logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

MINA DE OURO DE CORCOESTO: ACTUACIÓNS DE SGHN

 

Os papeis de Corcoesto. 1

Santiago, 21-04-2016

Onte saltou aos medios de comunicación que George Salamis, máximo directivo da mineira Edgewater Exploration que pretendía explotar a mina de ouro en Corcoesto, insinúa que a decisión da Xunta de Galicia de paralizar o proxecto non se tería producido se a empresa houbese aceptado as ofertas de "axuda" de "amigos do presidente" que "xeneralmente quere decir dólares nunha maleta". O texto está extraído dun correo electrónico do propio George Salamis que se inclúe na demanda contra a Xunta de Galicia presentada pola mineira na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (P.O. 7382/2014 S).

Sexa ou non auténtico o correo electrónico, e verídicas ou non as insinuacións de corrupción e tráfico de influencias que nel se fan, a demanda de Edgewater é un ataque frontal contra a decisión da Xunta de Galicia de paralizar o proxecto que, fose tomada por decisións "escuras" como agora se insinúa ou pola enorme presión social na súa contra, foi unha decisión moi acertada dende os puntos de vista sanitario, social, económico e ambiental. Parafraseando a un moi coñecido premio Nobel, podemos afirmar que neste caso "a Xunta escribiu recto en renglóns torcidos".

SGHN descoñece se houbo ou non "renglóns torcidos" na paralización do proxecto pola Xunta de Galicia, pero houbo sen dúbida algunha "renglóns torcidos" na tramitación ambiental do proxecto e na Declaración de Impacto Ambiental favorable aos intereses de explotar a mina de ouro de Corcoesto. Dende hai xa tempo obran en poder de SGHN documentos sobre os "renglóns torcidos ambientais" do proxecto mineiro de Corcoesto. Como o proxecto estaba paralizado, SGHN considerou oportuno gardalos por se fixesen falta, pois é frecuente que as ameazas ambientais como a de Corcoesto reaparezan cíclicamente. Reaparecida a ameaza da mina de Corcoesto coa demanda de Edgewater Exploration, nos próximos días SGHN entregará copia dos documentos á Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, por se considera oportuno incluilos na tramitación da demanda, e posteriormente enviaraos aos medios de comunicación.

Os papeis de Corcoesto. 2

Santiago, 26-04-2016

Como adiantou o pasado xoves, SGHN ven de remitir ao Presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia os "papeis de Corcoesto" que revelan os "renglóns torcidos" cos que a Xunta de Galicia escribiu a tramitación ambiental do proxecto de mina de ouro de Corcoesto.

Con 21 meses de retraso sobre o prazo legal que tiña para facelo, e despois de que o Valedor do Pobo (Valedor 1) dese amparo á petición feita por SGHN o 17-04-2013 (PDF) e llereclamase resposta en dúas ocasións (Valedor 2, Valedor 3), finalmente o 09-02-2015 a D.X. de Conservación da Natureza facilitou a SGHN a información que solicitara: “copia de todos os informes elaborados pola Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Santiago de Compostela) e o Servizo de Conservación da Natureza (A Coruña) a petición da Secretaría Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental en relación co proxecto de mina de ouro de Corcoesto.”

  • Documento titulado “Remisión información dos valores naturais” asinado o 18-07-2012 polo enxeñeiro de montes José J. Martel Muñoz-Cobos e o Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Delegación Territorial da Coruña, Carlos G. Muñoz Martínez (PDF).
  • Documento titulado “Solicitude de información complementaria” que o Xefe do Servizo de Análise de Proxectos, Plans e Programas da CMATI envía con data 23-08-2012 ao Servizo de Conservación da Natureza da Coruña para que “precise as afeccións, tanto directas como indirectas, que os diferentes procesos que se leven a cabo na explotación poidan producir sobre os valores naturais” (PDF).
  • Documento titulado “Remisión de informe” con data de 24-09-2012 e asinado exclusivamente polo Xefe do Servizo de Conservación da Natureza da Delegación Territorial da Coruña, Carlos G. Muñoz Martínez (PDF), [involucrado con posterioridade nunha investigación da Fiscalía de Medio Ambiente e o SEPRONA por emisión masiva de licencias de caza falsas (unha das cales estaría ao seu propio nome) polo Servizo de Conservación que dirixía].
  • Documento da DXCN con data 24-10-2012 titulado “Informe emitido por esta Dirección Xeral relativo ao proxecto Concesión de explotación Emilita Nº 1221, Ciudad de Landró Nº 1454, e Ciudad de Masma Nº 1445 que forman o Grupo Mineiro Corcoesto" (PDF).

A análise desa información revela que o suposto informe complementario non engade nada, senon que nel "desaparecen" afeccións ambientais salientadas no primeiro informe e se “minimizan” outras:

  • Pásase de afirmar que “o proxecto afecta ao LIC Río Anllons, ES 110065, xa que todalas augas verten neste río” a dicir que “o proxecto desenvólvese fóra do ámbito do espazo natural protexido”.
  • A afirmación de que as actividades mineiras proxectadas “constituien riscos evidentes de producir danos de moi dificil reparación no LIC Río Anllons (ES 110065) e o LIC Costa da Morte (ES1110005) e nos valores ambientais da comarca”, que aparecía resaltada con cursiva e subliñado no primeiro informe, suavízase en que “sempre existen riscos de accidentes que poden ter notables repercusións no medio natural”.
  • O feito de que no treito duns 2700 m do Rego Lourido que se pretendía desviar “existen especies do habitat de interese comunitario 91E0*” (realmente un hábitat de conservación prioritaria na UE) minimízase dicindo que “non son formacións moi representativas” e que ten “vexetación de ribeira escasa e pouco representativa”.
  • Curiosamente, o informe complementario despois de afirmar que o Rego Lourido non ten fauna piscícola mantén no condicionado a medida complementaria de “construcción de frezaderos adecuados para as especies inventariadas nos ríos da zona” establecida no primeiro informe que indicaba que “o desvío do Rego Lourido deberíase facer fora das épocas de freza e cría das especies piscícolas”
  • O informe complementario admite que haberá unha destrucción dun hábitat de conservación prioritaria na UE (91E0*) pero confórmase con indicar que “o plan de restauración deberá contemplar medidas compensatorias”, nunha flagrante violación do Artigo 6 da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, e do Artigo 45.6 da Lei 42/2007, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade, que só admiten a destrucción de hábitats de conservación prioritaria por “consideracións relacionadas coa saúde humana e a seguridade pública ... ou ben, previa consulta á Comisión, outras razóns imperiosas de interese público de primeiro orden” que non é o caso do proxecto mineiro de Corcoesto.
  • No informe complementario desaparece:
    • A obxección do primeiro informe de que “na balsa de lodos de lixiviación, non se estima a vida útil do encapsulamento planificado, nin se prevé un plan de seguimento e vixilancia da misma”.
    • A recomendación do primeiro informe de que “dadas as características deste proxecto deberíase realizar tanto o estudo (refírese á análise de riscos medioambientais) como a constitución da garantía (fronte a posibles danos) ... e suscribir unha póliza de seguro ambiental adecuada”.

Máis aló das observacións e condicións "desaparecidas" xa entre o primeiro informe e os dous seguintes, cumpre suliñar que en contra das demandas unánimes e reiteradas dos técnicos e os máximos dirixentes da D.X. de Conservación da Natureza, a Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental non inclúe dúas condicións ambientalmente decisivas na Declaración de Impacto Ambiental positiva para a mina de ouro de Corcoesto, tramitada nun prazo récord sen precedentes:

  • A obriga de “instalar medidores automáticos dos parámetros fundamentais da calidade das augas (ph, osíxeno disolto, turbidez, ...) en todos os puntos de vertido de augas, con toma continua de datos e publicación a tempo real mediante páxina web” co fin de que as augas cumplan en todo momento a calidade esixible as augas continentais,
  • A necesidade de “que o estudo de impacto ambiental debería completarse cunha análise específica dos riscos de contaminación accidental, con base nas experiencias acumuladas noutras explotacións semellantes nas que o medio acuático resultou gravemente contaminado por cianuro. Esta análise, de ser o caso, debería ser completada cos plans de continxencias necesarios para protexer o curso principal do Río Antlóns e mesmo a Ría de Corme e Laxe”.

Á vista do ata agora indicado de existir “una actuación absolutamente arbitraria, injustificada y, que desde luego, rompe el principio de no discriminación e igualdad de todos ante la Ley” como afirma Edgewater-Mineira de Corcoesto no Recurso Contencioso-Administrativo que ven de plantexar diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) non sería unha discriminación contra dita empresa senón ao contrario un claro trato de favor.

Por iso, SGHN ven de solicitar ao Presidente da Sala do Contencioso-Administrativo do TSXG (PDF) que teña a ben admitir a devandita documentación ambiental e que o TSXG DESESTIME totalmente as demandas plantexadas no Recurso Contencioso Administrativo presentado o 11-03-2016 por Mineira de Corcoesto, S.L.U. contra ”a resolución ditada o 11 de marzo de 2014 polo Director Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía e Industria pola que se acorda denegar a aprobación do proxecto de explotación de ouro na mina de Corcoesto” e, polo tanto, que o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia:

  • NON anule a resolución recurrida por non ser conforme a dereito.
  • NON declare aprobado por silencio administrativo positivo o proxecto mineiro de Corcoesto.
  • NON condene á Xunta de Galicia a aprobar o proxecto mineiro de Corcoesto.
  • NON declare conculcada a doctrina de actos propios e da confianza lexítima e NON condene á Xunta de Galicia a indemnizar a Mineira de Corcoesto, S.L.U. por danos e perxuizos.
  • Condene a Mineira de Corcoesto, S.L.U. ao pago das costas procesais.

