logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

 

Comité das Rexións Europeas
Dictame sobre a mellora da proteción do medio mariño

Santiago, 10-08-2015

Na sesión 112º do Pleno dos días 3 e 4 de xuño do Comité das Rexións Europeas elaborouse un Dictame sobre a Mellora da proteción do medio mariño (2015/C 260/02), no que se recollen indicacións importantes sobre o tema.

Así, subliña a importancia fundamental de que a Unión Europea dispoña dunha política marítima integrada. As zonas marítimas de Europa e as súas costas son cruciais para o benestar e a prosperidade dos seus cidadáns, xa que constitúen as rutas comerciais europeas, regulan o seu clima e serven de fonte de alimentos, enerxía e recursos, ademais de ser lugares favoritos para residencia e lecer. O bo estado medioambiental dos mares e océanos é un compoñente clave da sostibilidade da vida, tamén do medio mariño. No documento recóllense os elementos sobre os que é preciso traballar:

  • Medidas de protección da biodiversidade, as redes tróficas e o chan mariño.
  • Medidas para protexerse fronte ás especies alóctonas.
  • Medidas para protexer as especies explotadas comercialmente.
  • Medidas contra a eutrofización.
  • Medidas de redución dos contaminantes.
  • Medidas para reducir os desechos mariños.
  • Medidas para reducir a introdución de enerxía nos mares e océanos.

Membros de SGHN e do C.E. Natureza no Xurelo, que en 1981 se enfrontou a dous buques holandeses, protexidos por un barco da súa mariña de guerra, para loitar contra os vertidos radioactivos na Fosa Atlántica. Máis...