| |
A LIMIA, OBXECTIVO 2015. AS CONCHAS, OBXECTIVO 2021 |
Nun comunicado de prensa do 19 de agosto de 2011, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil indica respecto ao río Limia que «Para alcanzar el buen estado en esta masa de agua, el procedimiento óptimo consiste en llevar a cabo un estudio sobre la misma para aclarar las causas del mal estado. [...] La realización de dicho estudio exige un plazo de varios años, por lo que no se podrán alcanzar los objetivos medioambientales hasta el año 2021». Os obxectivos medioambientais a que se refire son o bo estado ecolóxico e químico das súas augas esixido pola Directiva 200/60/CE sobre política de augas.
En relación co dito comunicado da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil, SGHN considera necesario facer as seguintes precisións:
- De acordo co documento “Anejo 01_Masas_muy_modificadas.pdf” “Propuesta de proyecto de Plan hidrológico de la parte española de la demarcación hidrográfica del Miño-Sil” (Confederación Hidrográfica del Miño-Sil, Ministerio de Medio Ambiente y Medio Rural y Marino, 2010) que foi sometido a información pública, a Confederación Hidrográfica Miño-Sil estableceu como obxectivo acadar o bo potencial ecolóxico e o bo estado químico en 2015 no caso de 7 das 8 masas de auga moi modificadas identificadas na chaira da Limia (véxase Resume_PH_DHMS_Masas_auga_Limia.pdf, que teñen as seguintes denominacións oficiais:
- ES507MAR002332 Arroyo de Faramontaos
- ES509MAR002341 Río Nocelo desde el regato de Pareiras o Fiestras hasta su confluencia con el río Limia.
- ES509MAR002342 Río Nocelo I
- ES510MAR002350 Río de Lagoa de Antela y sus afluentes Piñeira y Pozo Grande
- ES510MAR002361 Río Limia IV
- ES510MAR002362 Río Limia en zona de Riego de Lamas Grande y Filgueira
- ES510MAR002363 Río Limia en ÓToxal
- De toda a bacia do río Limia en territorio español, a Confederación Hidrográfica do Miño-Sil só contempla prórrogas ata 2021 para acadar o bo potencial ecolóxico e o bo estado químico no caso de dúas masas de auga:
- ES507MAR002331 Río Limia en la zona de regadíos de Alta Limia.
- ES511MAR002400 Embalse das Conchas.
- As causas do mal estado ecolóxico e químico están xa perfectamente aclaradas no propio Plan Hidrolóxico (véxase PH_DHMS_Masas_auga_Limia.pdf) e, xa que logo,, non será preciso agardar “un plazo de varios años” para a "realización de dicho estudio" nin para a súa posta en práctica.
A Directiva 2000/60/CE esíxeo. O Plan Hidrolóxico asumiuno.
A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil debe poñerse, XA!, máns a obra para acadar o bo estado ecolóxico e químico das aguas na chaira de A Limia para 2015. Só así se poderá conseguir o bo estado das aguas no encoro de As Conchas para 2021.
|
A Limia a piques do colapso hidrolóxico |
De acordo cos datos oficiais da Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares”, obtidos da páxina web da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (http://194.224.175.148/minosil/index.php?url=/datos/graficas_numeros/tag:A046_ACQRIO1):
- A finais do mes de xullo de 2010 os caudais circulantes no río Limia eran xa un 10-24% inferiores ó caudal ecolóxico.
- Durante o mes de agosto de 2010 o caudal medio circulante foi a penas a metade do caudal ecolóxico e só un tercio do caudal medio histórico nese mes.
- Dende o pasado 27-08-2010 os caudais circulantes no río Limia son a penas a cuarta parte do caudal ecolóxico e 6-7 veces inferiores ó caudal medio histórico.
|
| |
Caudal
(litros por segundo) |
Fonte da información |
| Promedio mes agosto periodo 1972-1997 |
1520 |
Datos oficiais históricos da antiga Estación de aforos 1805 “Río Limia en Puente Linares” |
| Caudal ecolóxico |
970 |
“Estudio hidrolóxico-ambiental de A Limia” (Ministerio de Medio Ambiente, 2007) |
| Dende finais xullo 2010 |
menos de 880 |
Datos oficiais da Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares” |
| Promedio mes de agosto 2010 |
520 |
| Dende o 27 de agosto 2010 |
menos de 280 |
|
Nunha visita xirada á Limia con ese motivo, un equipo da SGHN ven de documentar as seguintes situacións:
- Emisario de Antela. Augas abaixo da estrada N-525 as augas están prácticamente estancadas e só fluen nunha "canle" de 40-50 cm de largura e 3 cm de profundidade.
- Río Faramontaos. Totalmente seco baixo a ponte da estrada Zós-Paredes.
- Río Arnos. Completamente seco na súa confluencia co río Limia.
- Río Fírbeda. As aguas fluen moi lentamente nunha "canle" de apenas 1 m de largura e 4-5 cm de profundidade na súa desembocadura no Limia.
- Río Vidueiro. “Canle” reducida a 1 palmo de largura e 2 cm de profundidade de auga que aparenta estancada na súa confluencia co río Limia.
- Río Limia. Treito de 300 m totalmente seco ó seu paso polo casco urbán de Xinzo de Limia; a augua só comeza a fluir augas abaixo da depuradora de augas residuais de Xinzo de Limia, que é agora o principal suministro de auga ó río Limia.
Á vista desta situación, e tras dous escritos infructuosos dirixidos ó Presidente da Confederación Hidrográfica do Miño-Sil con datas 11-08-2010 e 03-09-2010, a SGHN ven de solicitar á Directora Xeral da Auga do Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Mariño que ordene con carácter inmediato a suspensión de todos os aproveitamentos de auga non adicados a abastecemento de poboaciones na bacia do río Limia augas arriba de Ponte Liñares ata que se recupere o caudal ecolóxico mínimo de 0,97 m3 s-1 na Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares”.
A petición da SGHN faise ó abeiro do Real Decreto Lexislativo 1/2001 (texto refundido da Lei de Aguas estatal) que, nos seus artigos 59.7 e 60, establece que os caudais ecolóxicos ou demandas ambientais deben considerarse como unha restricción que se impón con carácter xeral ós sistemas de explotación, supeditada só á regra sobre supremacía do uso para abastecemento de poboacións.
|
 |
 |
Fotografías: Imaxes actuais do Río Limia seco ó seu paso pola vila de Xinzo de Limia (esquerda) e Río Limia cunha cota de auga de a penas 5 cm de altura na Estación SAIH (ROEA) A046 (1805) “Río Limia en Puente Linares” (dereita).
Mais... |
|
|