logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Soltas cinexéticas e conservación da biodiversidade

O caso do paspallás xaponés

Ourense-Santiago de Compostela, 14 de agosto de 2013

Preocupada pola posible introducción en Galicia de exemplares do paspallás xaponés (Coturnix japonica ou Coturnix coturnix japonica) ou híbridos co paspallás autóctono (Coturnix coturnix), como xa aconteceu noutros lugares de España ao liberar individuos de granxa con fins cinexéticos, SGHN ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (PDF) toda a información dispoñible sobre os controis que estea a realizar para garantir que se está a cumprir o artigo 52.2 da Lei 42/2007 de Patrimonio Natural e da Biodiversidade que establece que "as administracións públicas competentes prohibirán a introducción de especies, subespecies ou razas xeográficas alóctonas, cando éstas sexan susceptibles de competir coas especies silvestres autóctonas, alterar a súa pureza xenética ou os equilibrios ecolóxicos". Posto que os reproductores empregados na produción industrial de paspallás poden pertencer á especie Coturnix japonica ou ser híbridos da mesma coa especie autóctona Coturnix coturnix, para a solta ao medio natural de exemplares criados en granxa a Dirección Xeral de Conservación da Natureza debera exisir sempre as análises xenéticas correspondentes para garantir que os parentais non teñen hibridación.