logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

Cans ceibos en praias e espazos protexidos = ameaza para a fauna

A presencia de paseantes que ceiban os seus cans nas praias e sistemas dunares de numerosos espacios naturais galegos (LICs, ZEPAs, humidais Ramsar) é unha realidade cotiá e moi xeneralizada, con repercusións negativas sobre moitas especies de fauna, particularmente no caso das fortes molestias ás aves:

  • Migratorias, que empregan ditos espacios naturais como área de repouso e almentación para recuperar as reservas enerxéticas que precisan nos seus longos desprazamentos, mesmo intercontinentais.
  • Reproductoras, incluindo algunhas tan ameazadas en Galicia como a píllara das dunas (Charadrius alexandrinus).

Posto que a normativa vixente prohibe levar as mascotas sen correa nos espazos públicos galegos, SGO e SGHN veñen de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Consellería de Medio Rural) que poña urxentemente en marcha:

  • Unha campaña informativa, con paneis explicativos recordando a prohibición de levar mascotas sen correas nos espacios naturais.
  • Unha maior vixilancia do cumprimento da normativa vixente no interior dos espacios protexidos, coa participación coordinada da gardería de medio ambiente, o SEPRONA e as policías locais.


Fotografía: Bando de pirlos curlibicos (Calidris alpina) espantados pola presencia de cans ceibos na súa zona de alimentación.