logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

NON ás batidas en plena tempada de cría

Santiago de Compostela, 05 de xullo de 2013

Segundo novas de prensa “Medio Ambiente autoriza batidas contra os córvidos por danos en fincas de millo” en Agolada a cargo de Cazadores do Tecor Farelo e da Sociedade de Caza de Silleda. O problema é que nestas datas numerosas especies de aves e mamíferos atópanse en plena tempada de cría, época na que son moi sensibles ás perturbacións e molestias que ocasionaría a actividade cinexética autorizada. Ademais, no suposto de que os danos á agricultura chegasen a facer convinte un control poboacional dalgunha especie empregando técnicas de caza, o lóxico sería realizalo durante a propia tempada oficial de caza e non en época de cría.

Por istas razóns SGHN ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (PDF) que con efectos inmediatos, desautorice as “batidas contra os córvidos por danos en fincas de millo” en Agolada e, agás en casos absolutamente excepcionais de interese público de primeiro orde, nunca se autoricen batidas de caza por danos contra ningunha especie durante a tempada de cría.