logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

Lémbra que esto podería ter sido en Corcoesto

Estoupa a balsa de lodos dunha mina de ouro e cobre en Canadá

Santiago de Compostela, 07-08-2014

Malia que o feito está a pasar bastante desapercibido nos medios de comunicación, hai tres días estoupou a balsa de lodos da mina de ouro, prata e cobre en Mount Polley (Columbia Británica, Canadá) liberando 5 millóns de metros cúbicos de lodos con arsénico, mercurio e xofre no regato Hazeltine que desemboca no lago Quesnel que, á súa vez, alimenta aos ríos Quesnel e Cariboo. Para máis información (en inglés) preme AQUÍ.

Para máis información (en inglés) sobre a mina de Mount Polley que explota Imperial Metals Corporation preme AQUÍ.

Este tipo de accidentes son lamentablemente frecuentes pois en todo o mundo, no periodo 1970-2000 rebentaron grandes depósitos de residuos mineiros a un ritmo mínimo de 1,7 por ano (Penman et al., 2001), frecuencia que se mantivo sensiblemente constante no que vai de século XXI (http://www.wise-uranium.org/mdaf.html).

A balsa de lodos proxectada por Edgewater Exploration para a mina de ouro de Corcoesto contería o dobre de residuos mineiros que a que ven de rebentar en Mount Polley

.

Fotografía reproducida de:
http://i.cbc.ca/1.2727323.1407212125!/fileImage/httpImage/image.jpg_gen/derivatives/16x9_
620/mount-polley-mime-tailings-pond.jpg

 

Novo aviso dos perigos destas instalacións

Rotura dunha balsa mineira en Monte Neme

Santiago de Compostela, 11-02-2014

Na madrugada do luns 10 de febreiro, reventou unha das tres balsas de residuos dunha mina de seixo (que antes fora de wolfram) abandonada en Monte Neme, entre Malpica e Carballo. Os riscos da balsa xa foran denunciados hai máis dun ano sen que se fixera nada por resolver o problema, ata que onte rachou liberando uns 24.000 metros cúbicos de auga, lodos e pedras que baixaron en riada por dúas ladeiras cara as aldeas de Razo da Costa e Aviño (máis: 1, 2, 3).

Malia a súa magnitude, as consecuencias desta rotura son minúsculas comparadas coas que tería a rotura da balsa proxectada en Corcoesto que, cos seus 11 millóns de metros cúbicos podería xerar un vertido 458 veces maior que o acontecido en Monte Neme, co agravante de que ademais cos lodos de Corcoesto se liberarían ao medio unhas 8.400 toneladas de arsénico finamente moido.

A boas horas mangas verdes!

Dous meses despois da desfeita, a Xefatura Territorial da Coruña, da Consellería de Economía e Industria, anuncia a apertura da información pública do Plan de restauración da explotación mineira Monte Neme (PDF). Semella que será un novo caso de privatización de beneficios e socialización das pérdidas, pois empresa que explotou a mina está en fase de liquidación concursal e a restauración ambiental seguramente se fará con cartos públicos.