioteca así como a difusión da nosa natureza e os seus valores ás xentes de Ferrol.


Actualmente a SGHN ofrece ós ferroláns:
  • Unha visita guiada polo Museo da natureza (única en toda a comarca). Tanto para escolas/colectivos ou persoal.
  • Acceso a unha biblioteca temática con mais de 800 volumes con servicios de empresto e asesoramento para a realizacion de traballos sobre a natureza e medio ambiente.
  • Posibilidade de realizar traballos relacionados coa natureza, tanto de laboratorio como museísticos ou publicacións.
  •  Servicio de recollida e canalización de animais salvaxes feridos ou enfermos que precisen atención.
  • Asesoramento dentro das nosas posibilidades.
  •  Pertencer a un clube de buceo con capacidade de xestionar licencias federativas.
  • Acceso a un grupo de amigos con íntereses comúns, entre os que hai especialistas en moitos temas relacionados coa natureza: ornitoloxía, entolomoloxía, mamíferos mariños, mergullo, medio ambiente,...