 

O documental "Tesouro de Corcoesto" en internet

Corcoesto, 11-01-2016

A directora Cora Peña e todo o equipo que o rodou ven de anunciar que, tras 8 meses de difusión por salas e participación en festivais, veñen de abrir a porta para que o vexa todo o mundo desde a comodidade da casa, nunha copia en boa calidade: TESOURO DE CORCOESTO está colgado en internet, en versión galega e castelá, con acceso libre e gratuito na seguinte ligazón: http://www.corcoesto.com

 

Edgewater-Mineira de Corcoesto xa non teñen dereitos en Corcoesto!!!

A Consellería de Industria declarou a caducidade dos dereitos mineiros de Corcoesto

Santiago, 05-10-2015

En resposta á pregunta nº 30357 formulada polo Grupo Parlamentario de Alternativa Galega de Esquerda sobre "a información da Conselleria de Economia e Industria respecto do eventual proceso administrativo derivado da denegaciñon da autorización do proxecto mineiro en Corcoesto" (BOPG nº 380, do 26-11-2014), a Conselleria de Economia e Industria ven de respostar que, cumpridos os trámites legais e analizadas as alegacións presentadas pola empresa, "con data 7 de agosto de 2015 ditase a Resolución pola que se declara a caducidade das concesións de explotación 'Emilita' n° 1221, 'Ciudad de Landro' n° 1454 e 'Ciudad de Masma' n° 1455, da titularidade de Mineira de Corcoesto SLU." (PDF).

Un final feliz, alomenos de momento, para unha longa e intensa loita dos movementos veciñais e de defensa ambiental galegos.

 

Denegada definitivamente a solicitude de Edgewater - Mineira de Corcoesto!!!

Santiago de Compostela, 14-03-2014

SGHN ven de ter coñecemento de que hai tres días, por Delegación do Conselleiro de Economía e Industria, o Director Xeral de Enerxía e Minas ditou resolución de denegación definitiva do proxecto de mina de ouro a ceo aberto de Corcoesto con data11-03-2014. Ponse así, alomenos por esta vez, punto e final a un proxecto no que todos os criterios sanitarios, ecolóxicos, económicos e técnicos coinciden en que era malo e que afectaba aos concellos de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

Como xa salientou SGHN o pasado 15-10-2013 (máis...), seguramente nunca o recoñezan de xeito expreso, pero esta acertada decisión non é allea á enorme presión cidadá en contra desta mina perxudicial para a saúde das persoas e dos ecosistemas, que deu lugar á maior mobilización cidadá en Galicia por cuestións ambientais dende o Prestige e que recolleu xa máis de 244.000 sinaturas en contra da megaminería contaminante.

Sen dúbida algunha, o enorme éxito de conseguir o rexeitamento do proxecto mineiro de Corcoesto, cando xa contaba mesmo cunha declaración de impacto ambiental positiva, é o froito dun inmenso esforzo colectivo no que SGHN síntese especialmente satisfeita e orgullosa de ter traballado arreo e codo con codo con todolos cidadáns e asociacións que compartían a opinión, agora recoñecida pola propia Xunta de Galicia, de que o proxecto era definitivamente malo.

 

"...dado o rexeitamento global do proxecto [pola Xunta],
este ten como consecuencia que decaían todos os actos de trámite do mesmo, entre eles a avaliación ambiental"

Resposta do Valedor do Pobo ás queixas polo proxecto mineiro de Corcoesto

Santiago de Compostela, 01-11-2013

SGHN ven de recibir a resposta do Valedor do Pobo respecto ás 628 queixas que recibiu (incluida a de SGHN) relativas a diferentes aspectos do proxecto de explotación mineira de Corcoesto (PDF). Un dos paragrafos máis trascendentais é o que se inclúe na páxina 4:

"A través de manifestacións en sede parlamentaria coñecemos que a administración finalmente rexeitou o proxecto, polo que xa non resulta preciso formalizar as actuacións que se poderían deducir de todo o dito. O que coñecíamos nas queixas era un trámite global no que existían diferentes actos de trámite das dúas consellería que actuaban, o órgano substantivo (Consellería de Economía e Industria) e o ambiental (Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas); e dado o rexeitamento global do proxecto, este ten como consecuencia que decaían todos os actos de trámite do mesmo, entre eles a avaliación ambiental. Non resulta aplicable o previsto para a posible caducidade das declaracións, posta que a pervivencia durante un prazo prevese para os casos en que se deu a autorización ou aprobación do proxecto e este non comezara a executarse (art. 14 do Real Decreto Lexislativo 1/2008)."

Xa que logo, caso de concretarse finalmente nunha resolución oficial firme as "manifestacións en sede parlamentaria" do Presidente da Xunta de Galicia durante o debate do Estado da Autonomía, quedaría automáticamente anulada a Declaración de Impacto Ambiental positiva do proxecto, como ven reclamando insistentemente SGHN dende que se fixo pública hai 10 meses.

Sobre o arsénico

"Así pois, sendo acertada -e concordante cos estudos- a afirmación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas de que a orixe do arsénico é natural, no entanto debe tamén afirmarse que a actividade mineira e os procesos de explotación non resultan neutros a estes efectos, senón que aumentan os niveis dispoñibles... resultaba unha obriga derivada do principio de prevención que, antes dunha eventual aprobación -o que agora se descarta-, se determinaran con exactitude as posibles relacións de causa e efecto entre as concentracións de arsénico e a anterior explotación."

"Relacionado coa presenza de arsénico ... Aínda de non coñecerse a relación causa-efecto entre a actividade mineira e a contaminación, o feito indiciario da súa coincidencia debería obrigar a facer efectivo o principio de precaución para o caso de continuar a tramitación -cousa que, como vernos, non sucede-, de tal forma que se estude adecuadamente o sucedido e se asegure que se adoptan medidas adecuadas, cousa que non se aclaraba".

Sobre o cianuro

"...á hora de avaliar as moitas queixas recibidas o Valedor do Pobo tivo moi presente a resolución [do Parlamenteo Europeo sobre a prohibición do cianuro], dada a natureza parlamentaria desta institución. Sería conveniente que se examine e resolva sobre a proposta, a prohibición do cianuro."

Sobre a avaliación ambiental e a autorización ambiental integrada

Ao contrario do feito pola Xunta de Galicia, "A tramitación simultánea é a práctica mais adecuada".

Sobre a afectación a zona ambientalmente protexida

"A afectación, aínda que sexa indirecta ou posible, de zonas ambientalmente protexidas (neste caso L1C e ZEPA) debería ser obxecto de avaliación específica; debería constar de forma expresa que se acredita o plus de protección que require a circunstancia."

Sobre as consecuencias do proxecto nos sectores económicos da zona

"...debería terse valorado a incidencia nas persoas afectadas, non só nos aspectos sanitarios ou estritamente ambientais, senón en calquera dos ordes da súa vida, entre os que se atopan de forma destacada o social e o económico, que resultan inseparables dos demais, como se desprende do texto legal citado."

Sobre a protección do patrimonio cultural

"A través dunha queixa (0/2122/12) confirmouse que o estudo arqueolóxico achegado pola empresa era antigo... Os estudos posteriores non emendan o defecto que supón a carencia do estudo de impacto, que saíu a información pública sen incluír unha parte preceptiva de forma adecuada. Por esa razón formulamos unha recomendación para que se esixa que o previo estudo teña o contido legalmente establecido, de tal forma que cando saia a información pública se atope completo; e que, para tratar os efectos do estudo incompleto coñecido na queixa, se avalíen as consecuencias xurídicas do tratado."

NOVO PARÓN DA XUNTA Á MINA DE CORCOESTO. DEFINITIVO?

Nuevo parón de la Xunta de Galicia a la mina de Corcoesto. ¿Definitivo?

Valoración de SGHN

Santiago de Compostela, 15 de outubro de 2013

Segundo novas de prensa de esta mesma mañán a Xunta de Galicia paraliza a mina de Corcoesto por insolvencia financieira e técnica (El País, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia). Esta decisión da Xunta de Galicia é un segundo paso atrás no seu apoio ao proxecto mineiro. Á espera de coñecer a resolución oficial da Xunta, a información filtrada á prensa suxire que, sen ser definitiva pois é recurrible pola empresa, trataríase dunha paralización con maiores consecuencias que a que xa sufriu o proxecto o pasado 10 de xullo (máis...) e incide de novo "na falta de solvencia financieira e técnica do proxecto".

Seguramente nunca o recoñezan de xeito expreso, pero esta acertada decisión non é allea á enorme presión cidadá en contra desta mina perxudicial para a saúde das persoas e dos ecosistemas, que deu lugar á maior mobilización cidadá en Galicia por cuestións ambientais dende o Prestige e que recolleu xa máis de 241.000 sinaturas en contra da megaminería contaminante.

Os criterios sanitarios, ecolóxicos, económicos e técnicos coinciden en que o proxecto de Corcoesto é malo. A qué agarda, pois, a Xunta de Galicia para anular a súa Declaración de Impacto Ambiental positiva e desbotar totalmente o proxecto?

Valoración de SGHN

Santiago de Compostela, 15 de octubre de 2013

Según noticias de prensa de esta misma mañan la Xunta de Galicia paraliza la mina de Corcoesto por insolvencia financiera y técnica (El País, El Correo Gallego, Faro de Vigo, La Voz de Galicia). Esta decisión de la Xunta de Galicia es un segundo paso atrás en su apoyo al proyecto minero. A la espera de conocer la resolución oficial de la Xunta, la información filtrada a la prensa sugiere que, sin ser definitiva pues es recurrible por la empresa, se trataría de una paralización con mayores consecuencias que la que ya sufrió el proyecto el pasado 10 de julio (más...) e incide de nuevo "en la falta de solvencia financiera y técnica del proyecto".

Seguramente nunca lo reconocerán de manera expresa, pero esta acertada decisión no es ajena a la enorme presión ciudadana en contra de esta mina perjudicial para la salud de las personas y de los ecosistemas, que dio lugar a la mayor mobilización ciudadana en Galicia por cuestiones ambientales desde el Prestige y que recogió ya más de 241.000 firmas en contra de la megaminería contaminante.

