logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Actividades 2014-16 de SGHN na ZEC "Gándaras de Budiño"

Pontevedra, 08-02-2017

A SGHN ven coordinando dende xa tres anos un programa de actividades para a recuperación e posta en valor da biodiversidade e ecosistemas do espazo natural ZEC Gándaras de Budiño. Neste periodo participaron un número cada vez maior de persoas e diferentes colectivos locales:

  • 2014: 7 actividades, 97 participantes.
  • 2015: 12 actividades, 174 participantes
  • 2016: 21 actividades, 363 participantes
  • Total: 40 actividades convocadas con éxito, a maioría de participación pública e gratuíta.

Actualmente, un grupo estable de voluntarios participan nos traballos medioambientais e as actividades mensuais teñen cada vez máis resposta participativa, con colectivos e persoas locais que valoran o espazo natural. A participación está aberta a tódolos interesados de calquera idade.
Hai que agradecer o apoio do Concello do Porriño, a Comunidade de Montes de San Salvador de Budiño e o Servizo de Conservación da Natureza, que participan nas actividades ambientais e especialmente no Proxecto de Restauración da parcela onde se ubicaba o malogrado "Centro de interpretación da Natureza de As Gándaras de Budiño".
Actualmente, o grupo de voluntarios desenvolve un proxecto dentro do Programa Voz Natura, adicado á restauración e posta en valor dos valores naturais do espazo natural.
No 2017 a intención é continuar co plan de traballo actual, de poñer en valor o espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do Louro a través da participación en actividades de coñecemento do medio e de restauración ecolóxica da parcela na que temos acordo co Concello, con xornadas de voluntariado no terreo, reforestacións e adecuación de hábitats para fauna.
Máis información para participar: na web, facebook e gandaras@sghn.org

 

Día Internacional dos Humidais nas Ribeiras do Louro

O Porriño, febreiro 2017

http://www.worldwetlandsday.org/es , SGHN www.sghn.org e a Asociación Trezecatorze www.facebook.com/asociacion.trezecatorce coa colaboración do Programa Voznatura www.voznatura.com organizan un roteiro interpretativo pola Ruta dos Humidais en Salceda. A actividade consiste nunha saída guiada adicada ó coñecemento dos humedais das Ribeiras do Louro e ós servicios ecosístemicos deste tipo de áreas naturais. Esta data pretende crear conciencia sobre a importancia dos humidais para a vida, destacar as oportunidades e limitacións no desenvolvemento e uso dos humidais e crear alianzas que xeneren cambios positivos nestes hábitats. O percorrido ten 8 km e discurrirá diversos hábitats nas ribeiras do Louro, sendo de dificuldade baixa e axeitado para tódalas idades.
Entre os valores naturais que alberga esta zona pegada a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha grande biodiversidade. Destacan a flora adaptada a estes hábitats, as poboacións de aves acuáticas e aves de bosque autóctono, anfibios, reptis, mamíferos e invertebrados.
O obxetivo desta actividade é a divulgación dos valores naturais e etnográficos deste espazo natural e aportar datos para o coñecemento da biodiversidade e o estado ambiental.
Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org
*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que poidan ocorrer.

ATENCION: temos alerta de mal tempo para esta finde semana. Por favor, enviade email ou whattsapp se vos apuntades a este roteiro e estade atentos por se temos que o cancelar.

 

Restauración ecolóxica nas Gándaras de Budiño

Porriño, 30-11-2016

Dentro do Proxecto de Restauración de Hábitats na ZEC Gándaras de Budiño, para recuperar o terreno onde se ubicaba o malogrado "Centro de Interpretación", o vindeiro domingo 4 de decembro realizaremos tarefas de plantación de árbores, coidados da vexetación, inventariado de biodiversidade, limpeza de lixo e eliminación de prantas exóticas invasoras. Traballo manual con horario de 10:30 a 14:00. Os participantes en anteriores actividades tendes prioridade. Por favor, enviade un email para anotaros e indicamos punto de encontro).

