logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

A seca, a rega e "El Roto"

Castellano

Madrid-Santiago, 25-07-2015

Coa meirande parte dos cursos fluviais da Limia a piques do colapso hidrolóxico, outro ano máis, polo regadío abusivo e insustentable que sobre-explota ríos e acuíferos (máis...)...

Coas "autoridades competentes" da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil afirmando falsamente no novo Plan Hidrolóxico que os cursos fluviais da Limia secan en verán de modo natural (máis...)...

Con gobernantes e gobernados botándolle as culpas a un verán moi seco e caluroso, esquecendo insensatamente os erros cometidos durante a desecación da lagoa de Antela e nos plans de regadío, ...

Con uns e outros ignorando as continuas advertencias que o cambio climático nos está a amosar xa...

... Afortunadamente, Andrés Rábago "El Roto" coa súa habitual maestría satírica resume nunha imaxe e 15 palabras ata onde pode chegar a estupidez humana.

Gracias, "El Roto", pola túa magnífica viñeta e a túa xenerosidade ao permitirnos reproducila.

Viñeta publicada en El País o 22-07-2015 (©Copyryght EL ROTO / EDICIONES EL PAÍS, SL 2015) Reproducida con permiso do autor.