logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Qué están a facer no P.N. de Enciña da Lastra?

Ourense, 24-06-2015

Despois de moitos anos de inactividade, SGHN tivo coñecemento da realización de traballos con maquinaria pesada nunha antiga canteira de caliza que na actualidade se atopa íntegramente dentro do LIC, ZEPA e Parque Natural da Serra de Enciña da Lastra.

Á vista da situación, SGHN ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza e á Dirección Xeral de Enerxía e Minas información acerca das actividades que contan con autorización ambiental e mineira na dita parcela, sita na cabeceira do regato de Pereda, no polígono 27, parcela 2439 do concello de Rubiá, entre a estrada N-120 e a estrada local a Vilar de Silva e Pardollán.