logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

O mundo ao revés: a biodiversidade vai depender de caza e pesca!!!

Santiago de Compostela, 10-01-2014

SGHN ven de ter coñecemento de que se traspasou o Servicio de Conservación da Biodiversidade á Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas, o cal SGHN considera unha pésima noticia pois supón unha inversión total da estrutura lóxica e das prioridades de conservación:

  1. A biodiversidade engloba ás especies suxeitas a aproveitamento cinexético ou piscícola e non ao revés.
  2. A explotación cinexética e piscícola ten que estar sempre supeditada á conservación da biodiversidade en toda a súa extensión (flora non vascular e vascular, invertebrados, vertebrados con ou sen interese cinexético-piscícola) e non ao revés.

Por istes motivos, SGHN ven de suxerirlle á Directora Xeral de Conservación da Natueza que no caso de ser precisa unha reorganización da súa Dirección Xeral se suprima a Subdirección Xeral de Recursos Cinexéticos e Piscícolas e a actual Subdirección Xeral de Espazos Naturais e Biodiversidade se substitúa por unha SX de Espazos Naturais e unha SX de Biodiversidade que englobe un Servicio de Conservación da Biodiversidade e un Servicio de Caza e Pesca.