Los criterios sanitarios, ecológicos, económicos y técnicos coinciden en que el proyecto de Corcoesto es malo. ¿A qué aguarda, pues, la Xunta de Galicia para anular su Declaración de Impacto Ambiental positiva y descartar totalmente el proyecto?

De momento, A MINA DE CORCOESTO NON SERÁ AUTORIZADA

Versión en castellano

Valoración de SGHN

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2013

Segundo a nova de prensa emitida onte, a Consellería de Economía e Industria “non autoriza o proxecto mineiro” de Corcoesto porque “non cumpre cos requirimentos técnicos e económicos esixidos, para asegurar a viabilidade e a solvencia do proxecto”. Semellaría inicialmente que a Consellería só se refire a problemas financieiros e técnico-mineiros, pero lendo máis polo míudo a nova de prensa indica que “De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos ambientais, técnicos e económicos, o proxecto sería rexeitado definitivamente e non se continuaría coa tramitación deste”.

Cabe pois entender que esta decisión da Xunta de Galicia é un primeiro paso atrás no seu apoio ao proxecto mineiro. Esta acertada decisión semella froito, en boa parte, da enorme presión cidadá en contra desta mina perxudicial para a saúde das persoas e dos ecosistemas, que deu lugar á maior mobilización cidadá en Galicia por cuestións ambientais dende o Prestige: máis de 233.000 sinaturas en contra da megaminería contaminante en Galicia, máis de 32.000 para que Barclays Bank e Credit Suisse non financien a mina de Corcoesto e unha multitudinaria manifestación cun único lema: “Galicia non é unha mina. Defende a terra, defende a vida”.

Sabíamos que o proxecto de Corcoesto é malo dende os puntos de vista da saúde humana e a protección dos ecosistemas. A Xunta recoñéceo agora implícitamente entre liñas e ademais asegura que o proxecto é tamén deficiente en base a criterios técnicos e económico-financieiros. A qué agarda, pois, a Xunta de Galicia para anular a súa Declaración de Impacto Ambiental positiva e desbotar totalmente o proxecto?

Nova de prensa da Consellería

Santiago de Compostela, 09 de xullo de 2013

Segundo unha nova de prensa remitida polo seu Gabinete de Prensa (PDF), a Consellería de Economía e Industria vén de manter hoxe un encontro con representantes da empresa mineira de Corcoesto no que se lles trasladou que a administración non autoriza o proxecto mineiro de non cumprir as máximas garantías de viabilidade técnica e económica. Comunicouse á compañía que, trala análise levada a cabo polos técnicos da Consellería, considérase que o proxecto mineiro non cumpre cos requirimentos técnicos e económicos esixidos, polo que a empresa deberá acreditar as garantías necesarias para asegurar a viabilidade e a solvencia do proxecto.

En concreto, a Consellería de Economía e Industria solicitou á empresa que acredite unha solvencia mínima do 25% de fondos propios sobre o investimento do proxecto e un compromiso en firme do resto do financiamento, así como a documentación que acredite a capacidade técnica da empresa para desenvolvelo. De non cumprimentarse axeitadamente os requisitos ambientais, técnicos e económicos, o proxecto sería rexeitado definitivamente e non se continuaría coa tramitación deste.

 

Novo informe científico sobre o Arsénico e a mina de Corcoesto

Santiago de Compostela, 04 de xullo de 2013

Nunha rolda de prensa celebrada ás 12 h na LIBRARIA COUCEIRO de Santiago de Compostela presentouse o informe científico "Potencial movilización de arsénico en los materiales geológicos y residuos mineros de Corcoesto: Una revisión crítica" realizado polos Doctores David A. Rubinos, Rosa Devesa-Rey, Francisco Díaz-Fierros e María Teresa Barral da Universidade de Santiago de Compostela. A presentación correu a cargo de Nela Abella e Bráulio Amaro (Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños) e Serafín González Prieto (investigador do CSIC e presidente da SGHN).

Neste informe independente, elaborado de xeito altruista en resposta á petición da Plataforma pola defensa de Corcoesto e Bergantiños, críticanse con sólidos argumentos científicos tanto a metodoloxía empregada como os resultados obtidos no Estudio de Impacto Ambiental (EIA) presentado pola empresa  sobre o impacto da mina na mobilización e aporte de arsénico. O informe é claro e rotundo: tanto o EIA como a Declaración de Impacto Ambiental favorable da Consellería de Medio Ambiente da Xunta de Galicia amosan serios erros e eivas que os invalidan de xeito incuestionable.

O informe íntegro pode descargarse en PDF premendo AQUÍ.

 

Mineira de Corcoesto e Xunta de Galicia:
Outra vez non quiseron debater

Mineira de Corcoesto y Xunta de Galicia:
Otra vez no quisieron debatir

Santiago de Compostela, 28-05-2013

Esta noite, no que supostamente ía ser un debate e se converteu nunha "entrevista" no programa "Foro aberto" da TVG, repetiuse a paradóxica situación xa acontecida o pasado domingo no programa "El Coruñés opina" de Radio Coruña (Cadena SER) ao que asistiron todos os convidados ao debate, agás os representantes da empresa mineira, os da Dirección Xeral de Minas da Xunta e o alcalde de Cabana de Bergantiños onde se situaría a mina.

Se están tan convencidos da que a mina de ouro vai ser tan beneficiosa para todos e inofensiva para a saúde humana e a dos ecosistemas, POR QUE NON QUEREN DEBATER?

Santiago de Compostela, 28-05-2013

Esta noche, en lo que supuestamente iba a ser un debate y se convirtió en una "entrevista" en el programa "Foro abierto" de la TVG, se repitió la paradójica situación ya acaecida el pasado domingo en el programa "El Coruñés opina" de Radio Coruña (Cadena SER) al que asistieron todos los invitados al debate, excepto los representantes de la empresa minera, los de la Dirección General de Minas de la Xunta de Galicia y el alcalde de Cabana de Bergantiños, donde se situaría la mina.

Si están tan convencidos de que la mina de oro va a ser tan beneficiosa para todos e inofensiva para la salud humana y la de los ecosistemas, ¿POR QUÉ NO QUIEREN DEBATIR?

CORUÑES OPINA 1.mp3 Debate entre os convidados / Debate entre los invitados.
CORUÑES OPINA 2.mp3 Respostas dos convidados aos comentarios e preguntas dos ointes /Respuestas de los invitados a los comentarios y preguntas de los oyentes.
Foro Aberto

 

Salvemos Galicia da mega-minería:
Video en apoio da campaña en Change.org

Salvemos Galicia de la mega-minería:
Video en apoyo de la campaña en Change.org

Santiago de Compostela, 21-05-2013

Coa inestimable participación de Sabela Arán, Fernando González "Gonzo", Carlos Blanco, Serafín González, Víctor Mosquera, Suso de Toro, Ramón Varela, Fernando Vázquez, Javier Veiga e Luis Zahera, ven de facerse público o video "Salvemos Galicia da megaminería", no que Cristina Sanz se encargou da realización e que está dispoñible en http://www.youtube.com/watch?v=pQvms6lmYec

APOIA A CAMPAÑA ASINANDO A PETICIÓN EN:

Santiago de Compostela, 21-05-2013

Con la inestimable participación de Sabela Arán, Fernando González "Gonzo", Carlos Blanco, Serafín González, Víctor Mosquera, Suso de Toro, Ramón Varela, Fernando Vázquez, Javier Veiga y Luis Zahera, acaba de hacerse público el video "Salvemos Galicia de la megaminería", en el que Cristina Sanz se encargó de la realización y que está dispoñible en http://www.youtube.com/watch?v=pQvms6lmYec

APOYA LA CAMPAÑA FIRMANDO LA PETICIÓN EN:

http://www.change.org/petitions/que-non-arrasen-galicia-paremo-la-megaminería-contaminante

Preme no botón "Subtítulos" para a traducción ao galego
Press in the Subtitles button for reading English translation

Reaccións ao video en Change.org: moitos parabéns

Santiago de Compostela, 24-05-2013

Dende que o pasado martes comezou a difundirse o video contra a megaminería contaminante en Galicia, o número de asinantes na petición lanzada en Change.org aumenta en máis de 900 cada hora e xa pasou das 34.000 sinaturas ás 102.000 no momento de escribir estas liñas, ao tempo que xa se superaron as 254.000 descargas do video.

A cantidade de correos electrónicos, SMS e chamadas telefónicas dándonos ánimos, ofrecendo axuda e consello e felicitándonos pola campaña e o video tennos literalmente desbordados dende entón. Leemos con atención e tomamos boa nota dos consellos que estamos a recibir (incluida a petición dunha versión en galego e doutra en inglés) pero, moi ao noso pesar, non somos capaces de respostar individualmente a todas as persoas que nos escriben con tanto agarimo. Por iso temos que recurrir a esta páxina e DARVOS MOI SINCEIRAMENTE AS GRACIAS A TODOS OS QUE NOS ESTADES A APOIAR.

Reacciones al video en Change.org: muchas felicitaciones

Santiago de Compostela, 24-05-2013

Desde que el pasado martes comenzó a difundirse el video contra la megaminería contaminante en Galicia, el número de firmantes en la petición lanzada en Change.org aumenta en más de 900 cada hora y ya pasó de las 34.000 firmas a las 102.000 en el momento de escribir estas líneas, al tiempo que ya se superaron las 254.000 descargas del video.

La cantidad de correos electrónicos, SMS y llamadas telefónicas dándonos ánimos, ofreciendo ayuda y consejo y felicitándonos por la campaña y el video nos tiene literalmente desbordados desde entonces. Leemos con atención y tomamos buena nota de los consejos que recibimos (incluida la petición de una versión en gallego y de otra en inglés) pero, muy a nuestro pesar, no somos capaces de responder individualmente a todas las personas que nos escriben con tanto cariño. Por eso tenemos que recurrir a esta página y DAROS MUY SINCERAMENTE LAS GRACIAS A TODOS LOS QUE NOS ESTÁIS APOYANDO.

