logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
 

 

Agora tamén en Mondariz

A teima da queima de biomasa para producir enerxía

Santiago de Compostela, 30-07-2015

Como antes cos proxectos en As Nogais e Pobra de Brollón (Lugo) e Arzúa (A Coruña), ver noticia máis abaixo, SGHN presentou en 2013 alegacións ao proxecto de central térmica de biomasa que ENGABIOMASA pretence construir en Mondariz (Pontevedra) (PDF). A empresa promotora non respostou nin tan siquera a unha das cuestións plantexadas por SGHN, polo que SGHN ven de reiterar as súas alegacións e peticións diante da Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental (PDF).

 

Novo proxecto na Pobra de Brollón

A voltas coa queima de biomasa para producir enerxía

Santiago de Compostela, 21-06-2012

Como o fixera en xaneiro de 2010 cos proxectos de Cervantes (Lugo) e Arzúa (A Coruña), promovidos por Gaélica Solar e Norvento Biomasa (PDF), SGHN ven de respostar á consulta sobre o trámite de avaliación ambiental doutro proxecto de central térmica de biomasa, esta vez na Pobra de Brollón (PDF), demandando á Consellería de Economía e Industria que exisa aos respectivos promotores dos proxectos de aproveitamento de biomasa unha avaliación previa rigorosa da súa sostibilidade en termos de:

  • Reducción real no consumo de combustibles fósiles (balance favorable de TEP xeneradas fronte as consumidas).
  • Reducción real da liberación de gases de efecto invernadeiro (balance favorable inmisións-emisións de GEIs, non só de CO2).
  • Efectos neutros ou positivos sobre a biodiversidade, os espacios naturais, e os aspectos socioeconómicos.

Igual que en escritos anteriores á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental e á Consellería de Medio Rural e do Mar, SGHN insiste sobre a "reducción real da liberación de gases de efecto invernadeiro" pois os supostos beneficios para a mitigación do cambio climático global que se atribúen moitos proxectos de aproveitamento enerxético de biomasa están en cuestión. Non só SGHN ten dúbidas ao respecto, como amosa a opinión do Comité Científico da Axencia Europea de Medio Ambiente feita pública o 15 de setembro de 2011:

  • As regulacións e obxectivos das políticas da UE deben revisarse para promover o uso de bio-enerxía só a partires de biomasa adicional que reduzca as emisións de GEIs, sen desplazar outros servicios dos ecosistemas como o subministro de alimentos e a producción de fibra.
  • Os estándares para contabilizar os GEIs deben reflectir completamente todos os cambios nas cantidades de carbono almacenadas nos ecosistemas e nas entradas e saídas de carbono dos ecosistemas que resulten da producción e uso de bio-enerxía.
  • As políticas sobre bio-enerxía deben promover a producción de enerxía a partires de sub-productos de biomasa, desechos y residuos (agás se son precisos para manter a fertilidade do solo). As políticas sobre bio-enerxía deben tamén promover a producción integrada de biomasa que se engada a producción de alimentos e non desplace a ésta.
  • A nivel mundial, os centros de decisión e as partes interesadas deberían axustar as expectativas globais de uso de bio-enerxía a niveis baseados na capacidade do planeta para xenerar biomasa adicional, sen poñer en perigo os ecosistemas naturais.

Preme aquí para obter a tradución ao galego da primeira páxina; preme aquí para obter o documento completo, só en inglés.

 

Opinión do Comité Científico da Axencia Europea de Medio Ambiente sobre bio-enerxía

ENERXÍA RENOVABLE = DESEXABLE?, NON SEMPRE

En xaneiro de 2010 SGHN recibiu unha consulta sobre os trámites de avaliación ambiental de dous proxectos de centrais térmicas de biomasa, un en Cervantes (Lugo) promovido por Gaélica Solar S.L. e outro en Arzúa (A Coruña) promovido por Norvento Biomasa. Nas alegacións a ambolos dous proxectos (PDF), SGHN demandou á Secretaría Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental que exisise aos respectivos promotores dos proxectos de aproveitamento de biomasa unha avaliación previa rigorosa da súa sostibilidade en termos de:

  • Reducción real no consumo de combustibles fósiles (balance favorable de TEP xeneradas fronte as consumidas).
  • Reducción real da liberación de gases de efecto invernadeiro (balance favorable inmisións-emisións de GEIs, non só de CO2).
  • Efectos neutros ou positivos sobre a biodiversidade, os espacios naturais, e os aspectos socioeconómicos.

A insistencia sobre a "reducción real da liberación de gases de efecto invernadeiro" reflectía as dúbidas de SGHN sobre os supostos beneficios para a mitigación do cambio climático global que se atribúen moitos proxectos de aproveitamento enerxético de biomasa. Non só SGHN ten dúbidas ao respecto, como amosa a opinión do Comité Científico da Axencia Europea de Medio Ambiente feita pública o 15 de setembro de 2011, da que ao final se traduce a primeira páxina (para obter o documento completo, só en inglés, preme no seguinte vínculo: http://www.eea.europa.eu/about-us/governance/scientific-committee/sc-opinions/opinions-on-scientific-issues/sc-opinion-on-greenhouse-gas.

