| |
"Avións espía" nin na Limia nin na Terrá Chá
Advertencia á OTAN, Northrop Grumman Corporation e Ministerio de Defensa |
En relación coas novas de prensa acerca do proxecto de construir en Trasmiras (Ourense) unha base para avións non tripulados, cun aeródromo de apoio en Lugo, o 05-03-2012 SGHN remitiu aos máximos responsables do Ministerio de Defensa, a OTAN e a empresa Northrop Grumman Corporation escritos advertíndolles:
- Que o concello de Trasmiras e os seus arredores están completamente dentro de, ou adxacentes a, ZEPA ES 008 A Limia e/ou da súa Zona Periférica de Protección (ZPP).
- Que a ZEPA ES 008 A Limia declarouna a Xunta de Galicia (Decreto 411/2009, do 24-11-2009) para executar a sentenza de 28-06-2007 do Tribunal de Xustiza da Unión Europea no “Asunto C-235/04 Comisión das Comunidades Europeas contra o Reino de España «Incumprimento de Estado — Directiva 79/409/CEE — Conservación das aves silvestres — Zonas de protección especial ”.
- Que no concello de Trasmiras e as súas inmediacións reprodúcense actualmente 6 especies de aves incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007, Decreto 167/2011):
- En perigo de extinción: Pernileiro ou Alcaraván (Burhinus oedicnemus), Conícora ou Avefría (Vanellus vanellus), Cabra do aire (Gallinago gallinago) e, ata hai poucos anos, Sisón (Tetrax tetrax).
- Vulnerables: Gatafornela (Circus cyaneus) e Tartaraña cincenta (Circus pygargus).
- Que no concello de Trasmiras e as súas inmediacións atópase un dos escasos núcleos poboacionais de sapo de esporóns (Pelobates cultripes) considerado como Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007, Decreto 167/2011).
- Que a área considerada para o aeródromo complementario en Lugo se atopa no interior da Reserva da Biosfera “Terras do Miño” e da proposta de IBA “Terra Chá” (actualmente en consideración na Revisión do Inventario de IBAs) e está rodeada por zonas importantes para a cría de 5 especies de aves incluidas no Catálogo Gallego de Especies Amenazadas (Decreto 88/2007, Decreto 167/2011):
- En peligro de extinción: Pernileiro ou Alcaraván (Burhinus oedicnemus), Conícora ou Avefría (Vanellus vanellus), Sisón (Tetrax tetrax) e Mazarico real (Numenius arquata).
- Vulnerable: Tartaraña cincenta (Circus pygargus).
Por iso, SGHN solicitou ao Ministerio de Defensa, á OTAN e á empresa Northrop Grumman Corporation que desboten a posibilidade de instalar no concello de Trasmiras (Ourense), ou en calquera parte da ZEPA de A Limia e a súa ZPP, unha base para avións non tripulados, así como o aeródromo de apoio en Lugo. |

Limites da ZEPA de A Limia (zonas en gris), da súa Zona Periférica de Protección (zonas raiadas) e do concello de Trasmiras (línea vermella). |
REMATOU O PRAZO LEGAL E AÍNDA NON SE FIXO PÚBLICO
SGHN RECLAMA O "PLAN DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE" DA ZEPA DA LIMIA |
Case un mes despois de que rematase o prazo de dous anos establecido legalmente polo Artigo 6 do Decreto 411/2009, do 12 de novembro, polo que se declara a zona de especial protección para as aves da Limia (DOG nº 230 de 24-11-2009), SGHN ven de pedir ao Conselleiro de Medio Rural unha copia do “Plan de desenvolvemento sustentable orientado ao fortalecemento da actividade económica, social e cultural ... que establecerá medidas de apoio e orientación tendentes ao desenvolvemento da actividade agraria en réxime sustentable, de cara a harmonizar a obtención de bens e servizos co mantemento dun estado de conservación favorable das especies e dos hábitats que as sustentan”. (ver PDF). |
SGHN e SGO informan ó Ministerio de Defensa
A BASE DE "AVIÓNS ESPÍA" EN TRASMIRAS AMEAZA A ZEPA DA LIMIA
|
En febreiro de 2011, o Partido Popular de Galicia dirixiuse á Ministra de Defensa para pedirlle que se constrúa en Trasmiras (Ourense) o “centro de excelencia de avións non tripulados do consorcio aeronáutico europeo EADS”, polo que a Sociedade Galega de Ornitoloxía e a Sociedade Galega de Historia Natural (PDF) veñen de remitirlle un escrito á Ministra informándoa de que:
- A zona proposta, agora polo Partido Popular de Galicia e anteriormente polo Goberno bipartido da Xunta de Galicia, situaríase no interior (ou nas inmediacións mesmas) da Zona de Especial Protección para as Aves (ZEPA) de A Limia e/ou da súa Zona Periférica de Protección (ZPP).
- Na zona proposta e as súas inmediacións reprodúcense actualmente 5 especies de aves incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007, Decreto 167/2011):
- En perigo de extinción: Pernileiro ou Alcaraván (Burhinus oedicnemus), Conícora ou Avefría (Vanellus vanellus), Cabra do aire (Gallinago gallinago) e, ata hai poucos anos, Sisón (Tetrax tetrax).
- Vulnerables: Gatafornela (Circus cyaneus) e Tartaraña cincenta (Circus pygargus).
- Que na zona proposta e as súas inmediacións atópase un dos escasos núcleos poboacionais de sapo de esporóns (Pelobates cultripes) considerado como Vulnerable no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007, Decreto 167/2011).
Por estes motivos, a SGHN e a SGO entenden que debera desestimarse a posibilidade de instalar dito “centro de excelencia de avións non tripulados do consorcio aeronáutico europeo EADS” no concello de Trasmiras (Ourense), ou en cualquera área da ZEPA de A Limia e a súa ZPP, ou noutras zonas próximas que poideran afectar a este espacio natural e solicitan que o Ministerio de Defensa teña en conta as circunstancias descritas e proceda en consecuencia. |

