A Sociedade Galega de Historia Natural presentou os pasados 28 e 29 de abril de 2011 tres escritos diante do Concello do Grove (PDF), Consellería de Medio
Rural (PDF) e Deputación de Pontevedra (PDF sobor do proxecto de construcción dun campo
de golf no Monte Siradella (O Grove). A SGHN solicita que nin se apoie nen
se promova tal proxecto por parte da administración, xa que a zona é un
espacio LIC (Lugar de Importancia Comunitaria) integrado na Rede 2000 da
Unión Europea con varias especies animais e vexetais de interese. A SGHN
considera que os argumentos de convivencia do campo de golf e o espacio
natural non son correctos, pois a creación do campo implica a destrucción
irreversible da delicada e especializada flora dunar e alterar a zona de
reprodución e campeo de varios anfibios e invertebrados. Por outro lado, o
manter un campo de herba nunha zona dunar implica un consumo de auga enorme,
especialmente no vrao, aparte da potencial contaminación das augas por uso
de herbicidas e outros pesticidas.
Noutro senso, plantexouse á Deputación de Pontevedra que é eticamente
rexeitable ser a mesma entidade que promove as Pousadas do Salnés, con unha
xusto compartindo terreos co campo de golf que tamén é apoiado por esta
mesma Deputación, empregando en ámbolosdous casos cartos públicos para
proxectos privados que restan o usofructo público actual.
A SGHN igualmente manifesta o seu apoio ó Colectivo Ecoloxista do Salnés e á
Plataforma contra o Campo de Golf a favor da conservación pública e
ambiental desta zona. |