 

A información pública outro permiso de investigación de ouro para Mineira de Corcoesto

Santiago de Compostela, 08-05-2013

No DOG de hoxe publicase o Anuncio do 1 de abril de 2013, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública, por un periodo de 30 días hábiles, a admisión definitiva do permiso de investigación Julia 2 número 7155, para a investigación de ouro, afíns e outros recursos da sección C) en 21 cuadrículas mineiras, unhas 600 ha, en Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso (PDF). A solicitude presentouna orixinalmente a sociedade Rio Narcea Gold Mines, S.L. (actualmente Mineira de Corcoesto, S.L.) para 45 cuadrículas mineiras, nos termos municipais de Carballo, Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso (PDF) pero con data do 2 de maio de 2012 renunciou a 24 das cuadrículas mineiras e comunicou o cambio de denominación social a Mineira de Corcoesto, S.L. Prema AQUI para descargar as alegacións de SGHN.

Arriba

 

Un novo artigo científico corrobora a contaminación por arsénico no Anllóns
debida á antiga mina de ouro de Corcoesto

Santiago de Compostela, 03-05-2013

No recente artigo científico de Devesa-Rey e colaboradores (2011) estes investigadores do Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago afirman que (tradución literal do texto en cursiva, o único cambio feito por SGHN é o emprego de negriña para salientar algunhas frases):

  • "Nos arredores dos sitios de mostraxe 10 e 11, existen vastos filóns de cuarzo-arsenopirita que conteñen ouro e que foron explotados no pasado. A deposición de materiais metalíferos augas abaixo desta área podería ser a causa das elevadas concentracións de arsénico observadas neses sitios". (páx. 375) (Nota: os sitios de mostraxe 10 e 11 sitúanse augas abaixo de Corcoesto).
  • "Malia que a ocurrencia de arsénico na bacía do Anllóns está a asociada aos filóns de arsenopiritas, a súa acumulación nos sedimentos fluviais pode considerarse unha consecuencia directa das actividades mineiras e, polo tanto, asignada a orixe antropoxénica. A súa toxicidade para as poboacións bentónicas e o elevado contido de arsénico mobilizable de acordo co test de oxalato permiten considerar a este elemento como de elevada preocupación ambiental." (páx. 385).
  • "O elevado enriquecemento en arsénico, elevada extractabilidade con oxalato e toxicidade potencial para os organismos bentónicos salienta a necesidade dun cuidadoso seguemento ambiental dos sitios afectados". (páx. 385)

Foto: Entrada dunha das antigas bocaminas de Corcoesto. Imaxe cedida por "Salvemos Cabana".

Foto: Entrada dunha das antigas bocaminas de Corcoesto. Imaxe cedida por "Salvemos Cabana".

Esta publicación ven a engadirse á de Costas e colaboradores (2011), sobre os riscos sanitarios e ambientais dos elevados niveis de arsénico na bacía do río Anllóns, e á de Macías Vázquez e Calvo de Anta (2009) sobre os niveis xenéricos de referencia do arsénico para garantir a protección da saúde humana e dos ecosistemas

Tendo en conta a devandita información científico-técnica, a máis recente e detallada dispoñible, publicada por prestixiosos grupos de investigación do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC), a Universidade de Vigo e a Universidade de Santiago de Compostela, e mesmo financiada e/ou encargada pola Xunta de Galicia nalgúns casos, SGHN ven de solicitar ao Presidente da Xunta de Galicia (PDF):

  • Que en aplicación do principio de cautela se anule a Declaración de Impacto Ambiental positiva para o proxecto Concesións de explotación “Emilita” nº 1221, “Ciudad de Landró” nº 1454 e “Ciudad del Masma” nº 1445, que forman o coñecido como “Grupo mineiro de Corcoesto” (Cabana, Coristanco e Ponteceso; A Coruña).
  • Que a Consellería de Sanidade e a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas avalíen, respectivamente, o risco natural que para a saúde humana e para os ecosistemas terrestres, fluviais e mariños supoñen as elevadas concentracións naturais de arsénico na zona en que Edgewater Exploration pretende poñer en explotación a mina de ouro de Corcoesto.
  • Que a Xunta de Galicia no autoricen ningunha explotación mineira, nin movementos masivos de terras, na zona de Corcoesto en tanto non se dispoña da devandita avaliación de risco natural.
Ademais, SGHN remitiu á Defensora del Pueblo (PDF) unha copia íntegra do artigo científico solicitándolle que tamén o teña en conta na investigación de oficio que ten aberta pola mina de ouro de Corcoesto.

BIBLIOGRAFÍA CITADA

  • Macías Vázquez, F., Calvo de Anta, R. (2009). Niveles genéricos de referencia de metales pesados y otros elementos traza en suelos de Galicia. Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia).
  • Devesa-Rey, R., Díaz-Fierros, F., Barral, M.T. (2011). Assessment of enrichment factors and grain size influence on the metal distribution in riverbed sediments (Anllóns River, NW Spain). Environmental Monitoring and Assessment 179, 371–388.
  • Costas, M., Prego, R., Filgueiras, A.V., Bendicho, C. (2011). Land–ocean contributions of arsenic through a river–estuary–ria system (SW Europe) under the influence of arsenopyrite deposits in the fluvial basin. Science of the Total Environment 412-413, 304-314.

Foto: Val de Corcoesto. Imaxe cedida por "Salvemos Cabana".

Mención á SGHN nunha pregunta á Comisión Europea sobre a mina de Corcoesto feita polo Europarlamentario Francisco Sosa Wagner

Arriba

 

Investigación de oficio da Defensora del Pueblo sobre Corcoesto

Santiago de Compostela, 15-04-2013

SGHN tivo acceso á resposta do Subdirector Xeral de Avaliación Ambiental sobre a investigación de oficio que abriu a Oficina da Defensora del Pueblo polos alarmantes niveis de arsénico na zona de Corcoesto onde Edgewater Exploration pretende explotar unha mina de ouro a ceo aberto. Na resposta do Subdirector Xeral transcríbese e tradúcese parcialmente o artigo científico de Costas e colaboradores (2011) que SGHN divulgou aos medios de comunicación o 17-12-2012.

SGHN considera que dita transcrición e tradución parcial son manifestamente insuficientes para comprender o artigo científico e os resultados dos investigadores que o realizaron. Por iso, ven de enviarlle á Defensora del Pueblo unha copia íntegra do artigo, solicitándolle unha atenta lectura de diversos parágrafos subliñados. Así mesmo, SGHN discrepa da tradución/interpretación que dalgúns parágrafos faise na resposta do Subdirector Xeral; como exemplo suxírelle á Defensora del Pueblo unha comparación directa entre:

  • A afirmación do Subdirector Xeral (párrafo 3º, penúltima páxina da súa resposta) de que o artigo non "vincula o contido en arsénico na bacía do río Anllóns coa antiga mina de ouro".
  • O primeiro parágrafo da páxina 312 do artigo de Costas e col. (2011) na que, en relación cos altos niveis de arsénico nos sedimentos do esteiro do Anllóns afírmase textualmente que "It should be a consequence of quick flow peak of Anllóns that may transport larger size particles of sediment from the mining zone".
Ao mesmo tempo, SGHN envioulle á Defensora del Pueblo unha copia das páxinas da monografía "Niveis xenéricos de referencia de metais pesados e outros elementos traza en solos de Galicia" correspondentes ao arsénico e os niveis a partir dos cales existe risco natural, co rogo de que as teña en consideración na investigación de oficio.

Arriba

 

Proxecto de mina de ouro en Corcoesto: Ameaza para a saúde humana e a dos ecosistemas

Santiago de Compostela, 08-04-2013

Na monografía “Niveles genéricos de referencia de metales pesados y otros elementos traza en suelos de Galicia” (Macías Vázquez, F., Calvo de Anta, R., 2009) realizada no Departamento de Edafoloxía e Química Agrícola da Universidade de Santiago por encargo da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible (Xunta de Galicia) indícase en relación ao arsénico:

  • "Os maiores riscos de contaminación de solos por As atópanse en zonas onde se realizaron actividades mineiras e siderúrxicas, procesos de combustión, xestión de residuos ou utilización de pesticidas para a conservación de madeira ou a eliminación de pragas recalcitrantes" (p. 58).
  • "Tendo en conta todos estes resultados, o NGR(As) para protección da saúde humana non debería exceder de 1,5 mg/kg. Considerando que o nivel edafoxeoquímico de fondo dos solos de Galicia é 45 mg/kg (e maior de 60 mg/kg en esquistos e pizarras de áreas mineralizadas), optouse por establecer un NGR(As)outros usos de 50 mg/kg, para todos os materiais, só superable en zonas de demostrada presenza de arsenopirita (que deberían ser consideradas para estudos de risco natural). En calquera caso, a elevada perigosidade do As debe terse en conta e a contaminación por este elemento fortemente controlada e, no posible, minimizada" (p. 60).

Como se indica textualmente na Declaración de Impacto Ambiental da mina Corcoesto (Anexo III, p. 43):

  • “Sobre o elevado contido en Arsénico (As) nos residuos xerados na mina; o promotor aporta analíticas dos valores naturais dos solos en As que oscilan entre 26 e 4090 ppm, cunha media de 494 ppm que son mais elevados que os niveles xenéricos de referencia para os solos industriais de Galicia”.
  • A Secretaría Xeral de Avaliación e Calidade Ambiental:
    • Aprobou un “contido en arsénico do vertido calculado (0,077 mg/l)”, case 8 veces superior ao límite establecido para augas potables pola Organización Mundial da Saúde polo que cada litro de auga vertida pola mina terá que diluirse con 9 litros de auga para que sexa potable e con 31 litros de auga para non degradar a calidade actual das augas do río Anllóns.
    • Aprobou que, para extraer o ouro, as rochas que conteñen o ouro (e o arsénico) se moan ata un tamaño de partícula de menos de 100 micras (DIA, p. 25), incrementando así alomenos en 10.000 veces a solubilidade do arsénico antes atrapado no interior de rochas compactas.
    • Deulle a razón á empresa mineira (PDF) e rexeitou a demanda dos técnicos ambientais da propia Consellería (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) de que a aprobación da mina estivese condicionada“a esixencia de publicar en tempo real e en páxina web os parámetros de calidade de augas en todos os puntos de vertido”.

