| |
Outra subdivisión de proxectos incumprindo a lexislación de AIA
ALEGACIÓNS AO PARQUE EÓLICO ACIBAL |
A SGHN presentou o 31-12-2011 un escrito (PDF) á Consellería de Industria aportando unha serie de alegacións ó proxecto de construcción dun parque eólico no parque eólico Acibal, na provincia de Pontevedra (expediente IN661A 2010/6-4; PDF), así como unha lista de suxerencias para reducir o impacto á fauna e flora local:
- Modificación dos accesos, aproveitando outros existentes ó oeste do futuro parque e así evitar máis alteracións a unhas brañas bastante ricas flora e fauna de interese:
- Flora: Drosera rotundifolia e Arnica montana
- Anfibios: Lissotriton helveticus, Triturus marmoratus, Lissotriton boscai, Salamandra salamandra, Rana iberica, Pelophylax perezi, Hyla arborea, Discoglossus galganoi, Bufo bufo, Bufo calamita.
- Réptiles: Podarcis bocagei, Lacerta schreiberi, Timon lepidus, Anguis fragilis, Chalcides striatus, Natrix natrix, Natrix maura, Malpolon monspessulanus, Coronella austriaca, Coronella girondica, Vipera seoanei.
- Mamíferos: Canis lupus, Vulpes vulpes, Meles meles, Lutra lutra, Sus scrofa, Capreolus capreolus, Orictolagus cuniculus.
- Construccións de pasos canadienses axeitados para evitar se converter en trampas para micromamíferos, anfibios e réptiles.
Por outra banda, hai tres anos presentouse un proxecto de liña de alta tensión nesta zona (L.A.T. 66 KV TIBO SAN JORGE, promovido por UNIÓN FENOSA DISTRIBUCIÓN, S.A., (CLAVE: 2009/0206), que tivo unha resolución positiva por parte da Xunta de Galicia (PDF) malia pasar por dúas fragas de interese, en concreto ás fragas de A Picota e tamén á fraga de San Mamede de Amil, ambas masas forestais autóctonas considerables, dunha extensión que iguala ou supera as 50 Ha en cada caso, por tanto únicas no entorno das Rías Baixas (Ver fotografías, cortesía da Asoc. Lobo).
Dado que no proxecto do parque eólico non aparecen as liñas de conducción eléctrica, isto fainos supor que o proxecto de liña de alta tensión é subsidiario do proxecto de parque eólico. De feito esta liña de alta tensión prevé comunicar a presa hidráulica de San Xurxo de Sacos coa subestación de Tibó (Caldas de Reis). De ser este o único motivo do seu trazado, pasaría uns 10 km máis ó Norte, evitando a Serra do Acibal.
De seren así, estarían contravindo a normativa Española e Europea por dividir un único proxecto en dous.
Por todos este motivos solicitouse un novo estudo de impacto ambiental que recolla ambosdous proxectos e as propostas realizadas pola SGHN. |

|

Fotografías: Fragas de A Picota e de San Mamede de Amil (imaxes cortesía da Asociación Lobo). |
"PARQUE EÓLICO DA BIOSFERA" TERRAS DO MIÑO |
Nas Reservas da Biosfera, as "zonas núcleo" están constituidas polos ecosistemas mellor conservados e máis representativos da Reserva, polo que gozan da maior protección legal que únicamente permite actividades compatibles coa conservación da paisaxe, os ecosistemas e as especies que contén. As "zonas tampón" rodean ás zonas "núcleo" e as actividades que nelas se desenvolven están organizadas de tal xeito que non sexan un obstáculo para os obxectivos de conservación das zonas núcleo.
Ao longo de 2011 a Xunta de Galicia comezou a tramitación ambiental de quince parques eólicos no ámbito da Reserva da Biosfera "Terras do Miño", catorce dos cales se situarían en "zonas tampón" cun total de 156 aeroxeneradores, a meirande parte dos cales terían unha altura de 99-120 m ata o buxe e un diámetro dos rotores de 101-112 m, pero algúns, precisamente no bordo mesmo dunha "zona núcleo" terían alturas de 120 m ata o buxe e diámetro dos rotores de 150 m polo que acadarían unha altura total de 195 m.
