Nunha visita xirada á Limia con ese motivo, un equipo da SGHN ven de documentar as seguintes situacións:
- Emisario de Antela. Augas abaixo da estrada N-525 as augas están prácticamente estancadas e só fluen nunha "canle" de 40-50 cm de largura e 3 cm de profundidade.
- Río Faramontaos. Totalmente seco baixo a ponte da estrada Zós-Paredes.
- Río Arnos. Completamente seco na súa confluencia co río Limia.
- Río Fírbeda. As aguas fluen moi lentamente nunha "canle" de apenas 1 m de largura e 4-5 cm de profundidade na súa desembocadura no Limia.
- Río Vidueiro. “Canle” reducida a 1 palmo de largura e 2 cm de profundidade de auga que aparenta estancada na súa confluencia co río Limia.
- Río Limia. Treito de 300 m totalmente seco ó seu paso polo casco urbán de Xinzo de Limia; a augua só comeza a fluir augas abaixo da depuradora de augas residuais de Xinzo de Limia, que é agora o principal suministro de auga ó río Limia.
Á vista desta situación, e tras dous escritos infructuosos dirixidos ó Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con datas 11-08-2010 e 03-09-2010, a SGHN ven de solicitar á Directora Xeral da Auga do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño que ordene con carácter inmediato a suspensión de todos os aproveitamentos de auga non adicados a abastecemento de poboaciones na bacia do río Limia augas arriba de Ponte Liñares ata que se recupere o caudal ecolóxico mínimo de 0,97 m3 s-1 na Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares”.
A petición da SGHN faise ó abeiro do Real Decreto Lexislativo 1/2001 (texto refundido da Lei de Aguas estatal) que, nos seus artigos 59.7 e 60, establece que os caudais ecolóxicos ou demandas ambientais deben considerarse como unha restricción que se impón con carácter xeral ós sistemas de explotación, supeditada só á regra sobre supremacía do uso para abastecemento de poboacións.