En todos os parágrafos anteriores os textos entrecomillados son citas literais, como se pode comprobar premendo nos vínculos aos correspondentes PDF. Os únicos cambios feitos por SGHN son de formato de texto: emprego de cursiva para salientar visualmente que se trata dunha cita textual e emprego de negriña para destacar os aspectos que SGHN valora como máis relevantes e nos cales se basean as consideracións, opinións e solicitudes ás Consellerías de Sanidade e de Medio Ambiente que SGHN fai nos seguintes parágrafos:

En consecuencia, cunha concentración natural media de 494 mg/kg de arsénico, os solos da zona de Corcoesto con presenza de arsenopiritas sobrepasan en 10 veces os niveis xenéricos de referencia establecidos pola Xunta de Galicia para a protección da saúde humana e dos ecosistemas, polo que a xuizo de SGHN entran de cheo na categoría para a que se recomenda “que deberían ser consideradas para estudios de riesgo natural”.

Tendo en conta toda esta información, SGHN ven de solicitar á Consellería de Sanidade e á Consellería de Medio Ambiente:

  • Que avalíen, respectivamente, o risco natural que para a saúde humana e para os ecosistemas terrestres, fluviais e mariños supoñen as elevadas concentracións naturais de arsénico na zona en que Edgewater Exploration pretende poñer en explotación a mina de ouro de Corcoesto.
  • Que non autoricen ningunha explotación mineira, nin movementos masivos de terras, na zona de Corcoesto en tanto non se dispoña da devandita avaliación de risco natural.

Ignorancia ou prevaricación?

Segundo o Dicionario da Real Academia Galega da Língua (http://www.realacademiagalega.org):

  • Ignorancia. s.f. Estado de ignorante. Ignorante. adx. 1. Que ignora ou descoñece determinada cousa ou materia.
  • Prevaricación. s.f. Der. Resolución inxusta emitida por un funcionario público.

Resultaría inadmisible que o Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental ignorase a devandita monografía sobre Niveis Xenéricos de Referencia pois se trata dun estudio moi importante, sobre un tema específico clave para as súas competencias legais, e ademais encargado e publicado pola Consellería na que é un dos tres máximos responsable. Este feito, ademais, viríase a engadir á decisión do Secretario Xeral de desestimar as peticións formais dos técnicos da súa propia Consellería (Dirección Xeral de Conservación da Natureza) para que se garantise a transparencia informativa dos controis de calidade das augas vertidas pola mina. Polo tanto, no suposto de ignorancia SGHN considera que o Secretarío Xeral debera ser inmediatamente cesado polo Conselleiro de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas.

Pero se o Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental coñecía a monografía e as recomendacións respecto ao arsénico, SGHN considera que a Declaración de Impacto Ambiental que asinou para a mina de ouro de Corcoesto, podería ser unha "resolución inxusta emitida por un funcionario público" e que o Ministerio Fiscal debera abrir inmediatamente de oficio unha investigación para dilucidar se constitúe un caso de prevaricación.

http://www.change.org/petitions/que-non-arrasen-galicia-paremo-la-megaminería-contaminante

Arriba

 

Ouro, arsénico e mentiras

Santiago 21-02-2013

Unha recén nada asociación veciñal "CORCOESTO SÍ, MINA SI" ven de facer un comunicado de prensa "CORCOESTO SÍ, MINA SÍ desmiente que el río Anllóns esté contaminado, y que la futura mina sea un problema para los mariscadores" no que afirma textualmente que:

"La sociedad gallega de Historia Natural (SGNH) señaló que la presencia de arsénico en el estuario del río Anllóns es derivada en buena parte de la antigua explotación minera en Corcoesto en el año 1910. Según el CSIC, el arsénico en el estuario del río Anllóns tiene origen tanto marina como fluvial, y sin relación alguna con la antigua explotación británica.

En este artículo, el del CSIC, también hace referencia a que estos niveles son normales para los ríos que pasan por formaciones auríferas como esta. Es falso, como dice la SGNH, que el río aporte 850kg de arsénico al año a este estuario. Estos datos no hacen más que perjudicar el trabajo de los mariscadores y a la denominación de origen de los productos de nuestra costa."

A asociación veciñal continúa, pois, pola senda iniciada en decembro pola empresa Mineira de Corcoesto de pretender descalificar con falsedades as afirmacións de SGHN baseadas no artigo científico de Costas e colaboradores. Deseguido reprodúcese parcialmente a páxina 312 do devandito artigo. Os paragrafos salientados deixan ben claro quen minte cando o cita. Obviamente non é SGHN quen terxiversa a información científica.

Arriba

 

O risco de accidente que a empresa, con permiso da Xunta, non quiso avaliar

Que Corcoesto non sexa o segundo Aznalcollar

Santiago, 03-01-2013

En todo o mundo, no periodo 1970-2000 rebentaron grandes depósitos de residuos mineiros a un ritmo mínimo de 1,7 por ano (Penman et al., 2001), frecuencia que se mantivo sensiblemente constante no que vai de século XXI (http://www.wise-uranium.org/mdaf.html). Por ise motivo, SGHN solicitou reiteradamente á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (05-09-2011 e 17-12-2012) e á Consellería de Economía e Industria (31-05-2012) que o proxecto de Edgewater Exploration Ltd para explotar unha mina de ouro a ceo aberto en Corcoesto debería avaliar os efectos sanitarios, económicos e ecolóxicos dos peores accidentes posibles, incluida a rotura das balsas mineiras con liberación total do seu contido ao río Anllóns, e se esixira á empresa un seguro de responsabilidade civil polo importe máximo dos danos posibles. Esta petición de SGHN está avalada mesmo polos argumentos de expertos do Instituto Geológico y Minero de España (véxase Ayala-Carcedo, 2004):

  • “... parece claro que en estructuras e instalaciones que puedan liberar contaminantes, el mayor Impacto Ambiental es el que puede producir la rotura. En este sentido, la Evaluación de Impacto Ambiental necesita del Análisis de Riesgos.”
  • “La segunda gran lección que transmite Aznalcóllar, con daños elevadísimos y hoy por hoy asumidos en buena parte por los contribuyentes, es la de que toda instalación u obra que suponga un riesgo para las personas o el medio ambiente, depósito de residuos o presa hidráulica, debería cubrir estos posibles daños a través de la correspondiente póliza de seguro. El interés de esta medida... no solo radica en la más elemental racionalidad social o ecológica (“quien contamina paga”), sino en el hecho de que las propias aseguradoras, para fijar la póliza, deberían analizar el riesgo, con lo cual se incorporaría una salvaguardia más para los ciudadanos y el medio ambiente.”
  • “El diseño de todas estas estructuras, singularmente las que comportan mayor riesgo, las de Clases A y B, debe hacerse a peligro máximo posible, incluido el sísmico, y preverse en el propio proyecto las grandes reparaciones post-abandono para garantizar la seguridad tras el mismo.”

A rotura da balsa de Aznalcollar (ver video Informe Semanal 1998) provocou o verquido de 2 millóns de m3 de lodos e 4 millóns de m3 de augas ácedas, que xeraron unha onda de 3,94 m de altura cun caudal punta de 811 m3/s na estación de aforos sita 11 km augas abaixo (Ayala-Carcedo, 2004). A rotura da balsa de Corcoesto, cunha capacidade de 11 millóns de m3, podería liberar un volume de lodos e augas dúas veces maior que o verquido de Aznalcóllar, co agravante de que en Corcoesto:

  • A altura máxima do dique da balsa sería 3 veces maior (85 m fronte a 27).
  • A cota máxima respecto ao nivel do mar sería 171 m máis alta (238 m snm fronte a 67 m snm).
  • A distancia ao esteiro sería menos da terceira parte (15 km e 51 km)
  • O desnivel entre a cota máxima da balsa e o esteiro sería 12 veces maior (15,9 m/km fronte a 1,3 m/km).

Polo devandito, en Corcoesto habería un risco potencial dun verquido que duplicase en volume ao de Aznalcóllar e xerase unha onda de lodos e augas tóxicas considerablemente máis alta e máis rápida e, polo tanto, máis destructiva. Ademais entre a balsa de lodos de Corcoesto e as poboacións máis importantes augas abaixo (Anllóns Grande e Ponteceso) hai dúas pequenas presas hidroeléctricas (as de Corcoesto e Anllóns) e non está avaliado se resistirían ou non o embate da enorme onda de auga e lodo. Se as presas estoupasen, incrementaríase aínda máis o caudal e a altura da avenida.

A máxima enchente do Río Anllóns para o periodo de retorno de 200 anos é de 450 m3/s (http://pedc.dicoruna.es/files/Plan_estrategico_Cp16.pdf), apenas a metade do caudal xerado pola rotura da balsa de Aznalcóllar, que, á súa vez, verqueu a metade da capacidade máxima da balsa de Corcoesto. Polo tanto, se rebentase a balsa de Corcoesto estando chea podería provocar unha enchente entre dúas e catro veces maior que a máis grande das enchentes rexistradas na bacía do Anllóns nos últimos dous séculos. De estar chea cando rebentase, os 11,1 millóns de m3 (uns 17 millóns de toneladas) de lodos das balsas mineiras poderían cubrir cunha capa de lodos:

  • De 2,84 m de altura as 392 ha que ten o esteiro do Anllóns entre a última ponte en Ponteceso e a Illa Tiñosa (imaxe de arriba á dereita).
  • De 45 cm de altura as 2.447 ha que teñen en conxunto a ría de Corme-Laxe e o esteiro do Anllóns dende a última ponte en Ponteceso ata unha liña recta que una os faros de Punta Roncudo e Laxe (imaxe de abaixo á dereita).
  • Contendo 8.437 tm de arsénico moi finamente moido que poderían cubrir con:
    • 2,15 kg/m2 de arsénico todo o esteiro do Anllóns.
    • 344 g/m2 de arsénico todo o fondo da ría de Corme-Laxe e o esteiro do Anllóns.

