logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

"Perlas" na estrutura da Consellería de Medio Ambiente

Santiago, 01-10-2014

Reservas da Biosfera e outras figuras de espazos de ámbito internacional non incluídas explícitamente nas competencias da Subdirección Xeral de Espazos Naturais, entre as que sen embargo se inclúe unha figura preconstitucional que ben pouco ten que ver coa conservación (a “Reserva Nacional de Caza dos Ancares”) ao mesmo nivel que os Parques Naturais.

Unha Subdirección Xeral de Espazos Naturais que que terá expresamente nas súas funcións o “fomento de medidas de colaboración e coordinación nas campañas relativas á obtención da bandeira azul” pero non a colaboración e coordinación cos centros de investigación, os órganos xestores das Reservas da Biosfera e as organizacións de defensa ambiental.

Dous novos altos cargos de libre designación para centralizar en Santiago a xestión e dirección dos Parques Naturais, afastándoa das necesidades dos Parques Naturais e dos seus habitantes e visitantes..

Unha Subdirección Xeral de Biodiversidade e de Recursos Cinexéticos e Piscícolas na que só dúas das nove funcións asignadas teñen que ver coa BIODIVERSIDADE en maiúsculas:

  • “O desenvolvemento de medidas e instrumentos para a protección e conservación das especies silvestres” que aparece só en segundo lugar, por detrás de “A ordenación, conservación, protección, fomento e aproveitamento sustentable dos recursos cinexéticos e piscícolas nas augas continentais”.
  • “A elaboración e a implementación dos instrumentos de planificación, desenvolvemento e xestión das especies” que figura en séptimo, e antepenúltimo, lugar das competencias.

Estas son algunhas das "perlas" da nova estrutura da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (Decreto 115/2014) polas que SGHN ven de dirixirse á Conselleira pedindo a súa modificación (PDF):