As prazas son limitadas e restrinxidas a socios da SGHN e colaboradores do Proxecto ValoráNatura. Inscrición gratuíta OBRIGATORIA no correo electrónico: gandaras@sghn.org

 

Routeiro das poldras, pontes e pontellas nas Gándaras de Budiño

Porriño, 10-11-2016

Co gallo do DÍA INTERNACIONAL DEL PATRIMONIO MUNDIAL a SGHN organiza un roteiro polo espazo natural das Gándaras de Budiño adicado á identificación do patrimonio cultural no espazo natural. A actividade consiste nunha andaina guiada para visitar diversos puntos nos que se poden observar poldras, pontes e pontellas, que son elementos etnográficos de gran importancia cultural, social e histórica. Este patrimonio cultural está fortemente ligado ós ecosistemas e ós antigos usos dos recursos naturais e forma de vida no val do Louro. Durante o percorrido se visitaran diversas paraxes naturais e rexistraranse tódalas especies observadas para contribuír ó Catálogo de Biodiversidade da Zona de Especial Conservacion (ZEC) Gándaras de Budiño.

Entre os valores naturais que alberga a ZEC das Gándaras de Budiño están hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese europeo como as breixeiras húmidas. Neste espazo natural se teñen inventariado 34 poldras, pontes e pontellas como resultado dos traballos de investigación etnográfica. É imprescindible levar calzado impermeable e o necesario para pasar unha mañá de outono á beira do río Louro

Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org

 

Xullo 2016: 4º Testing fotográfico da biodiversidade nas Gándaras de Budiño

Porriño, 29-06-2016

A SGHN e Biodiversidad Virtual organizan o 4º Testing fotográfico de biodiversidade no espazo natural das Gándaras de Budiño. A actividade consiste en fotografar o máximo número de especies de fauna e flora dunha zona para despois contribuír coas imaxes ó Proxecto ”Biodiversidad Virtual" www.biodiversidadvirtual.org e participar no Catálogo de Biodiversidade do ZEC Gándaras de Budiño.

É imprescindible unha cámara de fotos que pode ser compacta ou réflex, incluso un tfno. móvil, no posible con capacidade macro para sacar fauna e flora pequena de cerca. É necesario levar roupa axeitada para pasar unha mañá á beira do río Louro. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org

Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade.

*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.

Domingo 5 de xuño 2016: Roteiro ambiental polas Gándaras de Budiño

Porriño, 1-06-2016

Co gallo do DIA MUNDIAL DO MEDIO AMBIENTE, SGHN, Asociación TrezeCatorze e Colectivo Matogueira organizan un roteiro polo espazo das Gándaras de Budiño (O Porriño-Tui). Sairase ás 10:00 horas do aparcadoiro dos observatorios e rematará ás 14:00 horas. (saída 21 "Gándaras Sur" da autovía A-55 de Porriño a Tui). O recorrido será circular dende a lagoa de Orbenlle, turbeira de Cerquido, turbeira de Albelos, Ribadelouro, bosque de ribeira do Louro e lagoa de Orbenlle.

É necesario levar roupa axeitada para pasar unha mañá á beira do río Louro. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org

Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade.

*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.

 

Sábado 21 Maio 2016: Inspección de primavera do Río Louro

Porriño, 21-05-2016

Co gaio do DIA EUROPEO DA REDE NATURA 2000 e o DIA INTERNACIONAL DA DIVERSIDADE BIOLÓXICA, a SGHN organiza a Inspección do Río Louro. Trátase da inspección de Primavera do Proxecto Ríos. O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade. A actividade consiste en tomar datos sobre a calidade hidromorfolóxica, fisico-química e biolóxica do río nun tramo de 500 m. Mediremos pH, nitratos, temperatura, osíxeno disolto e turbidez, e identificaremos a fauna acuática e a flora do leito.

É necesario levar roupa axeitada para pasar unha mañá de primavera á beira do río Louro. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org

Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación “ZEC Gándaras de Budiño”, destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade.

*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.