Fotografías: Imaxes do esteiro de Anllóns (arriba) e do esteiro do Anllóns e a ría de Corme-Laxe (abaixo) descargadas do SIGPAC do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Por todo o cal, SGHN ven de solicitar ao Presidente da Xunta de Galicia (PDF) que, en aplicación do principio de cautela se anule a Declaración de Impacto Ambiental positiva para o proxecto mineiro de Edgewater Exploration Ltd en Corcoesto ou, no caso de non desbotarse o proxecto, que se esixa a elaboración dun novo Estudio de Impacto Ambiental que inclúa unha simulación dos peores accidentes posibles:

  • A rotura das dúas balsas mineiras con verquido total ao cauce do río Anllóns da cantidade máxima de residuos que conteñan, incluindo necesariamente o cianuro empregado na extracción do ouro e o arsénico contido nas rochas.
  • O verquido accidental das máximas cantidades de produtos tóxicos e perigosos almacenadas nas instalacións mineiras: 50 toneladas de cianuro, 50 toneladas de sosa cáustica e 30 toneladas de ácido clorhídrico.
  • O verquido accidental de produtos tóxicos e perigosos (cianuro, sosa cáustica e ácido clorhídrico) durante o seu transporte ás instalacións mineiras.
  • Os efectos sobre:
    • Os núcleos de poboación situados augas abaixo das balsas mineiras, sobre todo nas vivendas situadas nas cotas máis baixas en A Garga, Anllóns Grande, A Picota e Ponteceso.
    • As infraestruturas que se poderían ver afectadas (pontes, estradas, centrais hidroeléctricas, subministro de auga para abastecemento humán, agricultura e gandería).
    • A agricultura e gandería na chaira de asolagamento do río Anllóns.
    • A actividade marisqueira no esteiro do Anllóns (berberecho) e na ría de Corme-Laxe (mexilón e, moi especialmente, percebe).
    • A riqueza pesqueira na ría de Corme-Laxe.
    • O turismo de sol e praia, o gastronómico e o ornitolóxico.

No caso de non desbotarse finalmente o proxecto, SGHN pídelle ao Presidente da Xunta de Galicia (PDF) que se esixa á empresa a contratación dun seguro de responsabilidade civil, nunha compañía de seguros radicada na Unión Europea e suxeita á lexislación da UE, para facer fronte a todos os danos previsibles de acordo coa dita simulación, na liña do establecido pola Directiva 2004/35/CE e a Lei estatal 26/2007 sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e reparación de danos medioambientais.

Á vista dos danos ocasionados pola rotura da balsa de Aznalcollar (véxase Ayala-Carcedo, 2004), tendo en conta a evolución do IPC dende entón e á espera dunha avaliación profesional dos riscos a asegurar no caso de Corcoesto, SGHN estima que o importe mínimo de dito seguro de responsabilidade civil debería ser duns 300 ou 350 millóns de euros.

BIBLIOGRAFÍA CITADA

Arriba

 

A
pirámide
da codicia en
CORCOESTO. 2

Santiago, 26-12-2012

Como sinalamos o pasado día 20, cando se trata de megaproxectos, como o de minería de ouro que Edgewater Exploration Ltd quere poñer en marcha en Corcoesto, é moi dificil para a meirande parte da xente facerse tan siquera unha idea aproximada das magnitudes de que se fala e comprender o que realmente significan.

Porque, cales serían as consecuencias para Galicia de que Edgewater Exploration Ltd se leve para Canadá as 34 toneladas de ouro que quere extraer en Corcoesto? nada mellor para explicalo que un gráfico que vale máis que mil palabras:

Máis aló desas cifras tan rechamantes, hai algo máis que números nesas montañas de residuos e entullos. No EIA bendecido pola Declaración de Impacto Ambiental positiva da Xunta de Galicia, Edgewater Exploration quítalle toda importancia ao impacto dos residuos mineiros decindo que “O contido en metais pesados que teñan os estériles da mina é o contido natural que ten o subsolo do emprazamento. Os estériles de mina non sufriron máis tratamento que unha disgregación por voadura ou machúqueo” , pero

O que é certo para o café tamén o é para as rochas

Todo o mundo sabe que para facer un café hai que moer previamente os graos e que as infusións fanse coas plantas picadas ou trituradas para que a auga quente poida extraer ben o aroma e os principios activos. Pois a supostamente inofensiva "disgregación por voadura ou machúqueo” das rochas ten exactamente o mesmo efecto sobre os elementos contidos nas rochas, sexa ouro, arsénico ou metais pesados.

  • Un bloque de rocha, por exemplo granito, de 1 m de lado ten un volume de 1 m3, unha superficie externa de 6 m2 e un peso duns 2700 kg. Xa que logo, ten unha superficie específica de 0,0022 m2 por cada kilo de rocha.
  • Para extraer o ouro das rochas, Edgwater Exploration prevé moelas ata un tamaño inferior a 100 micras (milésimas de milímetro), é dicir, o que se denomina area moi fina ou, para entendernos mellor, máis ou menos como a fariña que todos coñecemos.
  • Unha partícula cun tamaño de area moi fina (50-100 micras) ten unha superficie específica duns 23 m2 por kilo, ou sexa que ao moer o bloque de rocha de 1 m3 antes sinalado a súa superficie aumentaría máis de 10.000 veces.
  • Cunha superficie específica alomenos 10.000 veces maior, cabe esperar que sexa 10.000 veces maior a solubilización dos elementos contidos nas rochas, por exemplo coa auga de choiva ao infiltrarse por entulleiras e balsas mineiras... auga que finalmente irá a parar aos mananciais e ao río Anllóns.

Onte foi Nadal, velaquí o regalo envelenado do "Papa Nöel" Edgewater Exploration Ltd para os galegos

No EIA bendecido pola Declaración de Impacto Ambiental positiva da Xunta de Galicia, Edgewater Exploration recoñece que:

  • Os residuos de mineral que se acumularán nas balsas de estériles poderán conter ata 10 g de cianuro por tonelada, cifra que multiplicada polos máis de 17 millóns de toneladas que quedarían nas balsas da como resultado 12 toneladas de cianuro, cantidade dabondo para matar a todos os españois e os portugueses.
  • Os solos de Corcoesto conteñen en promedio 494 g de arsénico por tonelada o cal indica que:
    • Os máis de 17 millóns de toneladas de residuos nas balsas mineiras conterán como mínimo 8.437 toneladas de arsénico tan finamente moído que será, cando menos, 10.000 veces máis soluble nas augas que antes da mina.
    • Se esa concentración de arsénico fose tamén aplicable aos entullos (non está claro coa información facilitada), os máis de 122 millóns de toneladas de entullos conterían 60.361 toneladas de arsénico, non moído como o dos residuos, pero si bastante máis disgregado (e soluble) do que estaba antes da mina.

Queren levarse o ouro e deixar os velenos. A Xunta quere subvencionalos

A Xunta de Galicia estudia declarar o proxecto mineiro de Corcoesto como proxecto industrial estratéxico, o cal tería entre outros (Artigo 42 da Lei 13/2011 reguladora da política industrial de Galicia) os seguintes efectos:

  • A non suxeición á licenza urbanística municipal.
  • A declaración de utilidade pública e de interese social do proxecto industrial estratéxico, así como a necesidade e a urxencia da ocupación dos bens e dos dereitos afectados dos que o solicitante da declaración teña a condición de beneficiario da expropiación.
  • A declaración de urxencia ou de excepcional interese público para os efectos previstos nesta lei.
  • A declaración de prevalencia sobre outras utilidades públicas.
  • A CONCESIÓN DE FORMA DIRECTA DE SUBVENCIÓNS de acordo co disposto na lexislación de subvencións.

Río Narcea Gold Mines, S.L., que vendeu os dereitos a Edgewater Exploration Ltd, xa recibiu do Ministerio de Industria 200.000 euros de subvención para a mina de Corcoesto en 2011.

Arriba

 

Réplica de SGHN a Mineira de Corcoesto

Santiago, 24-12-2012

Nun comunicado feito público hoxe Mineira de Corcoesto ven de manifestar a súa «repulsa á manipulación e terxiversación que a SGHN fixo dun documento científico coa única fin de crear alarma social e atacar á minaría en xeral, e ao proxecto de Corcoesto en particular». Afortunadamente, a linguaxe científica é moi clara, precisa e detallada. Vexamos de seguido o que din Mineira de Corcoesto, os autores do artigo e SGHN.

O que Mineira de Corcoesto interpreta do artigo Texto orixinal do artigo O que dixo (e mantén) SGHN

“en ningún momento se relaciona a actividade mineira cos elevados niveis de arsénico existentes na zona de Corcoesto»
“in the ancient gold-mining area of Corcoesto, P-As concentrations in SPM (suspended particulate matter) were up to three times higher than in the upper course (Table 3) emphasizing the influence of the local geological context. Fine sediments (grain size <63 μm) just downstream the Corcoesto area showed As contamination (Table 4) up to 47 mg kg−1 of As being found. This contamination is more important even if the total fraction (<2 mm) of sediment is considered, i.e. 101–264 mg kg−1 of As (Rubinos et al., 2003; Devesa-Rey et al., 2008). It should be a consequence of quick flow peak of Anllóns that may transport larger size particles of sediment from the mining zone.” Aínda que en parte poida ser unha consecuencia natural da existencia de arsenopiritas na zona, alguns datos de Costas et al. (2011) apuntan a que as zonas de sedimentos máis contaminados son consecuencia directa da antiga explotación de ouro que agora se quere reactivar... "debe ser consecuencia de rápidos picos de fluxo do río Anllóns que poden transportar sedimentos de maior tamaño de partícula procedentes da zona mineira".
«As achegas de arsénico divídense en aquelas nas que a principal achega é de orixe mariña, e aquelas nas que o río é a maior fonte de arsénico. A este respecto -continúa- o esteiro do Anllóns amosa un comportamento ambivalente: os elevados niveis de arsénico non obedecen unicamente á existencia dun xacemento».
  • “In this respect the Anllóns estuary shows an ambivalent behaviour. On the one hand, during the wet season the concentration of river dissolved inorganic arsenic is lower than its content in seawater; on the other hand, the opposite occurs during the dry season.”
  • “In all cases the fluvial-end contained more suspended arsenic than the marine-end.”
  • “The arsenic in sediments in the Anllóns river–estuary (Table 4) increased slowly (17–23 mg kg−1) in the upper river section as far as the Corcoesto area where it increased to 47 mg kg−1; a second significant rise occurred in the estuarine area (up to 308 mg kg−1)... The arsenic decreased towards the estuary end (26 mg kg−1) and likewise in direction of the mouth of the Ria (10 mg kg−1).”

