logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

MONUMENTO NATURAL DA FRAGA DE CATASÓS

 

Un tendido eléctrico afectará á contorna dos castiñeiros máis altos de Europa

Pontevedra, 13-10-2014 (actualización)

Na liña do esperpento a Consellería de Economía de Industria, a través da Dirección Xeral de Enerxía e Minas emitui unha resolución autorizando que unha liña de alta tensión (proxecto sectorial de incidencia supramunicipal LAT 132 kV O Irixo-Lalín) pase polos arredores do Monumento Natural da Fraga de Catasós (Lalín), protexido por tres normas legais que prohiben a instalación de tendidos eléctricos no interior deste espazo... pero non na súa contorna inmediata :

  • Decreto 76/2000, polo que se declara o Monumento Natural da Fraga de Catasós.
  • Decreto 67/2007 polo que se crea o Catálogo galego de árbores senlleiras e se inclúe nel a Fraga de Catasós como "formación senlleira".
  • Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e a Biodiversidade.

SGHN solicitou (PDF) que se realicen as xestións administrativas oportunas para evitar a afectación da contorna deste Monumento Natural coa tala de moitas árbores centenarias en fragas de alto valor que ben deberan ser unha banda de amortecemento da Fraga de Catasós.