logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

LICs Río Eo, Río Landro e Río Ourol

"Limpar" hábitats e especies protexidas?

Santiago de Compostela, 25 de setembro de 2013
A Xunta de Galicia “anuncia que a Consellería de Medio Ambiente iniciará nos próximos días traballos de limpeza e recuperación fluvial en tres ríos da comarca da Mariña. A delegada territorial destacou que os traballos afectarán a tramos do Landro, Ouro e Foz, actuando en total nun espazo de arredor de 15,5 km. Dentro das actuacións a realizar contémplase a limpeza da vexetación arbustiva nas marxes e no leito dos ríos, así como á poda selectiva de árbores e arbustos naquelas zonas nas que resulte preciso. Na mesma liña, tamén se procederá á rozadura da maleza e recollida de residuos sólidos urbanos.”
(http://www.xunta.es/notas-de-prensa/-/nova/1234/raquel-arias-anuncia-que-conselleria-medio-ambiente-iniciara-nos-proximos-dias).

SGHN considera un pésimo exemplo para a cidadanía galega que a Consellería con competencias en Medio Ambiente, a traverso da Dirección Xeral de Conservación da Natureza:

  • Empregue os cualificativos “maleza” para referirse á vexetación e “limpeza” para referirse á súa eliminación.
  • Pretenda eliminar a vexetación arbustiva nas marxes e no leito dos ríos.
  • Proxecte unhas actuacións sen axustarse aos procedementos establecidos na Directiva 92/43/CEE, a Lei 42/2007 do Patrimonio Natural e da Biodiversidade e a Lei 9/2001 de Conservación da Natureza de Galicia en tres LICs con sobranceiros valores ambientais:
    • ES1120002 Río Eo: 5 hábitats de conservación prioritaria, 4 especies En perigo de extinción e 12 especies Vulnerables.
    • ES1120012 Río Landro: 2 hábitats de conservación prioritaria, 2 especies En perigo de extinción e 7 especies Vulnerables
    • ES1120013 Río Ouro: 4 hábitats de conservación prioritaria, 2 especies En perigo de extinción e 7 especies Vulnerables

Por estes motivos, SGHN solicitou á Consellería de Medio Ambiente (PDF):

  • Que desbote desbote totalmente a realización dos “traballos de limpeza e recuperación fluvial” proxectados nos LIC ES1120002 Río Eo, ES1120012 Río Landro e ES1120013 Río Ouro e adique os orzamentos para auténticos proxectos de conservación destos LICs.
  • Que deixe, xa, de empregar os cualificativos “maleza” para referirse á vexetación e “limpeza” para referirse á súa eliminación.

Mapa dos LICs de Galicia no que (de esquerda a dereita) se salientan os dos Ríos Landro, Ouro e Eo na Mariña luguesa.