Deixando aparte o minoritario arsénico orgánico disolto, o artigo contempla tres fraccións principais de arsénico: o inorgánico disolto, o que vai nas partículas en suspensión nas augas e o depositado nos sedimentos; e todo iso en tres ambientes: o río, o esteiro e a ría.

Mineira de Corcoesto escúdase no primeiro dos parágrafos no cadro da esquerda que se refire tan só ao arsénico inorgánico disolto e só nas augas do esteiro nas que, efectivamente, a concentración na auga mariña é maior que a do río na época de choivas, mentres omite toda referencia aos outros dous parágrafos sobre as fraccións principais do arsénico (en suspensión e en sedimentos) que sempre son maiores no río e o esteiro que na ría.

Velaquí a verdade, toda a verdade e nada máis que a verdade pois, como "asociación independiente e cientifica, dedicada ó estudio, divulgación, conservación e defensa do medio natural, que non tén na súa actuación fins lucrativos" (Art. 5º dos Estatutos), SGHN nunca manipularía nin terxiversaría información algunha e moito menos un artigo científico publicado nunha prestixiosa revista.

Arriba

 

A
pirámide
da codicia en
CORCOESTO. 1

Santiago, 20-12-2012

Cando se trata de megaproxectos, como o de minería de ouro que Edgewater Exploration Ltd quere poñer en marcha en Corcoesto, é moi dificil para a meirande parte da xente facerse tan siquera unha idea aproximada das magnitudes de que se fala.

Pero unha imaxe vale máis que mil palabras, velaquí o que suporá conseguir cada kilo de ouro de Corcoesto:

Arriba

 

CORCOESTO: un pouco de ouro e MOITO, MOITO ARSÉNICO

Santiago, 17-12-2012

Coincidindo case coa Declaración de Impacto Ambiental positiva que a Consellería de Medio Ambiente (rapidísima neste caso e lentísima en calquera iniciativa de defensa ambiental) acaba de outorgar á explotación mineira de ouro pola compañía canadiana Edgewater Corporation, SGHN ven de ter acceso a un artigo de investigadores do Instituto de Investigacións Mariñas (CSIC) e a Universidade de Vigo sobre os niveis de arsénico na bacía do río Anllóns (Costas et al., 2011) que aínda non estaba publicado na data das alegacións presentadas por SGHN ao dito proxecto mineiro.

Mentres que as concentracións habituais de arsénico en:

  • Rochas son de 0,5 a 2,5 mg/kg (Kabata-Pendias e Pendias, 1984) cun promedio na codia terrestre de 1-2 mg/kg (Matschullat, 2000), na área mineira de Corcoesto hai zonas de arsenopirita semimasiva con ata 100 g/kg (Costas et al., 2011), é dicir un 10% de arsénico, valores unhas 50.000 veces superiores aos habituais.
  • En solos non contaminados raramente sobrepasan os 10 mg/kg de arsénico (Krysiak e Karczewska, 2007) en Corcoesto hai zonas con ata 4 g/kg en horizontes superficiais de solos (Devesa-Rey et al., 2008), é dicir unhas concentracións 400 veces máis altas que as normais.

Segundo os datos do artigo científico de Costas e colaboradores (2011):

  • As concentracións de arsénico nas augas do río Anllóns aumentan 2,1 veces ao atravesar a zona de arsenopiritas na parte media da bacía (zona mineira de Corcoesto) ata acadar os 3,96 microgramos/litro achegándose:
    • Ao límite inferior (4,5 microgramos/litro) dos ríos europeos contaminados (Plant et al., 2003)
    • Á metade do máximo admitido para augas potables establecido pola Unión Europea (Directiva 98/83/CE), a Axencia de Medio Ambiente dos EEUU (USEPA, 1975) e a Organización Mundial da Saúde (OMS/WHO, 2001). Ao mesmo tempo as concentracións de arsénico particulado nas augas increméntanse 1,7 veces.
  • O río Anllóns aporta anualmente alomenos 850 kg de arsénico ao estuario, a meirande parte do cal procede da zona de arsenopiritas de Corcoesto. Tendo en conta a superficie das respectivas bacías, a cantidade de arsénico que o Anllóns descarga anualmente no seu estuario (0,83 kg/s/km2) é maior que as de grandes ríos europeos que atravesan zonas moi poboadas e industrializadas (Támesis, Sena, Loira, Garona e Ródano: 0,44–0,64 kg/s/km2).
  • As concentracións de arsénico nos sedimentos do esteiro do Anllóns varían de 15 a 308 mg/kg, e poden clasificarse como contaminados (Hakanson, 1980) xusto despois da antiga área mineira de Corcoesto e ao comezo da zona estuarina. Dita contaminación “debe ser consecuencia de rápidos picos de fluxo do río Anllóns que poden transportar sedimentos de maior tamaño de partícula procedentes da zona mineira”. De acordo coas directrices de calidade de sedimentos (Long et al., 1995), as concentracións de arsénico en 6 dos 12 puntos analizados no esteiro igualan (1 caso) ou sobrepasan considerablemente (5 casos) o valor de 70 mg/kg a partires do cal sempre se observan efectos e polo tanto poden supoñer un risco ambiental.

Fotografías: Dúas imaxes do esteiro do río Anllóns.

Imaxe: Mapa da parte media e inferior da bacía do río Anllóns e o seu esteiro. Indícanse con círculos amarelos os puntos onde Costas e colaboradores (2011) atoparon que a concentración de arsénico en sedimentos comeza a aumentar, xusto augas abaixo da zona mineira, e con círculos vermellos as estación de mostraxe onde se iguala (o de máis á esquerda) ou sobrepasa (restantes) o contido en arsénico para considerarse contaminados.

Aínda que en parte poida ser unha consecuencia natural da existencia de arsenopiritas na zona, alguns datos de Costas et al. (2011) apuntan a que as zonas de sedimentos máis contaminados son consecuencia directa da antiga explotación de ouro que agora se quere reactivar. Ao respecto convén salientar que fronte a minería a pequena escala, a míudo subterránea, practicada no pasado na zona de Corcoesto, o proxecto da compañía canadiana Edgewater Exploration Ltd pretende explotar a ceo aberto unha superficie de 773,6 ha, con posterior trituración das rochas e tratamento das mesmas con cianuro para extraer o ouro e logo con sosa cáustica e ácido clorhídrico para eliminar o cianuro e corrixir o pH. Xa que logo, o proxecto incrementaría enormemente a superficie de terreo exposta á intemperie e, polo tanto, a meteorización das rochas e a solubilización do arsénico que conteñen. Ademais, xeneraríanse anualmente 100.000 toneladas de residuos do procesado de rochas con cianuro/sosa/clorhídrico que, aparte de extraer o ouro, sen dúbida algunha acelerarán moitísimo a solubilización doutros elementos das rochas, entre eles o arsénico.

Por todo o devandito, o proxecto de minería de ouro a ceo aberto da compañía Edgewater Exploration Ltd podería agravar a actual contaminación das augas do río Anllóns e os sedimentos do seu esteiro ata niveis inaceptables para a saúde humana e a conservación do ecosistema, incluidos os Lugares de Interese Comunitario existentes na zona (LIC ES1110015 Río Anllóns) e as súas inmediacións (LIC ES1110005 Costa da Morte; ZEPA ES0000176 Costa da Morte). Á vista do cal SGHN ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (ver PDF):

  • Que en aplicación do principio de cautela se anule a Declaración de Impacto Ambiental positiva para o proxecto Concesións de explotación “Emilita” nº 1221, “Ciudad de Landró” nº 1454 e “Ciudad del Masma” nº 1445, que forman o coñecido como “Grupo mineiro de Corcoesto” (Cabana, Coristanco e Ponteceso; A Coruña).
  • Que, no caso de non desbotarse o proxecto, se esixa a elaboración dun novo Estudio de Impacto Ambiental que inclúa unha simulación dos efectos sanitarios, económicos e ecolóxicos dos peores accidentes posibles:
    • A rotura das dúas balsas mineiras con vertido total ao cauce do río Anllóns da cantidade máxima de residuos que conteñan, incluindo necesariamente o cianuro empregado na extracción do ouro e o arsénico contido nas rochas.
    • O verquido accidental das máximas cantidades de produtos tóxicos e perigosos almacenadas nas instalacións mineiras: 50 toneladas de cianuro, 50 toneladas de sosa cáustica e 30 toneladas de ácido clorhídrico.
    • O verquido accidental de produtos tóxicos e perigosos (cianuro, sosa cáustica e ácido clorhídrico) durante o seu transporte ás instalacións mineiras.
      Dita simulación é imprescindible á vista dos precedentes noutros casos de minería metálica a ceo aberto, por exemplo a rotura da balsa mineira en Aznalcollar: a Junta de Andalucía e a Confederación Hidrográfica do Guadalquivir gastaron 132 millóns de euros de cartos públicos en limpar a contaminación provocada pola empresa sueca Boliden, que pretende non pagar nada ou só o 1% dos danos (máis...)
  • Que, no caso de non desbotarse o proxecto, se esixa á empresa a contratación dun seguro de responsabilidade civil, nunha compañía de seguros radicada na Unión Europea e suxeita á lexislación da UE, para facer fronte a todos os danos previsibles de acordo coa simulación do punto anterior, na liña do establecido pola Directiva 2004/35/CE e a Lei estatal 26/2007 sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e reparación de danos medioambientais.

