En tanto que as 30000 ha incluidas na IBA «ES0008 A Limia» poderían considerarse unha ambiciosa proposta necesitada de matices e dunha delimitación máis axustada, as 10384 ha contempladas inicialmente no proxecto de ZEPA para A Limia (DOG nº 149 de 02-08-2007), eran claramente unha proposta de mínimos insuficiente para garantir o cumprimento da Directiva 79/409/CEE.
A SGHN alegou con sólidos argumentos científico-ornitolóxicos que a proposta da Xunta amosaba as siguientes deficiencias: |
Por todo elo a SGHN solicitaba a ampliación da proposta de ZEPA en 4070 ha ata acadar un total de 14454 ha.
Malia a insuficiencia da proposta inicial da Xunta de Galicia, durante as 5 xuntanzas (30-11-2007, 21-12-2007, 10-01-2008, 08-02-2008 e 03-04-2008) da mesa de traballo sobre a ZEPA constituida por representantes da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, os principais sindicatos agrarios e organizacións de defensa ambiental quedou claro que, polas presións político-sindicais e a campaña de intoxicación mediática que xeneraron, a Consellería ía recortar a súa proposta ata pouco máis de 7000 ha. Á vista desta situación a SGHN decidiu enviar directamente á Dirección Xeral de Medio Ambiente da Unión Europea as súas alegacións ó proxecto de ZEPA de A Limia.
O éxito en Bruselas das alegación da SGHN non foi completo pero conseguiron que, ademais das 6932 ha que propoñían declarar ZEPA, as autoridades galegas se viran obrigadas pola Unión Europea a declarar unha Zona Periférica de Protección (ZPP) de 7559 ha, de tal xeito que as 14491 ha finalmente declaradas como ZEPA+ZPP coinciden case exactamente nos seus límites coa proposta de ZEPA feita pola SGHN. |