O pasado 10 de febreiro a SGHN presentou novas alegacións (ver PDF) ó proxecto da Autovía A-59, tramos Vilaboa-O Viso (12-PO4470), O Viso-Arrufana (12-PO-4480) e Arrufana-Aeroporto Peinador (12-PO-4480).
- A SGHN considera que o investimento de 211 millóns de euros é inaceptable cando existen alternativas economicamente máis baratas e menos agresivas medioambientalmente.
- Existen na zona de actuación (Pontevedra-Vigo) multitude de vías de comunicación efectivas ou proxectadas (Liña Alta Velocidade Ourense-Vigo, proxecto autovía A-57, A-59, N-550, AP-9 e trazado actual do tren).
- A propia Deputación de Pontevedra, nun informe do 2008, indica que non hai un estudo serio e profundo da mobilidade e posibilidades dun sistema de transporte público, así como uns impactos sociais e ambientais inadmisibles e un sobrecoste innecesario.
- A construcción da autovía afectará alomenos a tres ríos de volume considerable (Ponte Nova, Oitavén e Alvedosa) e numerosos regatos e ríos menores, afectando a fauna, en especial anfibios.
- Existe risco de afectar ó LIC San Simón (ES1140016), por alteración das aguas que van a esta zona.
- Tal desorde de infraestruturas pode entenderse que vulnera o artigo 3º da Lei 30/1992,de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedimento Administrativo Común, “Artigo 3.2. As Administracións Públicas, nas súas relacións, ríxense polo principio de cooperación e colaboración, e na súa actuación polos criterios de eficiencia e servizo ós cidadáns.”
|