 

Día internacional do patrimonio mundial. Novembro 2015

Gándaras-Pontevedra, 12-11-2015

Co gaio do DÍA INTERNACIONAL DEL PATRIMONIO MUNDIAL a SGHN organiza un roteiro polo espazo natural das Gándaras de Budiño adicado á identificación do patrimonio cultural no espazo natural. A actividade consiste nunha andaina guiada para visitar diversos puntos nos que se poden observar poldras, pontes e pontellas, que son elementos etnográficos de gran importancia cultural, social e histórica. Este patrimonio cultural está fortemente ligado ós ecosistemas e ós antigos usos dos recursos naturais e forma de vida no val do Louro. Durante o percorrido se visitaran diversas paraxes naturais e se rexistrarán tódalas especies observadas para contribuír ó Catálogo de Biodiversidade da Zona de Especial Conservación (ZEC) Gándaras de Budiño.


No espazo natural ZEC das Gándaras de Budiñose teñen inventariado 34 poldras, pontes e pontellas como resultado dos traballos de investigación etnográfica.

É necesario levar roupa axeitada para pasar unha mañá á beira do río Louro. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org
Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación "ZEC Gándaras de Budiño", destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade.

*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.

 

Setembro 2015: Inspección de outono do Río Louro

“Gándaras-Pontevedra, 17-09-2015

A SGHN organiza a Inspección do estado medioambiental do río Louro dentro do Proxecto Ríos en colaboración con ADEGA.

O Proxecto Ríos é unha iniciativa de concienciación, educación e participación cidadá en defensa dos ríos. Fundaméntase na realización de inspeccións do estado dos ríos por parte de persoas ou grupos voluntarios a nivel local, co obxectivo final de facerse responsables da vixilancia do río que pasa polo seu municipio ou localidade. A actividade consiste en tomar datos sobre a calidade hidromorfolóxica, fisicoquímica e biolóxica do río nun tramo de 500 m. Mediremos pH, nitratos, temperatura, osíxeno disolto e turbidez, e identificaremos a fauna acuática e a flora do cauce.

É necesario levar roupa axeitada para pasar unha mañá á beira do río Louro. Prazas limitadas. Inscrición gratuíta obrigatoria no correo electrónico: gandaras@sghn.org
Entre os valores naturais que alberga a Zona de Especial Conservación "ZEC Gándaras de Budiño", destacan os hábitats prioritarios como as turbeiras, os bosques de ribeira e hábitats de interese comunitaria como as breixeiras húmidas, que albergan unha gran biodiversidade.

*Trátase dunha actividade gratuíta e aberta a tódalas persoas interesadas. Cada participante é responsable único das súas accións e accidentes que puideran producirse. Os convocantes da actividade non se responsabilizan a nivel persoal nin colectivo dos accidentes que podan ocorrer.

 

Informe anual de actividades nas Gándaras de Budiño

Pontevedra, 07-07-2015

O espazo natural das Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro, con varias zonas húmidas e ecosistemas contiguos de moito valor natural propiciaron a inclusión na Rede Natura 2000. Isto non impediu que sufrira unha grande transformación ó longo dos anos e hoxe en día está totalmente transformada e perdeu unha parte dos seus hábitats. O espazo natural alberga 5 hábitats prioritarios con boas representacións de vexetación acuática e turbeiras e importantes formacións de bosque de ribeira. Inclúe varias decenas de especies de vertebrados e invertebrados protexidos, destacando unha das derradeiras poboacións de sapoconcho europeo (Emys orbicularis) de Galicia e España, e que é a principal localidade de cría regular de Charneco (Anas crecca) en España.

Dende 2014, socios da SGHN realizan un programa de seguemento medioambiental centrado no espazo natural LIC Gándaras de Budiño, baseado en actividades programadas de voluntariado con periodicidade mensual, xunto cun seguemento do estado ambiental dos ecosistemas por un equipo de voluntarios e colaboradores. Presentamos o primeiro informe global (PDF) do desenvolvido ata a data. Gracias a tódolos colaboradores.

 

Actividade de SGHN, Verdegaia e AHE nas Gándaras de Budiño

Pontevedra, 03-07-2015

Co gallo do DIA MUNDIAL DO MEDIOAMBIENTE, a SGHN, Verdegaia e AHE celebraron o 6 de xuño de 2015 unha actividade para contribuir ós obxectivos de conservación da biodiversidade na Rede Natura 2000.

