logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Plantación de piñeiros nun LIC e hábitat de especies ameazadas no Canón do Sil

Santiago-Ourense, 31-03-2015

SGHN tivo coñecemento da realización dunha plantación de piñeiros no polígono 2, parcela 252 do concello de Parada de Sil (Ourense) que está incluida:

Segundo datos de SGHN, entre as especies de aves ameazadas presentes na zona están o miñato real (Milvus milvus), o voitre branco (Neophron pernocpterus), a gatafornela (Circus cyaneus), a tartaraña cincenta (Circus pygargus) e a águia real (Aquila chrysaëtos).

De acordo co establecido no Plan Director da Rede Natura 2000 (Decreto 37/2014) dita actuación está suxeita a autorización preceptiva da Dirección Xeral de Conservación da Natureza, polo que SGHN ven de solicitarlle copia de todos os informes emitidos sobre dita plantación (PDF).