logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

Plan de encauzamento do río Limia en Campo das Lamas

SGHN ven de presentar alegacións ao “documento” sometido a información pública polo concello de Xinzo de Limia (ver PDF), que non pode considerarse realmente un proxecto xa que:

  • Non ten os elementos nin a estrutura esixida para tal cualificación.
  • Non describe as instalacións a construir nin avalía os efectos directos e indirectos sobre o medio.
  • Non inclúe a identificación dos técnicos redactores nin, mesmo, do promotor.

O “documento” é moi sorprendente: mentres o plan existente para o núcleo urbán de Xinzo de Limia só o protexe para avenidas con periodo de retorno de 100 anos, o “documento” pretende protexer contra as avenidas con periodo de retorno de 500 anos a unha pequena zona onde hai unha vintena de edificacións en situación de dubidosa legalidade ao estar ubicadas nunha zona asolagable e mesmo a unha vivenda con sentencia firme de derribo aceptada polos propietarios.

Ademais, o documento non avalía os seus efectos sobre as condicións agronómicas desa zona eminentemente agrícola nin os impactos sobre a hidroloxía do río Limia e os seus tributarios na zona e esquece os plantexamentos do Plan Hidrolóxico e das tendencias actuais de naturalización de cauces fluviais. Tampouco avalía os impactos sobre a ZEPA de A Limia, incumprindo así o Real Decreto Lexislativo 1/2008 polo que se aproba o texto refundido da Lei de Avaliación de Impacto Ambiental.

Polo devandito, SGHN ven de solicitar ao Concello de Xinzo de Limia que desbote o Plan e, conforme as súas competencias e obrigas nun estado de dereito, impulse as accións para acadar a restitución da legalidade vixente.

Fotografía: Imaxe do SIGPAC (Ministerio de Agricultura, Alimentación y Medio Ambiente) na que está salientada a zona que se pretende "protexer" co plan de encauzamento.