O obxetivo desta actividade medioambiental no espazo natural Gándaras de Budiño, foi a divulgación dos valores naturais do espazo natural e aportar datos para o coñecemento da biodiversidade e o seu estado ambiental. A actividade consistiu nunha ruta circular guiada polos diversos ecosistemas do ZEC Gándaras de Budiño, ligados ás Ribeiras do río Louro, observando fauna e flora do espazo natural. Máis información no informe (pdf) da xeira.

Recheo nas beiras do LIC Gándaras de Budiño

O Porriño, 08-05-2015

SGHN e Verdegaia presentaron tres escritos á Consellería Medio Ambiente e Infraestruturas (pdf), Consellería de Industria (pdf) e Concello do Porriño (pdf) por mor dun recheo nunha barreira sita no concello de O Porriño, no límite co LIC “Gándaras de Budiño”. Segundo o SIOTUGA, este terreo está catalogado como Solo Rústico de especial Protección de Espazos Naturais (SRPEN).

Este recheo presuntamente non conta coas autorizacións pertinentes e o acúmulo de barro ter alto risco de escorregar hacia os humidais do LIC LIC “Gándaras de Budiño” (O Porriño-Pontevedra). Tamén hai un alto risco que o material de recheo conteña elementos tóxicos, dado o seu aspecto e granulometría.

Verdegaia e SGHN solicitan que se investigue esta situación e os riscos que conleva, así como que se identifique a quen fixo a autorización administrativa, caso de existir.

 

Demoler unha ruina carísima e crear un hábitat para os anfibios do LIC Gándaras de Budiño

Pontevedra, 19-03-2015

Presentouse conxuntamente por parte de Asociación Herpetológica Española (AHE), Verdegaia e SGHN sendos escritos ó Concello do Porriño (Pontevedra) (PDF) é á Consellería de Medio Ambiente, Infraestruturas e Ordeación do territorio (PDF), solicitando a restauración da parcela onde se construíra o Centro de Interpretación das Gándaras de Budiño, que costou 420.000 € e que xamais foi inaugurado, caendo na ruina e sendo necesaria a súa demolición, despois dun fatal accidente.

A proposta consiste na conversión da parcela nun vaso inundable para favorecer as poboacións de anfibios da zona.

 

Actividade de restauración ambiental na barreira de Orbenlle no LIC Gándaras de Budiño (O Porriño)

Pontevedra, 16-02-2015

Dentro do traballo medioambiental que a SGHN, AHE e Verdegaia veñen desenrolando no espazo natural Gándaras de Budiño e Ribeiras do río Louro, o domingo 8 de febreiro de 2015 tivo lugar unha actividade de voluntariado ambiental dentro do LIC. O motivo de esta actuación é contribuír a acadar 2 dos obxectivos xerais de conservación para a Rede Natura 2000 o os obxetivos para as zonas especiais de conservación e lugares de importancia comunitaria recollidos no Plan Director da Rede Natura 2000 de Galicia:

  • Garantir a biodiversidade mediante a conservación dos hábitats naturais e de fauna e flora silvestres
  • Manter e restablecer o estado de conservación favorable dos hábitats naturais das especies de interese comunitario

As chamadas “barreiras” son antigas minas de barro e arxilas, que foron abandoadas por cese da explotación. Os buratos escavados, o non haber intervención humana, co tempo se foron naturalizando e actualmente moitas barreiras son verdadeiras charcas de orixe antrópico que teñen importantes valores ecolóxicos e acubillan unha gran biodiversidade. Destacan as poboacións de varias especies moi ameazadas e cunha área de distribución moi restrinxida en Galicia como o sapoconcho común (Emys orbicularis), o charneco (Anas crecca) que atopa nas Ribeiras do Louro o seu único punto de cría regular na Península Ibérica.

O plan de traballo foi realizar unha limpeza manual por un grupo de voluntarios para a retirada dos abundantes residuos acumulados nas beiras da barreira de Orbenlle. Ademais se realizou a restauración dun panel informativo e se realizou unha valoración do estado do hábitat protexido.

Coa autorización expedida pola Consellería de Medio Ambiente da Xunta e o acordo do propietario da concesión mineira, 9 voluntarios realizaron unha limpeza do residuos sólidos de forma manual con luvas e bolsas plásticas, e realizando a entrada a pé na barreira respectando ó máximo a conservación do hábitat prioritario.

