logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

asmariñas@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

ROTEIRO POLA LAGOA DE VALDOVIÑO E VISITA AO MUSEO DE HISTORIA NATURAL

O domingo 29 de abril na Delegación de As Mariñas realizamos a primeira das saída programadas deste ano 2012, tocou ir á lagoa da Frouxeira (Valdoviño). Contamos con "cicerones" de luxo: Xan R. Silvar, Xabi Prieto e Pablo Torrella. A parte de percorrer o paseo ate o observatorio de aves (dende onde tivemos a sorte de observar un Abetouro -Botaurus stellaris- en vó), subimos ate o miradoiro do Paraño e visitamos Pantín. Pola tarde visitamos as novas instalacións do Museo da Natureza de Ferrol, da man de Paulino Gasalla.