logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
 

 

 

Unha boa nova para o patrimonio natural galego-asturiano

Declaración de Impacto Ambiental negativa para o encoro de Suarna no río Navia

Ven de publicarse no BOE a Declaración de Impacto Ambiental para o proxecto "Modificación de características da concesión outorgada para derivar auga do río Navia, termos municipais de Ibias (Asturias), Fonsagrada e Navia de Suarna (Lugo)". O proxecto, que se arrastra dende 1951, suporía a desaparición total do LIC ES1200048 Alto Navia e afectaría ao LIC ES1120001 Ancares-Courel, ás Reservas da Biosfera Río Eo, Oscos e Terras de Burón e Os Ancares Lucenses e Montes de Navia, Cervantes e Becerreá, así como a un hábitat de conservación prioritaria na UE, catro hábitats de interese comunitario, unha ducia de especies ameazadas (tres de flora e nove de fauna) e ata dezasete xacementos arqueolóxicos. A boa nova é que a Secretaría de Estado de Medio Ambiente ven de facer unha Declaración de Impacto Ambiental negativa para o proxecto (Ver Resolución no BOE).