Como resultado se retiraron 18 sacos de lixo formado por plásticos, metais e vidro, e varios trozos de residuos sólidos grandes. Se detectaron 3 puntos de verquido de entullos de obra e residuos sólidos urbanos, nas beiras adxacentes á estrada que bordea a barreira na parroquia de Orbenlle, que danan gravemente o ecosistema e son unha fonte de contaminación das augas. Solicitarase vixilancia e a colocación de carteis nos puntos de vertido á Consellería de Medio Ambiente da Xunta.

 

Tres organizacións medio ambientais detectan graves deficiencias
nas obras de restauración das Gándaras de Budiño financiadas pola UE

Pontevedra, 22-10-2014

A Sociedade Galega de Historia Natural (SGHN), Asociación Herpetológica Española (AHE) e Verdegaia veñen de presentar un escrito común (PDF) solicitando que se cumpra o “Proxecto de Restauración do LIC Gándaras de Budiño”, tal como se especifica no “Convenio de Colaboración entre el Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente y la Comunidad Autónoma de Galicia relativo a Actuaciones de Conservación en la Red NATURA 2000” cun investimento de 1.309.513 € cofinanciado nun 70% por fondos FEDER da Unión Europea.

As organizacións presentaron dous escritos no rexistro da Xunta solicitando o seguimento axeitado e continuo das obras (executadas por TRAGSA) polos técnicos responsables do LIC na Xunta e o cumprimento do Plano de Obra do Proxecto.

En agosto de 2014 abriuse unha pista de terra compactada formando un dique para acceso de maquinaria pesada, consolidada con pedras e recuberta nas abas con terra vexetal, no LIC Gándaras de Budiño, na zona posterior do Parque de Bombeiros ocupada por vexetación acuática do ecosistema lagunar. En setembro a pista acada o centro do vaso principal da “Lagoa de Orbenlle”, zona central da antiga gran lagoa do LIC. En outubro a pista está compactada e prevese que non se retire. O obxectivo da Consellaría de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia é deixar a pista permanentemente comprometendo gravemente o futuro do “corazón” do espazo natural.

A obra de TRAGSA, moi agresiva para a fauna e flora da lagoa das Gándaras de Budiño, realízase na área crítica de conservación de sapoconcho europeo (Emys orbicularis) no LIC. Permite un acceso innecesario, incrementando as molestias á fauna, tanto herpetolóxica como á avifauna. Facilita o acceso de cánidos, gatos, visón americano e outros depredadores. Estes dous factores reducen gravemente a zona de descanso e reprodución da avifauna residente e invernante do espazo natural: aves acuáticas de varias especies e paseriformes como a escribenta das canaveiras (Emberiza schoeniclus) que ten un Plan de Recuperación en Galicia. Ademais a pista supón unha vía de entrada de especies exóticas de fauna e flora ó corazón do LIC.

Por outra parte, a pista é de acceso público e compromete a seguridade dos transeúntes e ter risco de accidentes. Observáronse deficiencias graves na realización da escavación e no material empregado para recubrir as pistas usadas como plataforma de traballo. Detectouse a presenza de restos de lodos de corte de granito, material tóxico que non pode ser empregado como recheo. As choivas de setembro erosionaron o dique contruído e provocaron arrastre de materiais ó vaso da lagoa e zonas de asolagamento. Ademais, a contaminación crónica por remoción de materiais tóxicos, danará gravemente as redes tróficas, a lagoa e a saúde do río Louro.

Por último, as organizacións constataron que camións con terra extraída na zona foron baleirados na antiga barreira do Cerquido, propiedade privada fóra do LIC e aterrada recentemente, feito denunciado polas tres asociacións: SGHN, AHE e Verdegaia.

As tres organizacións ambientais subliñan que o “LIC Gándaras de Budiño” pertence á Rede Natura 2000 da Unión Europea (código ES1140011) e que estas actuacións, vulneran diversas normativas ambientais, como a Lei 42/2007, de 13 de decembro, do Patrimonio Natural e a Biodiversidade e a Directiva 2004/35/CE do Parlamento Europeo e do Consello, de 21 de abril de 2004, sobre responsabilidade medioambiental en relación coa prevención e reparación de danos medio ambientais.

