logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Cómo non despilfarrar 651.670 €

Dúas propostas de SGHN ao Presidente da Xunta de Galicia

Santiago, 12-12-2012

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas proxecta gastar 651.670 € nunha senda fluvial nos ríos Tea e Xabriña (Ponteareas e Mondariz; Pontevedra) malia que ningunha das actuacións previstas no proxecto é necesaria, convinte nin recomendable para a conservación dos valores ambientais do LIC ES1140006 Río Tea polo que transcorrería case íntegramente a suposta “senda fluvial” (novas alegacións).

O proxecto situase na bacía hidrográfica do Miño-Sil e, xa que logo, fóra do ámbito competencial de Augas de Galicia que tampouco ten entre as súas funcións a construción de paseos fluviais (Lei 8/1993, do 23 de xuño, reguladora da Administración hidráulica de Galicia; Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia).

Os proxectos con claves 2012/0057 (modificado polo 2012/0086) e 2012/0058 (modificado polo 2012/0149) forman unha unidade inseparable. Ao respecto, é preciso salientar que a subdivisión artificiosa de proxectos contravén o espítiro e a letra do RDL 1/2008, polo que aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental de proxectos e o artigo 86.2 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público.

Como o Presidente sinalou en recentes entrevistas públicas, a situación económica actual na Xunta de Galicia é a seguinte: “Temos que axustar o sistema de benestar aos nosos ingresos"... “Tivemos tensións de tesourería para pagar facturas"...“Pedimoslle un esforzo aos profesores para incrementar as horas, aos pensionistas pedimoslle 8 euros ao mes para pagar os medicamentos, subiu o IRPF e o IBI". Tendo en conta estes motivos, SGHN ven de solicitarlle ao Presidente da Xunta de Galicia (PDF):

  • Que desbote totalmente o proxecto.
  • Que, se decide investir ditos fondos públicos en proxectos beneficiosos para o medio ambiente, consulte á SGHN que se brinda a asesoralo neste e en calquera tema ambiental.
  • Que, se decide investir ditos fondos públicos en proxectos beneficiosos para os máis desfavorecidos da nosa sociedade, consulte á Cruz Vermella, a Cáritas, ós servizos sociais de calquera concello ou ás cociñas económicas, que con seguridade o asesorarán ben.

Fotografía: Imaxe da nova ponte sobre a desembocadura do río Xabriña despois da última enchente.

Fotografía: Imaxe dos danos nos piares da nova ponte sobre a desembocadura do río Xabriña despois da última enchente.

 

"Senda fluvial nos ríos Tea e Xabriña"

Outro proxecto innecesario e perxudicial para o ambiente ... e o déficit público

SGHN ven de respostar á consulta da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental sobre Decisión de Avaliación de Impacto Ambiental do proxecto “Senda fluvial dos ríos Tea e Xabriña” (Mondariz, Pontevedra) promovido por Augas de Galicia (ver PDF) a traverso da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos. Ningunha das actuacións previstas no proxecto é necesaria, convinte nin recomendable para a conservación dos valores ambientais do LIC ES1140006 Río Tea polo que transcorrería case íntegramente a suposta “senda fluvial”, en realidade unha “pista peonil” con:

  • Unha largura de 1,5 m, 25-30 cm de firme de zahorra compactada, bordillos de madeira e granito.
  • Unha pasarela de madeira pilotada de 100 m de lonxitude sobre zona asolagable.
  • Unha escolleira, con pedras de alomenos unha tonelada de peso cada unha, ao longo de 291 m sobre zona asolgable.
  • Dúas pasarelas para cruzar o río.

No proxecto non se indica orzamento pero é de temer que, como de cotío nestes casos, seguramente sexa moi abultado perxudicial para a situación económica actual na Xunta de Galicia e malia que, segundo declaracións do seu Presidente nunha recente entrevista:

  • “Temos que axustar o sistema de benestar aos nosos ingresos".
  • “Tivemos tensións de tesourería para pagar facturas".
  • “Pedimoslle un esforzo aos profesores para incrementar as horas, aos pensionistas pedimoslle 8 euros ao mes para pagar os medicamentos, subiu o IRPF e o IBI".

 

 

E na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, a situación é a seguinte:

  • A Dirección Xeral de Conservación da Natureza afirma non ter cartos para consignar orzamentos claros e concretos nos plans de conservación de especies máis ameazadas de Galicia actualmente en tramitación (sapoconcho común, píllara das dunas e escribenta das canaveiras iberooccidental) e apenas inviste no Parque Nacional, nos Parques Naturais e nas zonas da Rede Natura 2000.
  • O investimento en educación ambiental prácticamente non existe.
  • Augas de Galicia despilfarra os seus recursos en paseos fluviais, innecesarios e ambientalmente prexudiciais, abandona o investimento en obras de depuración en Santiago de Compostela que ten que facer a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, saíndose do seu ámbito legal de actuación, como por exemplo co “Proxecto do colector interceptor xeral do río Sar. Tramo: Pontepedriña-EDAR de Silvouta en Santiago de Compostela (A Coruña)” executado no ano 2009 cun orzamento de máis de 21 millóns de euros

Polo devandito, SGHN ven de solicitar ao Presidente da Xunta de Galicia (PDF), ao Conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas (PDF) e ao Secretario Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (PDF):

  • Que se desbote totalmente o proxecto e se destine íntegramente o seu orzamento aos plans de recuperación e conservación de especies ameazadas e a iniciativas de conservación e desenvolvemento sostible na Rede Natura 2000.
  • Que adopte todas as medidas ao seu alcance para que todo o persoal ao seu cargo mude a súa mentalidade decimonónica sobre os cursos fluviais (escolleiras na beira dos ríos, infraestruturas en zonas asolagables, canalizacións,...) por outra máis propia do século en que vivimos. Ao respecto SGHN permíteuse recomendarlles uns vínculos web onde poder documentarse:

Novas alegacións de SGHN ao proxecto modificado. PDF.

Nova carta de SGHN ao Presidente da Xunta. PDF.