logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Aproveitamento hidroeléctrico no río Cancelada (Cervantes, Lugo)

Santiago, 01-11-2012

Como xa fixera o 05-07-2011 diante do Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Marino (PDF), SGHN ven de presentar á Confederación Hidrográfica do Cantábrico alegacións á solicitude de concesión de caudal de auga de 12.000 l/s no río Cancelada e ao E.I.A. do proxecto “Aproveitamento hidroeléctrico no río Cancelada, Salto de Santo Tomé, Termo municipal de Cervantes, provincia de Lugo”, presentado pola empresa P.G.P. de Energía S.A. (PDF) pois:

  • O proxecto pretende executarse no LIC Ancares-Courel (LIC ES1120001) ignorando que:
    • Os aproveitamentos hidroeléctricos non se consideran aproveitamentos tradicionais polo que non teñen cabida nun LIC segundo a lexislación vixente (Artigo 6 da Directiva Hábitat 92/43/CEE).
    • O Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Rede Natura 2000 da Xunta de Galicia establece textualmente que “o territorio delimitado polo espacio protexido da Rede Natura 2000 considérase como área de exclusión á hora de planificar e autorizar novos aproveitamentos... de enerxía hidroeléctrica”.
  • Malia as alegacións presentadas nese senso por SGHN con data 05-07-2011 (PDF) respecto o daquela denominado “Documento ambiental”, o EIA segue a carecer dunha revisión actualizada da lexislación ambiental, omitindo toda referencia a diversos instrumentos legais europeos, estatais e autonómicos:
    • Directiva 2000/60/CE pola que se establece un marco comunitario de actuación no ámbito da política de augas.
    • Ley 42/2007 do Patrimonio Natural e a Biodiversidade.
    • Real Decreto 39/2011 do Catálogo Español de Especies Ameazadas.
    • Decreto 88/2007 do Catálogo Galego de especies ameazadas.
    • Plan de Ordenación dos Recursos Naturais da Rede Natura 2000 en Galicia, actualmente en información pública.
  • O EIA ignora a existencia na zona de 4 hábitats de interese ou de conservación prioritaria na Unión Europea (Anexo I Directiva Hábitat 92/43/CEE):
    • Ríos alpinos con vexetación leñosa nas súas ribeiras de Salix elaeagnos (Código 3240).
    • Uceiras secas europeas de solos ácidos dominados por Erica, Calluna e Ulex (Código 4030).
    • Megaforbios eutrofos higrófilos do piso montano (Código 6430).
    • Bosques aluviais de Alnus glutinosa e Fraxinus excelsior montanos (Código 91E0).
    • Bosques galaico-portugueses con Quercus robur e Quercus pyrenaica montanos (Código 9230).
  • No relativo ao medio fluvial o EIA non contempla a captación tradicional de caudais para rega dos prados de fondo de val, uso tradicional de interese socioeconómico (explotacións gandeiras) e ambiental (hábitats de interese comunitario, paisaxe valiosa, refuxio de biodiversidade ameazada). Tampouco ten en conta o deterioro dos ecosistemas acuáticos nos ríos Cervantes e Navia polo incremento da sedimentación e agravamento dos efectos da contaminación difusa e os periodos de déficit hídrico.
  • No apartado faunístico o EIA ignora totalmente aos invertebrados e alomenos 11 especies de vertebrados ameazados (Libros vermellos estatais, Decreto 88/20077, Anexo I Directiva Aves): Chioglossa lusitanica, Pernis apivorus, Hieraaetus pennatus, Galemys pyrenaicus, Hypsugo savii, Tadarida teniotis, Plecotus auritus, Myotis "grupo" nattereri.
  • No apartado socioeconómico o EIA non contempla as afeccións negativas sobre os establecementos de turismo rural na zona.

Por todo o cal, SGHN solicitou que a Confederación Hidrográfica do Cantábrico e o Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente acorden unha Declaración de Impacto Ambiental negativa e desestimen totalmente a concesión de caudal de auga solicitado e a realización do devandito proxecto.