logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

8 de xuño, Día Mundial dos Océanos

O noso lixo, a súa agonía

Por cuarto ano, este 8 de xuño celébrase o Día Mundial dos Océanos, creado por acordo da Asemblea Xeral de Nacións Unidas do 5 de decembro de 2008. O lema deste ano é "Xuventude, a nova etapa para o Cambio", un cambio certamente imprescindible e urxente polo que novos e maiores deberemos traballar arreo, dende as costas galegas ata o Pacífico, para conseguir que o noso lixo deixe de afogar a biodiversidade mariña.

O noso lixo...

Imaxe: Todo o lixo visible nos areais é só unha pequena parte do que fica no mar.

...a súa agonía

Imaxe: A tartaruga chegou viva a UCI da SGHN atrapada nesa rede na que foi fotografiada, redes que con demasiada frecuencia aboian no mar servindo de cadaleito a moitos animais..

Imaxe: O golfiño non atopou unha rede extraviada, pero si unha que formaba parte dun aparello de pesca, moitas veces colocados inadecuadamente, sen respectar os tempos, en zonas prohibidas, etc.

O problema do lixo,fundamentalmente plásticos, é global e inmenso: exténdese cunha gravidade inimaxinable ata os lugares máis recónditos. Se viaxamos alén das nosas costas, ata o Pacífico, atopamos sucesos escalofriantes e esclarecedores; velaquí un par de vínculos aos que "debera ser obrigatorio" acceder.

A illa de plástico: http://www.bbc.co.uk/mundo/noticias/2012/05/120509_plastico_oceano_am.shtml

A sombra do paraíso: http://www.midwayfilm.com