BIBLIOGRAFÍA CITADA:

  • Costas M, Prego R, Filgueiras AV, Bendicho C. 2011. Land–ocean contributions of arsenic through a river–estuary–ria system (SW Europe) under the influence of arsenopyrite deposits in the fluvial basin. Science of the Total Environment 412-413: 304-314.
  • Devesa-Rey R, Paradelo R, Díaz-Fierros F, Barral MT. 2008. Fractionation and bioavailability of arsenic in the bed sediments of the Anllóns River (NW Spain). Water, Air & Soil Pollution 195: 189–99.
  • Directiva 98/83/CE del Consejo, de 3 de noviembre de 1998, relativa a la calidad de las aguas destinadas al consumo humano.
  • Hakanson L. 1980. An ecological risk index for aquatic pollution control. A sedimentological approach. Water Research 14: 975-1001.
  • Kabata-Pendias A, Pendias H. 1984. Trace elements in soils and plants. Boca Raton, FL: CRC Press- 315 pp.
  • Krysiak A, Karczewska A. 2007. Arsenic extractability in the areas of former arsenic mining and smelting, SW Poland. Science of the Total Environment 379: 190–200.
  • Long ER, Macdonald DD, Smith SL, Calder FD. 1995. Incidence of adverse biological effects within ranges of chemical concentrations in marine and estuarine sediments. Environmental Management 19: 81–97.
  • Matschullat J. 2000. Arsenic in the geosphere - a review. Science of the Total Environment 249: 297–312.
  • OMS/WHO. 2001. Guidelines for drinking-water quality: arsenic in drinking water. Fact sheet 210. Geneva: World Health Organization.
  • USEPA. 1975. Preliminary assessment of suspected carcinogens in drinking water. Report to Congress. EPA number 560475003.

Arriba

 

Menos malo que o inicial, pero non aceptable:

Proxecto de mina de ouro de Corcoesto

SGHN ven de presentar alegacións (PDF) ao "Proxecto de explotación, estudo de impacto ambiental e plan de restauración para as concesións de explotación Emilita n.º 1221, Ciudad de Landró n.º 1454 e Ciudad del Masma n.º 1455, que forman o coñecido como Grupo Mineiro Corcoesto", situado nos concellos de Ponteceso, Cabana de Bergantiños e Coristanco, da provincia da Coruña e promovido por Río Narcea Gold Mines, S.A. e sometido a información pública:

Acertadamente, o proxecto abandona a previsión inicial (ver máis abaixo) de lixiviar con cianuro en pilas (medio aberto) todo o mineral e opta por preconcentrar mediante gravimetría ou flotación o mineral e así tratar con cianuro en tanques axitados (medio pechado) só un 7% do mineral. Malia esta modificación o proxecto contempla:

  • Unha produción anual de 100.000 toneladas de residuos de lixiviación tratados con cianuro que se acumularán nunha balsa mineira.
  • Un consumo anual de 1.701 toneladas de produtos tóxicos e perigosos (546 de cianuro, 798 de sosa cáustica e 357 de ácido clorhídrico) que haberá que transportar ata a mina, co risco de verquido en caso de accidente de tráfico.

Malia a petición nese senso formulada por SGHN no primeiro trámite de consultas ambientais (PDF) o EIA non avalía os custes sanitarios, económicos e ecolóxicos dos peores accidentes posibles:

  • A rotura das dúas balsas mineiras con vertido total ao cauce do río Anllóns da cantidade máxima de residuos que conteñan.
  • Verquido accidental das máximas cantidades de produtos tóxicos e perigosos almacenadas nas instalacións mineiras: 50 toneladas de cianuro, 50 toneladas de sosa cáustica e 30 toneladas de ácido clorhídrico.
  • O verquido accidental de produtos tóxicos e perigosos (cianuro, sosa cáustica e ácido clorhídrico) durante o seu transporte ás instalacións mineiras.

Por istes motivos, SGHN solicitou que se rexeite o Estudio de Impacto Ambiental do proxecto e se esixa a elaboración dun novo que inclúa unha simulación dos efectos sanitarios, económicos e ecolóxicos dos peores accidentes posibles indicados no punto 2 do exponendo anterior. Dita simulación é imprescindible á vista dos precedentes noutros casos de minería metálica a ceo aberto, por exemplo a rotura da balsa mineira en Aznalcollar.

SGHN demanda, ademais, que esixa á empresa a contratación dun seguro de responsabilidade civil, nunha compañía de seguros radicada na Unión Europea e suxeita á lexislación da UE, para facer fronte a todos os danos previsibles de acordo coa simulación do punto anterior, na liña do establecido pola Directiva 2004/35/CE e a Lei estatal 26/2007 sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e reparación de danos medioambientais.

Arriba

 

Un accidente podería afectar a dous LICs e unha ZEPA cun derrame de cianuro

Edgewater Exploration Ltd, outra vez a febre do ouro?

SGHN ven de respostar á solicitude de información da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre a Decisión de Avaliación de Impacto Ambiental do proxecto concesións de explotación “Emilita” nº 1221, “Ciudad de Landró” nº 1454 e “Ciudad del Masma” nº 1445, que forman o coñecido como “Grupo mineiro de Corcoesto” (concellos de Cabana, Coristanco e Ponteceso; A Coruña) promovido por Río Narcea Gold Mines, SL, hoxe propiedade da compañía canadiana Edgewater Exploration Ltd, que pretende explotar o xacemento de ouro de Corcoesto:

  • Nunha superficie de 773,6 hectáreas mediante minería a ceo aberto e, en menor medida, galerías subterráneas.
  • Durante 10-20 anos, cunha produción duns 20 millóns de metros cúbicos de estériles de mina, parte dos cales intentarán aproveitalos como áridos para a súa venda.
  • Empregando unha solución fortemente alcalina e corrosiva (pH 10,5) de cianuro sódico para separar o ouro das rochas extraidas e trituradas, sexa mediante lixiviación dinámica en tanques axitados ou mediante lixiviación en pilas. De empregarse esta última estarían a ceo aberto tres instalación contendo dito produto químico extremadamente tóxico para o home e a fauna: a pila de rochas trituradas e as dúas balsas mineiras (a de solución con ouro e a de solución estéril).

Á vista da información recibida, SGHN solicitou á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, da Consellería de Medio Ambiente Territorio e Infraestruturas, que o Estudio de Impacto Ambiental do proxecto:

  1. Avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións sobre:
    • Hábitats de conservación prioritaria na UE (DC 92/43/CEE) e, consecuentemente, adapte o proxecto para evitalos totalmente pois non existen razóns imperiosas de interese público de primeiro orden (artigo 6 da DC 92/45/CEE, artigo 45 da Lei estatal 42/2007) para que sexan afectados por un proxecto de explotación mineira de ouro.
    • Hábitats de interese comunitario (DC 92/43/CEE) e estudie alternativas para minimizalos canto sexa técnica e ambientalmente posible.
    • Os Lugares de Interese Comunitario existentes na zona (LIC ES1110015 Río Anllóns) e as súas inmediacións (LIC ES1110005 Costa da Morte; ZEPA ES0000176 Costa da Morte) (véxase Lista actualizada LICs).
    • Os recursos pesqueiros e marisqueiros no río Anllóns e o seu esteiro.
  2. Avalíe con detalle e rigor as posibles afeccións sobre TODAS as especies incluidas no anexo I da Directiva Aves, na Directiva 92/43/CEE, no Catálogo Español de Especies Amenazadas (Real Decreto 139/2011) e no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007) presentes na zona e contemple a adaptación do proxecto para evitalas totalmente no caso de especies de interese comunitario e/ou en perigo de extinción, pois non existen razóns imperiosas de interese público de primeiro orden (artigo 6 da DC 92/45/CEE, artigo 45 da Lei estatal 42/2007) para que sexan afectados por un proxecto de explotación mineira de ouro, ou para mitigalas no caso das restantes especies catalogadas. Ademais, no caso de especies catalogadas como vulnerables ou en perigo de extinción, o EIA debería contemplar a inclusión de todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos Plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007.
  3. Inclúa unha simulación dos efectos sanitarios, económicos e ecolóxicos do peor accidente posible: rotura da(s) balsa(s) mineiras con vertido total ao cauce do río Anllóns da cantidade máxima da solución de cianuro sódico a pH 10,5 que prevexa empregar. Dita simulación é imprescindible á vista dos precedentes noutros casos de minería metálica a ceo aberto, por exemplo a rotura da balsa mineira en Aznalcollar cos seus dramáticos efectos ambientais e económicos sobre o río Guadiamar e a contorna do Parque Nacional de Doñana.
  4. Inclúa, na availiación da viabilidade económica do proxecto, os custes da contratación dun seguro de responsabilidade civil cunha compañía de seguros radicada na Unión Europea e suxeita á lexislación da UE, para facer fronte a todos os danos previsibles de acordo coa simulación do punto anterior. Esta petición da SGHN sitúase na liña do establecido pola Directiva 2004/35/CE e a Lei estatal 26/2007 sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e reparación de danos medioambientais: "La responsabilidad medioambiental es, además, una responsabilidad ilimitada, pues el contenido de la obligación de reparación (o, en su caso, de prevención) que asume el operador responsable consiste en devolver los recursos naturales dañados a su estado original, sufragando el total de los costes a los que asciendan las correspondientes acciones preventivas o reparadoras"

Arriba

 

Escravos da codicia, encadeados ao ouro