Por iste motivo, SGHN ven de solicitar á Presidenta do Comité Español de Reservas da Biosfera (a Ministra de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño, PDF) que se realice de forma urxente e inmediata unha avaliación científica e obxectiva sobre o impacto desta avalancha de parques eólicos sobre o estado de conservación dos tipos de hábitats de interese comunitario e especies de flora e fauna estrictamente protexida no ámbito da Reserva da Biosfera de Terras do Miño. SGHN solicita tamén que o seu escrito, e os informes que do mesmo se desprendan, se teñan en conta no proceso de avaliación decenal da Reserva da Biosfera de Terras do Miño, e sexan remitidos en consecuencia aos departamentos da UNESCO e da Rede Mundial de Reservas da Biosfera. |
RESERVA DA BIOSFERA “TERRAS DO MIÑO” |
| Parque Eólico |
Clave
proxecto |
Concello |
Aeroxeneradores |
| Nº |
Mw |
Altura |
Diámetro |
| *Monciro |
2011/065 |
Castroverde, Pol |
21 |
2 |
87 |
78 |
| *Ligonde-San Simón |
2011/097 |
Palas de Rei, Guntín, Monterroso |
18 |
2 |
78 |
90 |
| *Montes de Abellá-Lu/11 |
2011/109 |
Triacastela, Láncara, Becerreá |
5 |
3 |
120 |
112 |
| *Neda |
2011/110 |
Abadin, A Pastoriza |
11 |
3 |
120 |
112 |
| *Carracedo |
2011/119 |
A Pastoriza |
3 |
3 |
120 |
112 |
| Sasdónigas Fase II |
2011/131 |
Mondoñedo |
3 |
3 |
120 |
112 |
| *Meda-Lu/11 |
2011/161 |
Lugo, Castroverde |
16 |
3 |
99 |
101 |
| *Serra da Lagoa |
2011/162 |
Láncara, Baralla |
16 |
3 |
99 |
101 |
| *Friol |
2011/164 |
Friol |
7 |
3 |
84-112 |
112 |
| *Canedo |
2011/195 |
Valadouro |
3 |
4,5 |
120 |
150 |
| *Pastoriza-Rodeiro |
2011/212 |
A Pastoriza |
15 |
3 |
99 |
101 |
| *Serra Punago-Vacariza |
2011/213 |
Castroverde, Baralla, Baleira |
16 |
3 |
99 |
101 |
| *Serra da Lagoa-Lu/11 |
2011/215 |
Baralla |
10 |
3 |
84 |
112 |
| *Cordal de Ousá |
2011/216 |
Friol, Outeiro de Rei, Begonte |
7 |
3 |
99 |
101 |
| *Serra do Punago |
2011/217 |
Baralla |
8 |
3 |
100 |
109 |
* O parque eólico atópase total ou parcialmente dentro dunha zona tampón da Reserva da Biosfera. Para os aeroxeneradores dase a potencia unitaria en megavatios e as dimensións en metros. |
REPOTENCIACIÓN DO PARQUE EÓLICO DA CAPELADA: Sí, con condicións |
En relación coa Consulta sobre Contido do Estudio de Impacto Ambiental (EIA) dos proxectos de Repotenciación dos Parques Eólicos Capelada I e II (Ortigueira, Cariño e Cedeira; A Coruña), SGHN ven de respostar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (ver PDF) que:
- A interpretación torticeira da normativa legal sobre avaliación de impacto ambiental permitiu no seu momento (anos 1995-97) a tramitación por separado dos proxectos de Parques Eólicos Capelada I e II sen avaliar os seus efectos acumulativos e sinérxicos malia que pertencen a un mesmo promotor e os seus aeroxeneradores están entremezclados nun espazo de apenas 5 x 3 km.