 

Queixa conxunta de AHE, SGHN e Verdegaia

Un recheo no LIC Gándaras de Budiño afecta a tres especies ameazadas

Pontevedra, 15-10-2014

A Asociación Española de Herpetogía (AHE), Verdegaia e SGHN presentaron un escrito común (PDF) polo recheo dunha barreira no Cerquido (perto das Gándaras de Budiño). Nesta barreira observáronse tres individuos de sapoconcho europeo (Emys orbicularis), especie que conta cun Plano de Recuperación da Xunta de Galicia e está catalogada como “en perigo de extinción” no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (en adiante C.G.E.A.).  Outras especies interesantes eran o espiñento (Gasterosteus aculeatus), especie catalogada como “vulnerable” no C.G.E.A. e diversos anfibios como  limpafontes verde (Triturus marmoratus), limpafontes común (Lissotriton boscai), sapiño pinto (Discoglossus galganoi), ra patilonga (Rana iberica) catalogada como “vulnerable” no C.G.E.A., estroza (Hyla arborea), ra verde (Pelophylax perezi), sapo curriqueiro (Bufo calamita) e sendo incluso unha zona potencial de cría do sapiño de esporóns (Pelobates cultripes), en perigo de extinción no L.I.C. e catalogada como “vulnerable” no C.G.E.A.

Este recheo produciuse dende agosto e a pesares de informar o 17-09-2014 ó Consello Galego de Medio Ambiente da situación, e a pesar da presenza e actividade dos axentes de Medio Ambiente na zona, as obras non foron paralizadas para rescatar alomenos parte desta interesantes especies.

As entidades sinantes deste escrito non entenden a actitude dunha Administración que non velou sequera pola integridade física dos seus traballadores mentres estes trataban de retirar as especies que podían en medio do aterramento con centos de camións de terra mentres se traballaba contrarreloxio en condicións difíciles. Entre outros temas solicitouse á Consellería que informe das causas polas que non se seguiron as condicións determinadas no plan da obra, en especial no relativo á desecación completa do vaso da barreira e a retirada “in vivo” da fauna acuática e liberación en zona adecuada do L.I.C. previamente ao recheo.

 

AHE, SGHN e Verdegaia piden a reposición da legalidade no LIC Gándaras de Budiño

Pontevedra, 10-10-2014

A Asociación Española de Herpetogía (AHE), Verdegaia e SGHN presentaron un escrito común (PDF) pedindo a restauración da legalidade vixente no LIC de Gándaras de Budiño (O Porriño, Pontevedra).

Entre outas agresións, detectouse a posible ocupación ilegal de terreos do LIC por unha empresa. Por este motivo, solicitouse á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que investigue o tema e en caso de confirmase as sospeitas das entidades sinantes, se proceda ás actuacións necesarias para reverter as obras.

 

Trátase dunha das plantas invasoras máis perigosas a nivel mundial

AHE, SGHN e Verdegaia piden o control de Fallopia japonica nas Gándaras de Budiño

Pontevedra, 13-08-2014

Tres asociacións ambientais (Verdegaia, Asociación Herpetológica Española e SGHN) presentaron o pasado 23-07-2014 un escrito (PDF) diante da Dirección Xeral de Conservación da Natureza alertando da presenza de Fallopia japonica (Reynoutria japonica) en varios puntos próximos ó LIC das Gándaras de Budiño (Pontevedra). A resposta foi rápida (PDF) aínda que desalentadora: o terán en conta para o ano que ven.

Esta especie vexetal, incluida no Catálogo Español de Especies Invasoras está considerada como unha das máis agresivas para o medio ambiente e as infraestruturas, xa que as súas raizames poden destruir elementos coma pontes, estradas, tuberías, canles e casas. A ameaza é tan grande que en Gran Bretaña, onde o seu control custa anualmente 208 millóns de euros, algúns bancos non conceden hipotecas para vivendas que teñen a planta no seu xardín (máis 1...; máis 2...)

En Galicia, cada día que pasa vai ser máis difícil e costoso erradicala.

Imaxes: Distribución actual (abaixo) e potencial (arriba) de Fallopia japonnica en España segundo a ficha técnica do MAGRAMA (PDF).