logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

As desfeitas acosan ao LIC Serra do Careón

Santiago de Compostela, 21-03-2014

No seu escrito de ao Conselleiro de Medio Ambiente do 16-10-2013 e na posterior denuncia diante da UE do 26-11-2013 (PDF), SGHN xa saleintaba que o LIC Es 1110014 Serra do Careón "Posiblemente sexa o LIC máis degradado da Rede Natura 2000 en Galicia, malia que inclúe a maior taxa de endemicidade do territorio galego vinculada á presenza de afloramentos de serpentinitas, con numerosas especies incluídas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Santolina melidensis, Aremeria merinoi, Leucanthemum gallaecicum, etc.), así como no Anexo II da Directiva Hábitat, entre elas unha especie prioritaria: Eryngium viviparum."

Ás desfeitas xa entón denunciadas, súmanse agora dúas actuacións recentes incluídas na súa totalidade no LIC Serra do Careón:

  • A destrución de mais de 12 ha no Monte de Villeirón (San Pedro de Meire, Melide, A Coruña) para a instalación dun viveiro para a produción de plantas exóticas (arándano americano).
  • A destrución de máis de 4 ha en San Xulián (Toques, A Coruña) para a construción dunha granxa intensiva de porcos.

Nos dous casos as actuacións supuxeron a destrución dunha superficie significativa de dous hábitats de conservación prioritaria (os marcados con *) e dous de interese comunitario segundo Directiva 92/43/CEE:

  • *4020 Uceiras húmidas atlánticos de zonas temperadas de Erica ciliaris e Erica tetralix.
  • 4030 Uceiras Secas Europeos.
  • *6220 Zonas subestépicas de Thero-Brachypodietea.
  • 8230 Rochedos silíceos con vexetación pioneira do Sedo-Scleranthion ou do Sedo albi.

Nin ditos hábitats nin as especies protexidas que foron exterminadas con ditas actuacións teñen posibilidade de recuperación ou restauración mentres persistan as instalacións alí establecidas. As devanditas actuacións poderían ser constitutivas dun delito contra o medio ambiente e supoñen a vulneración da Directiva 92/43/CEE, a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade, a Lei 9/2001 de Conservación da Natureza, a de Datos de Lexislación, e a Lei 9/2002 de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia. A actuación de Monte de Vileirón (Melide) vulnera ademais a normativa europea ao empregar fondos europeos para un proxecto que supón unha afección significativa sobre a Rede Natura 2000.

Por istes motivos, SGHN ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza investigue os feitos denunciados e adopte todas as medidas que estean dentro das súas competencias para que se repoña a legalidade vixente e se recuperen os hábitats e especies protexidas presentes na zona (PDF).