- Os arquivos de documentación recibidos reflicten sen dúbida algunha que son un só proxecto subdividido artificiosamente, polo que debera realizarse un único Estudio de Impacto Ambiental para os proxectos de Repotenciación dos P.E. Capelada I e II, no que se avalíen os efectos sinérxicos e acumulativos dos mesmos e cos parques eólicos existentes ou proxectados, do mesmo ou doutros promotores, na Área de Desenvolvemento Eólico Capelada.
|
- O incumprimento do espírito e a letra da Directiva 92/43/CEE, relativa á conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres, permitiu que 77 dos 95 aeroxeneradores dos P.E. Capelada I e II se situasen sobre hábitats de conservación prioritaria malia que non existían razóns imperiosas de interese público de primeiro orden (artigo 6 da DC 92/43/CEE) para que fosen afectados por proxectos de P.E. Non se pode repetir agora o mesmo despropósito e, xa que logo, non é aceptable a instalación do aeroxenerador B-5 e especialmente, o B-4 do Parque Eólico Capelada II en hábitats de conservación prioritaria non afectados actualmente pola infraestrutura eólica da zona.
- Os proxectos de Repotenciación dos Parques Eólicos Capelada I e II (aumentando nun 24% a potencia total instalada) supoñen unha mellora respecto á situación actual, pois a forte redución do número total de aeroxeneradores (de 95 a 13):
- Reducirá de 77 a 6 os aeroxeneradores que se atopan sobre hábitats de conservación prioritaria.
- Reducirá de 70 a 7 os aeroxeneradores dentro do LIC ES1110002 Costa Ártabra.
- Reducirá nun 61% a superficie total barrida polos rotores, polo que é esperable unha menor afección sobre a fauna de aves e quirópteros. Non embargante, o EIA debería analizar os datos dispoñibles de mortandade de aves e morcegos contra os aeroxeneradores existentes para determinar se algún(s) emprazamento(s) son máis perxudiciais para ditas especies, sobre todo as incluidas no Catálogo Español de Especies Amenazadas (Real Decreto 139/2011) e no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007), e telo en conta na decisión de ubicación dos novos aeroxeneradores.
- A reducción de aeroxeneradores será especialmente benvida nesta zona, tendo en conta o elevadísimo número existente actualmente pois, nun día despexado, dende o miradoiro da Herbeira son visibles case 1.100 aeroxeneradores.
|

Fotografía: Algúns dos aeroxeneradores do Parque Eólico Capelada I a sustituir. |

Fotografía: Ampliación da imaxe anterior na que se pode apreciar unha parte dos 1100 aeroxeneradores visibles dende o miradoiro da Herbeira. |
MÁIS AEROXENERADORES, MÁIS GRANDES AÍNDA |

Imaxe: Representación a escala dos novos aeroxeneradores e dun campo de fútbol homologado para partidos internacionais |
Continúa a auténtica avalancha de novos parques eólicos (P.E.) en Galicia: no que vai de 2011 SGHN personouse no trámite de información pública de 86 proxectos repartidos por toda Galicia.
Se a primeiros de ano chamaban a atención os novos aeroxeneradores de 3.000 kW de potencia con alturas de 112 m ata o buxe e pás de 60 m (máis...), nos últimos proxectos sometidos a información pública (P.E. Canedo e P.E. Figueiras, nos concellos de Alfoz, Mondoñedo e O Valadouro; Lugo) contémplase empregar aeroxeneradores de 4.500 kW de potencia con alturas de 120 m ata o buxe e pás de 75 m, o que fai unha altura total máxima de 195 m.
Para facerse unha idea das dimensións dos aeroxeneradores contemplados pode indicarse que:
- A altura do fuste ata o buxe supera en 10-15 m a lonxitude da Praza do Obradoiro ou a dun campo de fútbol homologado para partidos internacionais.
- A lonxitude dunha pá sobrepasa en 4-5 m a largura da Praza do Obradoiro ou a do devandito campo de fútbol homologado.
- En cada xiro do rotor, as pás barren unha superficie de 17.700 m2, que duplica amplamente á da Praza do Obradoiro ou a dun campo de fútbol.
Á vista das enormes dimensións dos aeroxeneradores contemplados, SGHN ven de solicitar á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental da Xunta de Galicia que se:
- Avalíe moi detalladamente o forte impacto paisaxístico previsible.