Malia súa trascendental importancia, dita opinión do Comité Científico da Axencia Europea de Medio Ambiente nin tan siquera se nomea no borrador de "Orde pola que se regulan os cultivos enerxéticos forestais na Comunidade Autónoma de Galicia e se crea o rexistro de cultivos enerxéticos forestais", polo que SGHN ven de remitir un escrito (PDF) á Conselleira de Medio Rural e do Mar demandando que os criterios e recomendacións do devandito Comité Científico sexan incorporados á Orde actualmente en elaboración.

 

"Contabilidade de gases de efecto invernadoiro en relación coa bio-enerxía"

Importantes esforzos internacionais e europeos están en marcha para contabilizar e reducir as emisiones de gases de efecto invernadoiro (GEIs) e aumentar o uso de enerxías renovables. Varias directivas da Unión Europea alentan un cambio dende enerxías fósiles a enerxías renovables derivadas de biomasa vexetal basándose na premisa de que a combustión de biomasa, independentemente da fonte de biomasa, non resultará nunha acumulación de carbono na atmósfera. Esta asunción errónea resulta nun serio erro de contabilidade.

Producir enerxía a partir da biomasa implica reducir as emisións de GEIs. Pero queimar biomasa aumenta a cantidade de carbono no aire (igual que queimar carbón, petróleo ou gas) se colleitar a biomasa diminúe a cantidade de carbono almacenado en plantas e solos, ou reduce o secuestro de carbono en curso (que se está a producir). Dous importantes factores que determinan se a bio-enerxía reduce o carbono na atmósfera en comparación cós combustibles fósiles son onde e como se produce e colleita a biomasa. Polo tanto, a lesislación que promove a sustitución de combustibles fósiles por bio-enerxía, independentemente da fonte de biomasa, pode incluso resultar nun incremento de emisións de carbono, acelerando dese xeito o quecemento global. Está ampliamente asumido que a combustión de biomasa é inherentemente “carbono neutral” porque só libera carbono tomado da atmósfera durante o crecemento das plantas. Non embargante, esta asunción non é correcta e resulta nunha forma de doble contabilidade porque ignora o feito de que ao usar terras para producir plantas para enerxía implica normalmente que esas terras non producen plantas para outros fins, incluindo o carbon que secuestrarían. Se os cultivos para bioenerxía desplazan bosques, diminúen bosques ou reducen o crecemento dos bosques, que doutro xeito secuestrarían máis carbono, pode incrementar a concentración de carbono atmosférico. Se os cultivos para bioenerxía desplazan os cultivos de alimentos, esto pode provocar máis fame se as colleitas non se reemplazan ou xenerar emisións polo cambio do uso da terra se son reemplazadas. Para reducir o carbono no aire sen sacrificar outras necesidades humanas, a producción de bio-enerxía debe aumentar a cantidade total de plantas producidas, suministrando máis plantas para uso enerxético ao tempo que se manteñen outros beneficios, ou debe derivarse de residuos de biomasa que se descomporían sen ser usados pola xente nin contribuir ao secuestro de carbono.

As consecuencias potenciais de este erro de contabilidade na bio-enerxía son inmensas. Basados na asunción de que calquera queima de biomasa non engadirá carbono ao aire, diversos informes teñen suxerido que a bio-enerxía podería ou debería proporcionar o 20-50% das necesidades mundiais de enerxía nos vindeiros decenios. Para conseguir iso habería que duplicar ou triplicar a cantidade total de material vexegal actualmente colleitado en todas as terras do planeta. Semellante incremento na cantidade de material colleitado competiría con outras necesidades, como as de suministrar alimento para unha poboación en aumento, a imporía enormes presións sobre ecosistemas terrestres do planeta. Aínda máis, as colleitas actuais, aínda que inmensamente valiosas para o benestar humán, teñen causado unha enorme pérdida de hábitat afectando quizáis ao 75% das terras non cubertas por xeo ou desertos, mermandon os subministros de auga e liberando grandes cantidades de carbono á atmósfera.

Baseándose na opinión sobre bio-enerxía de 2008 o Comité Científico da Agencia Europea de Medio Ambiente recomenda que:

  • As regulacións e obxectivos das políticas da UE deben revisarse para promover o uso de bio-enerxía só a partires de biomasa adicional que reduzca as emisións de GEIs, sen desplazar outros servicios dos ecosistemas como o subministro de alimentos e a producción de fibra.
  • Os estándares para contabilizar os GEIs deben reflectir completamente todos os cambios nas cantidades de carbono almacenadas nos ecosistemas e nas entradas e saídas de carbono dos ecosistemas que resulten da producción e uso de bio-enerxía.
  • As políticas sobre bio-enerxía deben promover a producción de enerxía a partires de sub-productos de biomasa, desechos y residuos (agás se son precisos para manter a fertilidade do solo). As políticas sobre bio-enerxía deben tamén promovera producción integrada de biomasa que se engada a producción de alimentos e non desplace a ésta.
  • A nivel mundial, os centros de decisión e as partes interesadas deberían axustar as expectativas globais de uso de bio-enerxía a niveis baseados na capacidade do planeta para xenerar biomasa adicional, sen poñer en perigo os ecosistemas naturais.