logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Electrocutadas en Ourense dúas águias reais con seguemento por satélite

Ourense, Santiago, 05-11-2014

Na páxina web do Grupo de Rehabilitación de la Fauna Autóctona y su Hábitat aparece unha nova sobre o “programa de reforzamento e recuperación da águia real en Galicia” na que se indica textualmente:

“ÁGUILAS ELECTROCUTADAS
Durante este año hemos tenido la mala fortuna de retirar los cadáveres de Ana y de Loboreira muertos por electrocución que aparecieron debajo de dos apoyos eléctrico. Dos hembras de águila real criadas en cautividad y liberadas en 2010 que se habían emparejado en dos territorios contiguos hace un tiempo y mantenían un territorio fijo, tal y como hemos comprobado gracias al emisor de satélite que portaban ambas. Sobre esto ya os informaremos con más precisión ya que nos preocupa mucho que tiempo después no se rectificaran los apoyos eléctricos.”

Á vista desta información, SGHN ven de solicitar á Dirección Xeral de Conservación da Natureza (PDF) que confirme ou desminta a exactitude de dita nova e, no caso de ser correcta:

  • Que informe a SGHN sobre a localización dos apoios eléctricos onde se electrocutaron as águias reais e as medidas adoptadas para prevenir novas mortes desta ou doutras especies de aves.
  • Que inclúa como punto da orde do día da vindeira xuntanza do Observatorio Galego da Biodiversidade a situación do “programa de reforzamento e recuperación da águia real en Galicia”.

Actualización

Cunha poboación reprodutora actual dunhas 15 parellas segundo os datos oficiais, a densidade de águias reais en Galicia é entre sete e dez veces menor que a das seguintes comunidades autónomas con densidades máis baixas segundo o censo nacional coordinado por SEO en 2009: Cantabria e Madrid.

Segundo nova de prensa da axencia EFE a raíz da pregunta de SGHN (máis...), a Consellería de Medio Ambiente ven de confirmar a morte de dúas águias reais por electrocución no Macizo Central ourensán, unha o 31 de xaneiro de 2014 en Grixoa e outra posteriormente na Venda de Bolaño. Con estas dúas perdas van xa 11 águias reais mortas en Galicia dende 2009.

O máis alarmante é que desas once águias mortas, só catro o foron por causas naturais, dúas por causas descoñecidas e as cinco restantes por causas antrópicas, entre as que destaca a electrocución pois, ademais das dúas de 2014 no Macizo Central, en 2009 xa morreran nun tendido eléctrico da Serra de Sta. Eufemia no Xurés dúas aves introducidas para reforzar a poboación desta especie. É dicir, unha de cada tres águias reais mortas en Galicia dende 2009 morreron por causa dos tendidos eléctricos: unha situación absolutamente insostible e inaceptable en opinión de SGHN, que urxe á Consellería de Medio Ambiente a adoptar de inmediato as medidas necesarias para evitar esta sangría constante na poboación dunha das especies más ameazadas de Galicia.

Resposta da Dirección Xeral de Conservación da Natureza

Fotografía: Poste eléctrico onde se electrocutou unha das águias reais no Macizo Central ourensán. Imaxe cedida por GREFA.