logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

Dúas especies ameazadas no ámbito do futuro parque empresarial de Ribeira (A Coruña)

Santiago, 14-03-2018

Segundo as novas aparecidas nos medios de comunicación está prevista a construción da ampliación do parque empresarial/industrial de Ribeira na zona das Pedras Vermellas ou Fontenla. Se ben non se pode dilucidar a posible afectación sen coñecer os límites exactos da futura zona empresarial/industrial, SGHN considera preciso salientar que na zona ou as súas proximidades está fidedignamente documentada a presenza de dúas especies de plantas ameazadas en Galicia e España (Ranunculus bupleuroides ssp. bupleuroides e Succisa pinnatifida), así como outra sumamente rara na provincia de A Coruña e moi pouco citada en Galicia (Festuca paniculata).

Por istes motivos, SGHN ven de solicitar á D.X. de Patrimonio Natural (Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio) que na planificación, execución e mantemento da devandita ampliación do parque empresarial/industrial de Ribeira se teñan debidamente en conta as poboacións destas tres especies de plantas.

Para saber máis:

  • González-Martínez, X.I. (2017). Nuevas localidades de flora vascular amenazada en Galicia (NO ibérico). Botanica Complutensis 41: 69-80.
  • González-Martínez, X.I. (2017). Contribución al conocimiento de la flora vascular de Galicia (NW ibérico). Nova Acta Científica Compostelana (Bioloxía) 24: 117-152.

Ranunculus bupleroides ssp. bupleroides (esquerda) e Succisa pinnatifida (dereita). Imaxes cedidas por X.I. González-Martínez