logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Máis subvencións da Xunta á minería

Santiago, 07-06-2013

No DOG de hoxe (PDF) publícase a "Orde do 24 de maio de 2013 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión de subvencións a entidades sen ánimo de lucro, en réxime de concorrencia competitiva, para o fomento do sector mineiro galego, e se procede á súa convocatoria para o ano 2013 (código de procedemento IN315A)".

Mentres os recortes do gasto público afectan ás pensións, á sanidade, á educación, aos salarios e, dende logo, á conservación do patrimonio natural galego, a Consellería de Economía e Industria contempla subvencionar "o desenvolvemento de proxectos e actuacións encamiñadas ao fomento da minaría de Galicia" cun importe total de 300.000 € con cargo á aplicación orzamentaria 08.03.734A.781.2 «ACHEGAS PARA FAMILIAS e entidades sen ánimo de lucro».