logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

"Senda fluvial" en Ribadumia (Pontevedra)

Pontevedra, 18-10-2012

A SGHN presentou un escrito (PDF) diante do Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente un escrito sobre o proxecto de “Estudio de Impacto Ambiental del Proyecto de Acondicionamiento de las márgenes del río Umia y senda fluvial en Ribadumia. Pontevedra”, que pretende executar varias actuacións, algunhas das cales son positivas e outras negativas para a zona:

  • O Estudo de Impacto Ambiental (EIA) do proxecto marca varios Obxectivos:
    • Unha rota de sendeirismo.
    • Contacto coa natureza.
    • Tirar máis aproveitamento ecolóxico-social do río.
    • Acondicionar áreas recreativas.
    • Creación de zonas de aparcamientos e miradores.
  • A situación económica actual da zona e de España é:
    • Crise económica sin precedentes na historia recente.
    • Recortes en educación, sanidade e estado do benestar.
    • Reducción de salario de funcionarios e en xeral de tódolos traballadores.
    • Aumento de IRPF, IBI e IVE.
    Con esta situación declaran un orzamento de 3.481.395,42 euros para as obras.
  • A situación ambiental actual da zona afectada polas obras é:
    • Degradación costeira e riparia. Só se contemplan retiradas parciais de entullo en zonas de acumulación, non a limpeza sistemática da zona.
    • Invasión de terreos de Dominio Público Marítimo Terrestre. Non se vai actuar neste senso.
    • Alta presencia de especies vexetales invasoras en ambas beiras do río e fincas. Só se actuará nunha das beiras do río, sen actuar enfrente e nas fincas, polo que a recolonización será rápida.
  • Non aporta nada a medio ou longo prazo á conservación do espazo e área de actuación (p. ex. recuperar terreos públicos).

Diante desta situación, e cos argumentos que se poden ver no PDF do escrito, solicitouse o rexeitamento total do proxecto ou como segunda opción, refacer o mesmo tendo en conta:

  • No construir ningunha pasarela sobre a marisma.
  • Recuperación do paso sobre o Dominio Público Marítimo Terrestre donde éste non sexa efectivo.
  • Retirada de entullo e lixo nas marxes costeiras.
  • Eliminación das especies invasoras en AMBALAS DÚAS beiras do río e manter un plan de contención para as reintroduccións que se puideran producir.

Por outra banda, detectáronse erros importantes (por falta de coñecemento da zona) na redacción do EIA, polo que o redactor do mesmo non cumpriu a obriga de facer un estudo localizado (é decir, non fixo o seu traballo). Á vista desta situación tamén se solicitou que o pagador (o Ministerio) faga as xestións necesarias para que o redactor devolva a parte proporcional económica que corresponda polo traballo non feito.