- Extremen as medidas para minimizar as afeccións á fauna (aves e morcegos.
|
DEZ NOVOS PARQUES EÓLICOS A INFORMACIÓN PÚBLICA NO PRIMEIRO TRIMESTRE DE 2011 |
No primeiro trimestre de 2011, a SGHN personouse no proceso de consultas sobre o impacto ambiental de dez novos parques eólicos (5 na provincia de A Coruña, 1 na de Lugo, 3 na de Pontevedra e 1 entre Pontevedra e Ourense) promovidos ó abeiro da Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación
de 2.325 MW de potencia na
modalidade de novos parques eólicos en
Galicia (PDF do DOG).
A análise da documentación recibida revelou que todos 6 dos novos parques eólicos poderían ter impactos directos sobre hábitats de conservación prioritaria na Unión Europea e que a totalidade dos proxectos poderían afectar, en maior ou menor grao, a especies vulnerables ou en perigo de extinción (entre 4 e 13 segundo o parque) de acordo cos catálogos nacionais e galego de especies ameazadas. Por iso, a SGHN solicitou á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que todos os proxectos se sometan a Estudios de Impacto Ambiental que :
- Avalíen os efectos sobre ó hábitat de conservación prioritaria “4020 Daboecion cantabricae” e as posibles alternativas para minimizalos.
- Avalíen con detalle e rigor as posibles afeccións do proxecto sobre as especies incluidas nos Libros Vermellos estatais e no Catálogo Galego de Especies ameazadas presentes na zona e contemplen a adopción de medidas mitigadoras:
- Anfibios e micromamíferos: mortandade nos viais de acceso por atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadienses, etc.
- Aves e quirópteros: mortandade por impacto cos aeroxeneradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.
- Contemple a inclusión de todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos Plans de conservación de especies ameazadas que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007.
- Avalíen a mortandade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viais de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadienses, etc.) e a adopción de medidas eficaces para mitigala.
- Avalíen os efectos acumulativos e/ou sinérxicos cos parques eólicos xa existentes nun radio de 2 km.
|

Imaxe: Distribución das "Áreas de desenvolvemento eólico" contempladas Orde do 29 de marzo de 2010 para a asignación
de 2.325 MW de potencia na
modalidade de novos parques eólicos en
Galicia. |
Parque eólico |
Promotor |
Concellos |
Hábitats prioritarios |
Especies ameazadas |
Ruña II |
Eurovento |
Mazaricos e Dumbría (C) |
2 |
4 |
Acibal |
Norvento |
Moraña e Barro (Po) |
2 |
13 |
| Alto das Agras Ii |
Eurovento |
Mazaricos, Muros e Carnota (C) |
2 |
8 |
| Ampliación Deva II |
Eurovento |
Cañiza e Covelo (Po), Melón (Ou) |
1 |
11 |
| Ampliación de Virxe |
Eurovento |
Mazaricos, Muros e Carnota (C) |
2 |
7 |
Cabanelas |
Gamesa |
A Estrada e Forcarei (Po) |
|
7 |
| Monte Tourado |
Sistemas Energéticos Edreira |
Vimianzo (C) |
1 |
4 |
| Navallos |
ENEL Green Power España |
Baralla e Castroverde (Lu) |
|
8 |
| Pico Touriñán |
Eólicos Touriñán |
A Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro (Po) |
|
4 |
Santa Comba |
Eólica Galenova |
Santa Comba, Val do Dubra e A Baña (C) |
|
5 |
|
PROXECTO DE PARQUE EÓLICO SANTA COMBA
Con aeroxeneradores que doblan en altura ós actuais |
En relación coas Consultas sobre contido do Estudio de Impacto Ambiental do proxecto Parque Eólico Santa Comba (Santa Comba, Val do Dubra e A Baña, A Coruña), promovido por Eólica Galenova SL, clave 2010/0207, a SGHN ven de presentar as seguintes alegacións (PDF):
- De acordo de acordo coa documentación recibida e coa Directiva 92/43/CEE, o proxecto non afectaría directamente a hábitats de conservación prioritaria na Unión Europea.
- De acordo coa documentación recibida e coas categorías contempladas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007), o proxecto podería afectar a 5 especies catalogadas como vulnerables (Chioglossa lusitanica, Rana iberica, Circus pygargus, Rhinolophus ferrumequinum e Myotis myotis).
