logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

EMPRESAS GALEGAS DA MINERÍA UNIDAS CONTRA A REDE NATURA 2000.
Solicitude da SGHN á Consellería de Medio Ambiente

Un total de dez empresas e asociacións (Cupiga, S.A., Pebosa, S.A., Canteira do Penedo, S.A., Compañía Española de Industrias Electroquímicas, S.A., Asociación Galega de Áridos, Pizarras Quiroga, S.A., Cubiertas Pizarras Reunidas Cupire-Padesa, Asociación Gallega de Pizarristas, Pizarras de Villarbacú, S.L. e Ferlosa, S.L.) presentaron, diante do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, outros tantos recursos contencioso-administrativos contra a orde da Consellería de Medio Ambiente, con data 7 de xuño de 2001, pola que se declararon provisionalmente as zonas propostas para a inclusión na rede Natura 2000 como espacios naturais en réxime de protección xeral (D.O.G. nº 118, do 19 de xuño de 2001).

Á vista da iniciativa destas empresas e asociacións, a SGHN solicitou á Consellería de Medio Ambiente:

  • Que comece de oficio unha inspección exhaustiva do cumprimento da lexislación vixente nas explotacións mineiras de Cupiga, S.A., Pebosa, S.A., Canteira do Penedo, S.A., Compañía Española de Industrias Electroquímicas, S.A., Pizarras Quiroga, S.A., Cubiertas Pizarras Reunidas Cupire-Padesa, Pizarras de Villarbacú, S.L., Ferlosa, S.L. e das representadas pola Asociación Galega de Áridos e a Asociación Gallega de Pizarristas.
  • Que no caso de detectar algún incumprimento da lexislación vixente ordene incoar o correspondente expediente sancionador, se a materia entra dentro das competencias da Consellería de Medio Ambiente, ou a presentación da correspondente denuncia diante da Administración competente.

Para máis información véxase PDF Minería contra Rede Natura.

Fotografía: Vista aérea do xigantesco impacto paisaxístico das canteiras de lousas na contorna do pobo de Casaio (Valdeorras, Ourense), salientado polo rectángulo vermello, obtida do Sistema de Identificación de Parcelas Agrícolas, do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño (http://sigpac.mapa.es/fega/visor)