| |
| |
CALENDARIO DE ACTIVIDADES |
| |
PRESENTACIÓN DO LIBRO
“ATLAS DOS ANFIBIOS E RÉPTILES DE GALICIA” |
Día: 16 de setembro de 2011
Hora: 20:30 horas
Lugar: Salón de Actos do local da SGHN,
”Casa do Coronel”, Praza de Canido, s/n, Ferrol
Máis...
|
 |
ROTEIRO GUIADO
FONTÁN-CARNOEDO
IDENTIFICACIÓN DE FAUNA E FLORA
INTERMAREAL. Domingo 11 de setembro
A organización de custodia do territorio Fragas do Mandeo (www.fragasdomandeo.org) na que participa a SGHN, vai celebrar o domingo 4 de setembro, un rastrillo para recadar fondos cara á adquisición das primeiras fincas. Se tes libros infantís ( para nenos menores de 7 anos) e bixutería e outros adornos en bo estado ponte en contacto con nós, que pasaremos a recollelos. Pídense este tipo de obxectos xa que detectamos que son os que máis se demandan.
Imos realizar a saída á Costa Doce ata Carnoedo, o próximo día 11 de setembro, xa que o 14 de agosto non se puido celebrar debido á intensa chuvia (ver cartel anunciador).
SAÍDA Á FRAGA DO RÍO DE CAMBÁS (ARANGA) Domingo 10 de xullo
Toda a información na páxina de SGHN-As Mariñas.
NA PROCURA DO ABELLARUCO
(por terras de Viana do Bolo) E MÁIS.. Sábado 16 de xullo de 2011
Programa do día, con horarios a título indicativo:
- 08: 45 a 09:00. Saída dende Ourense en coches particulares dos participantes organizándose no punto de encontro para reducir na medida do posible o número de coches (menor pegada ecolóxica).
Punto de encontro N-525 pk 232,2 á altura de San Cibrao das Viñas (aparcamento do antigo Restaurante Fonteboa, hai sitio dabondo para prepararse e deixar os coches sobrantes).
- 09: 00 a 10:45. Viaxe de ida dende Ourense a Bembibre (Viana do Bolo).
- 10:45 a 12:45. Visita ó antigo Balneario de Bembibre con paseo dende a estrada ata o Balneario.
- 12:45 a 13:45. Búsqueda do abellaruco pola zona.
- 13:45 a 16:00. Desprazamento ata Viana e comida de confraternización Beónfeitores na casa rural “Mirador da Ribeira”.
- 16:00 a 17:30. Visita á Torre do Homenaxe e Vila de Viana do Bolo.
- 17:30 a 19:30. Ruta pola explotación aurífera romana de "As Borreas" ou "As Barreiras" (Médulas de Caldesiños, Viana do Bolo).
- 19: 30 a 21:00. Viaxe de regreso a Ourense.
Condicións
- Grupo máximo de asistentes 30 persoas por orden estricto de inscrición e pagamento.
- Data máxima para inscripción e pagamento o día 11/07/2011.
- Partipación de 15 euros por persoa (12 pola comida + 3 de aportación Beónfeitores).
- Pagamento mediante transferencia na conta bancaria Nº 2013-1843-53-0200079056 e envío de xustificante por correo electrónico a antela@sghn.org
Para pagamento en efectivo, dúbidas ou información complementaria contactar cós teléfonos 629635512 (Marcos) ou 626595593 (Serafín)
PRESENTACIÓN DE ¡¡¡UN CONTO DE VERDADE!!!
A piques xa de sair do prelo a súa primeira publicación, ¡¡¡Un conto de verdade. A historia de Antela contada por unha cegoña", SGHN-Sección Antela comprácese en convidarvos a súa presentación que, coa inestimable axuda do Centro de Cultura Popular da Limia, terá lugar o venres 3 de xuño ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Xinzo de Limia.
EXCURSIÓN Á LIMIA
Para o domingo 5 de xuño, Día Mundial do Medio Ambiente, SGHN-Sección Antela organiza unha visita polos arboredos e humidais que aínda subsisten en Rairiz de Veiga, incluíndo o monumento natural A Carballa da Rocha.
- Punto de encontro: cafetería-restaurante Novaíño, na estrada N-525, kilómetro 206,5 (pasado Piñeira de Arcos en dirección a Sandiás e Xinzo de Limia).
- Hora límite de reunión: 9:45 h, saindo nese momento nos coches particulares dos asistentes con dirección á Saínza, onde comezara unha fácil ruta a pé.
- Retorno previsto a cafetería-restaurante Novaíño: 14:00 h.
- Pola tarde ás 16:15 h, partindo do mesmo sitio, un grupo de SGHN xirará visita ás charcas areeiras para observación de aves acuáticas, todo aquel que o desexe pode incorporarse a este grupo.
COÑECENDO O UNIVERSO
O Concello de Ferrol (Concellería de Educación) e a Sección de Astronomía e Contaminación Lumínica da Sociedade Galega de Historia Natural, asinarón un convenio de colaboracíón para que o alumnado dos centros educativos de Ferrol durante o curso escolar 2010-2011, dando prioridade ós colexios públicos, para o desenvolvemento e organización do programa "Coñecendo o Universo".
Realizaranse 14 actividades na aula ambiental de RECICLATERRA e consistirá os días despexados nunha observación astronómica e cando non sexa posible a observación farase unha presentación visual da representación do ceo nocturno de inverno, así como dar resposta as inquedanzas astrómicas dos alumnos. Tríptico
- Calendario 2010: Novembro día 25,
Nadal dias 2, 9 e 16.
- Calendario 2011:
Xaneiro dias 11, 13, 18, 20, 25, e 27.
Febreiro dias 1, 3, 10 e 17.
Condicións: O número de participantes, por actividade, non poderá ser superior a 25, se algunha aula ten máis alumnos poderán acudir todos.
Transporte: Os participantes serán recollidos nas inmediacións do centro escolar sobre as 18:30 horas e voltarán no mesmo lugar sobre as 20:30 horas.
Roupa e calzado: Prégase que sempre vaian moi ben abrigados.
Solicitudes: Enviar documento, cuberto polo centro, ao número de FAX da SGHN Ferrol 981352820.
A orde de chegada das peticións deteminará a inclusión nas mesmas |
Xaneiro 2010: "CENSOS DE AVES ACUÁTICAS INVERNANTES"
Como todos os anos dende 1973, en xaneiro de 2010 a SGHN vai realizar os censos de aves acuáticas invernantes en Galicia. Se queres colaborar, ponte en contacto coa Delegación máis próxima ou coa sede central: sghn@sghn.org.
|
| |
|
|