- De acordo coa documentación recibida, os infructuosos estudios de campo feitos na zona para a prospección da rapina cincenta Circus pygargus realizáronse nunha época do ano (“marzo de 2009") excesivamente temperán tendo en conta a fenoloxía desta especie migratoria en Galicia, con primeiras datas de chegada na última semana de marzo.
Por todo o cal, a SGHN ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que o Estudio de Avaliación de Impacto Ambiental do proxecto:
|
- Avalíe os posibles efectos sinérxicos e acumulativos co Parque Eólico Vilamartiño, do mesmo promotor e situado a menos de 2 km de distancia.
- Avalíe con detalle as posibles afeccións do proxecto sobre as especies incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas presentes na zona e contemple a adopción de medidas mitigadoras:
- Chioglossa lusitanica e Rana iberica: mortandade nos viais de acceso por atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadienses, etc.
- Circus pygargus, Rhinolophus ferrumequinum e Myotis myotis: mortandade por impacto cos aeroxeneradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.
- Inclúa todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas nos Plans de conservación de Chioglossa lusitanica, Rana iberica, Circus pygargus, Rhinolophus ferrumequinum e Myotis myotis, que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007.
- Avalíe a mortandade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viais de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadienses, etc.) e a adopción de medidas eficaces para mitigala.
|

Debuxo a escala no que, de esquerda a dereita, se compara a altura dos aeroxeneradores máis habituais na actualidade en Galicia, a Torre de Hércules, os aeroxeneradores proxectados no PE Santa Comba e a Torre Eiffel. |
PROXECTO DE PARQUE EÓLICO NO MONTE TOURADO (VIMIANZO)
Afectaría a un hábitat prioritario e a catro especies ameazadas |
En relación coas Consultas sobre decisión de Avaliación de Impacto Ambiental do proxecto Parque Eólico Monte Tourado (Vimianzo, A Coruña), promovido por Sistemas Energéticos Edreira, SAU, clave 2010/0212, a SGHN ven de presentar as seguintes alegacións (PDF):
- De acordo coa documentación recibida e coa Directiva 92/43/CEE, os viais de acceso do proxecto atravesarían o hábitat Brezais húmidos Cirsio filipenduli-Ericetum ciliaris, de conservación prioritaria na Unión Europea.
- De acordo coa documentación recibida e coas categorías contempladas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas (Decreto 88/2007), o proxecto podería afectar a tres especies catalogadas como vulnerables (Rana iberica, Circus pygargus e Rhinolophus ferrumequinum) e a unha considerada en perigo de extinción (Tetrax tetrax).
Por todo o cal, a SGHN ven de solicitar á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas que o Estudio de Avaliación de Impacto Ambiental do proxecto:
|
- Avalíe trazados alternativos dos viais de acceso para non afectar ó hábitat de conservación prioritaria Brezais húmidos Cirsio filipenduli-Ericetum ciliaris.
- Avalíe con detalle as posibles afeccións do proxecto sobre as especies incluidas no Catálogo Galego de Especies Ameazadas presentes na zona e contemple a adopción de medidas mitigadoras:
- Rana iberica: mortandade nos viais de acceso por atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadienses, etc.
- Circus pygargus, Tetrax tetrax e Rhinolophus ferrumequinum: mortandade por impacto cos aeroxeneradores e perturbacións sobre a súa utilización dos hábitats na contorna do parque eólico durante todas as fases do ciclo vital.
- Inclúa todas as medidas preventivas e/ou correctoras recomendadas no Plan de recuperación de Tetrax tetrax e nos Plans de conservación de Rana iberica, Circus pygargus e Rhinolophus ferrumequinum, que teña elaborados (ou en elaboración) a Xunta de Galicia de acordo co previsto nos artigos 15 e 16 do Decreto 88/2007.
- Avalíe a mortandade de anfibios, réptiles, aves e mamíferos nos viais de acceso (atropelo e atrapamento en gabias, taxeas, pasos canadienses, etc.) e a adopción de medidas eficaces para mitigala.
|

|
|
|