logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Tres autovías e unha autoestrada
paralelas en Pontevedra

 

Pontevedra, 29-04-2014

Na provincia de Pontevedra estanse a xestar varias novas autovías que farán que convivan en paralelo unha estrada nacional (N-550) coa autoestrada (AP-9), a autovía A-59 (Vilaboa-Peinador), a autovía A-57 (Pontevedra-conexión Ourense) e a reforma da autovía A-55 no tramo Vigo-Porriño. Unha sinrazón cun coste inmenso tanto ambiental como social, cando por con moitos menos cartos, pódese conseguir algo mellor para a cidadanía e o medio ambiente.

SGHN ven de presentar un novo escrito (PDF) sobor do proxecto de Autovía A-57, que dende o 2004 é o terceiro escrito sobre algún tramo desta autovía que se entrega á Administración Estatal (Tramo Curro-Pontevedra, Tramo Pontevedra-Ourense). Sobre este tema tamén se presentaron varios escritos máis á Deputación de Pontevedra, ao Ministerio de Fomento, ao Presidente da Comisión de Fomento do Congreso dos Deputados e á Xunta de Galicia e publicouse no Paspallás nº 46 un resume da situación e a alternativa que propón SGHN (PDF).

Imaxe da dereita: Mapa cos proxectos de autovías (en azul) das diversas administracións na área Redondela-Vigo-Mos-Porriño e proposta de SGHN (liña verde discontinuo), que aproveita meirande parte dos actuais trazados e que evita illar a fauna da zona do Galiñeiro (Mos, Mondariz, Pazos de Borbén).
Para obter unha imaxe ampliada preme AQUÍ.

 

PROXECTO DE AUTOVÍA A-59

O pasado 10 de febreiro a SGHN presentou novas alegacións (ver PDF) ó proxecto da Autovía A-59, tramos Vilaboa-O Viso (12-PO4470), O Viso-Arrufana (12-PO-4480) e Arrufana-Aeroporto Peinador (12-PO-4480).

  • A SGHN considera que o investimento de 211 millóns de euros é inaceptable cando existen alternativas economicamente máis baratas e menos agresivas medioambientalmente.
  • Existen na zona de actuación (Pontevedra-Vigo) multitude de vías de comunicación efectivas ou proxectadas (Liña Alta Velocidade Ourense-Vigo, proxecto autovía A-57, A-59, N-550, AP-9 e trazado actual do tren).
  • A propia Deputación de Pontevedra, nun informe do 2008, indica que non hai un estudo serio e profundo da mobilidade e posibilidades dun sistema de transporte público, así como uns impactos sociais e ambientais inadmisibles e un sobrecoste innecesario.
  • A construcción da autovía afectará alomenos a tres ríos de volume considerable (Ponte Nova, Oitavén e Alvedosa) e numerosos regatos e ríos menores, afectando a fauna, en especial anfibios.
  • Existe risco de afectar ó LIC San Simón (ES1140016), por alteración das aguas que van a esta zona.
  • Tal desorde de infraestruturas pode entenderse que vulnera o artigo 3º da Lei 30/1992,de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, “Artigo 3.2. As Administracións Públicas, nas súas relacións, ríxense polo principio de cooperación e colaboración, e na súa actuación polos criterios de eficiencia e servizo ós cidadáns.”

Imaxe: Rede de infraestruturas viarias na contorna de Vigo existentes e previstas no Plan MOVE.

A SGHN propón como alternativa á comunicación Pontevedra-Vigo-O Porriño:

  • Recuperación da concesión da AP-9 para uso gratuito, mellorando o trazado e ampliando os carrís actuais.
  • Remodelar a autovía Vigo-Porriño, para mellorar a seguridade e reducir o tempo de circulación final entre Pontevedra-O Porriño.
  • Potenciar o transporte ferroviario entre Pontevedra-Vigo.