logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Angelita nº 5395.4: nova mostra da falta de respecto ambiental da minería

Santiago, 28-10-2014

SGHN recibiu unha consulta da Secretaría Xeral de Calidade e Avialiación Ambiental Segundo para elaborar o “Documento de alcance do estudo de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión Angelita nº 5395.4" (Xermade-Lugo). Como se indica textualmente na documentación recibida polo titular do dereito mineiro "inició hace ya más de diez años las gestiones para solicitar el PASE A CONCESIÓN de parte del PERMISO DE INVESTIGACIÓN “ANGELITA Nº 5.395 Fracción “A MOURA”, a cuyo fin se presentaron los pertinentes proyectos y para los que se tuvieron en cuenta las prescripciones legales del momento. Finalmente, en el momento actual, se le requiere al promotor que se adecúen a la legalidad actual dichos trabajos con el fin de proseguir con su tramitación y conseguir su final autorización."

Pero tanto na carátula do CD recibido coa información como en diversas páxinas do proxecto, comezando pola propia portada, inclúese unha fotografía aérea na que se aprecia con total claridade que unha parte sustancial da área para a que se solicita o pase a explotación en realidade xa está explotada, infrinxindo pois:

  • A Ley 21/2013 de avaliación ambiental (e toda lexislación previa que derrogou).
  • A Directiva 85/337/CEE relativa á avaliación das repercusións de determinados proxectos públicos e privados sobre o medio ambiente, modificada pola Directiva 97/11/CE.
  • A Lei 27/2006, pola que se regulan os dereitos de acceso á información, de participación pública e de acceso á xustiza en materia de medio ambiente.
  • A Directiva 2003/4/CE pola que se establecen medidas para a participación do público na elaboración de determinados plans e programas relacionados co medio ambiente.

Nas súas alegacións ao proxecto mineiro (PDF), SGHN solicitou:

  • Que se paralice a tramitación da Avaliación de Impacto Ambiental do “Documento de alcance do estudo de impacto ambiental do proxecto de explotación da concesión Angelita nº 5395.4" (Xermade-Lugo).
  • Que se paralice a devandita explotación mineira e se precinte a maquinaria nela empregada para garantir que non se reanude sen autorización.
  • Que se proceda á apertura dun expediente sancionador ó promotor do proxecto por presuntas infraccións moi graves de:
    • A Ley 21/2013, de 9 de decembro, de avaliación ambiental.
    • A Lei 3/2008, de ordenación da minería de Galicia.
  • Que se manteña oportunamente informada á SGHN de cantas disposicións dicte a Consellería de Medio Ambiente en relación a este tema.