logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

asmariñas@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

V Xornada Micolóxica Memorial Juan Carlos Meda

 

Como todos os anos na Delegación das Mariñas da SGHN celebramos o Memorial Juan Carlos Medal: un día adicado a apañar, identificar, expór e papear cogomelos, guiados polos inmellorabeis "Machiño" e Prunell. Desta volta tocou esculca polas terras de Sobrado e a colleita superou á do ano anterior, con máis de 70 especies diferentes… tíralle do aire!.

Aproveitando a veciñanza, rematamos a xeira visitando o observatorio de aves na lagoa de Sobrado e parolando das actividaes da Fundación Fragas do Mandeo. De volta a Sada, clasificación e exposición na Praza da Pescadería e máis cea-degustación no restaurante "El Rincón del Abuelo". E ata o que vén…