logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

OBRAS NA MURALLA DE LUGO: NECESARIAS, PERO NUNHAS DATAS EQUIVOCADAS

SGHN ven de dirixir senllos escritos (PDF) ós Directores Xerais de Patrimonio Cultural (Consellería de Cultura e Turismo) e de Conservación da Natureza (Consellería de Medio Rural) amosándolles a preocupación polos traballos que se están a realizar actualmente na muralla de Lugo e subliñando que:

  • Sen prexuicio da necesidade dos traballos para unha axeitada conservación da muralla de Lugo, a data elexida para a súa realización é moi prexudicial dende un punto de vista faunístico, por coincidir con plena tempada de cría de diversas especies de vertebrados que empregan a muralla como refuxio e/ou lugar de cría.
  • É importante e urxente replantexar o actual modelo de restauración do Patrimonio Cultural. Dende logo é imprescindible, e prioritaria, a perspectiva humana na restauración de monumentos e cascos históricos, pero o interese das persoas non ten porque estar reñido co dos seus outros "inquilinos". Se cirrios, morcegos, curroxos, carrizas, curuxas, lagartixas e tantas outras especies dependen en boa medida do refuxio que lle proporcionan os monumentos humanos, ¿por qué deshaucialos? Velaí están os exemplos de Amsterdam, onde dede hai máis de 30 anos nos edificios restaurados deben conservarse os emprazamentos dos niños de cirrio, ou do Reino Unido, onde a restauración de monumentos contempla específicamente a conservación das colonias importantes de morcegos.

Polo devandito, SGHN ven de solicitarlles que se paralicen os traballos na muralla de Lugo ata que finalice alomenos o periodo principal de cría da fauna (finais de agosto). Asemade, e para evitar problemas semellantes no futuro, SGHN solicitalles que, traballando coordinadamente, a D.X. de Conservación da Natureza e a D.X. de Patrimonio Cultural replantexen o actual modelo de conservación e restauración do Patrimonio Cultural dende a perspectiva de que moi a miudo é tamén un Patrimonio Natural moi valioso.