Limites da ZEPA de A Limia (zonas en gris), da súa Zona Periférica de Protección (zonas raiadas) e do concello de Trasmiras (línea vermella). |
ZEPA DE A LIMIA
As alegacións da SGHN que non serviron en Santiago pero sí en Bruselas |
En tanto que as 30000 ha incluidas na IBA «ES0008 A Limia» poderían considerarse unha ambiciosa proposta necesitada de matices e dunha delimitación máis axustada, as 10384 ha contempladas inicialmente no proxecto de ZEPA para A Limia (DOG nº 149 de 02-08-2007), eran claramente unha proposta de mínimos insuficiente para garantir o cumprimento da Directiva 79/409/CEE.
A SGHN alegou con sólidos argumentos científico-ornitolóxicos que a proposta da Xunta amosaba as siguientes deficiencias: |
- Fronte á superficie continua da «ES0008 A Limia», a ZEPA proposta aparecía fragmentada en tres áreas disxuntas.
- A superficie oficialmente contemplada non protexía de xeito satisfactorio as zonas de distribución de varias das especies do Anexo I da Directiva 79/409/CEE polas que a Comisión Europea demandou ó Reino de España a creación desta ZEPA.
- Non garantía axeitadamente a recolonización ou a recuperación dos efectivos reproductores de diversas especies incluidas no Libro Vermello da Fauna española e/ou no Catálogo Galego de Especies Ameazadas.
|
Por todo elo a SGHN solicitaba a ampliación da proposta de ZEPA en 4070 ha ata acadar un total de 14454 ha.
Malia a insuficiencia da proposta inicial da Xunta de Galicia, durante as 5 xuntanzas (30-11-2007, 21-12-2007, 10-01-2008, 08-02-2008 e 03-04-2008) da mesa de traballo sobre a ZEPA constituida por representantes da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, os principais sindicatos agrarios e organizacións de defensa ambiental quedou claro que, polas presións político-sindicais e a campaña de intoxicación mediática que xeneraron, a Consellería ía recortar a súa proposta ata pouco máis de 7000 ha. Á vista desta situación a SGHN decidiu enviar directamente á Dirección Xeral de Medio Ambiente da Unión Europea as súas alegacións ó proxecto de ZEPA de A Limia.
O éxito en Bruselas das alegación da SGHN non foi completo pero conseguiron que, ademais das 6932 ha que propoñían declarar ZEPA, as autoridades galegas se viran obrigadas pola Unión Europea a declarar unha Zona Periférica de Protección (ZPP) de 7559 ha, de tal xeito que as 14491 ha finalmente declaradas como ZEPA+ZPP coinciden case exactamente nos seus límites coa proposta de ZEPA feita pola SGHN. |
 
Planos: Proposta da SGHN para ampliar a ZEPA da Limia (esquerda) e ZEPA+ZPP finalmente declarada pola Xunta de Galicia. |
Para máis información véxase PDF Alegacions_ZEPA enviadas pola SGHN á Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible e á Dirección Xeral de Medio Ambiente da Comisión Europea e DOG co Decreto de declaración da ZEPA da Limia. |
|
|