logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

As organizacións ambientais plántanse
fronte a uns Plans Hidrolóxicos perxudiciais para a sociedade 

Versión en castellano

Madrid, 29-09-2015

Os novos Plans de Bacía que o Consello de Ministros pretende aprobar en bloque e que marcarán o futuro da xestión das augas e dos ríos ata o ano 2021, supoñen un duro golpe para a sociedade. Ao esquecer o coidado e a recuperación dos ríos, os humedais e os acuíferos subterráneos, os plans poñen en risco a dispoñibilidade de auga en cantidade e calidade, tanto no momento actual como no futuro.

Todas as organizacións ambientais e cidadás presentes nos Consellos do Auga das Demarcacións Hidrográficas intercomunitarias (comparten varias CCAA) non tiveron outra opción que plantarse fronte aos novos Plans no próximo Consello Nacional do Auga, que se celebra mañá en Madrid. As organizacións piden á Ministra Isabel García Tejerina que non aprobe a versión actual dos plans, porque incumplen a Directiva Marco do Auga da Unión Europea, poñen en risco a asignación de fondos europeos ao noso país se non seguen as recomendaciones da Comisión Europea, e supoñen un perigo para os servizos vitais que os ecosistemas acuáticos sans prestan á sociedade.

O Goberno presentará no Consello Nacional do Auga do próximo 30 de setembro os Plans Hidrolóxicos das bacías intercomunitarias correspondentes ao segundo ciclo de planificación, 2016-2021. Todas as organizacións ambientais e cidadás que forman parte dos Consellos do Auga das Demarcacións que afectan a máis dunha Comunidade Autónoma coinciden en que os Plans Hidrolóxicos presentados seguen sen incorporar os cambios imprescindibles respecto de os actualmente vixentes. Estes Plans incumpren unha vez máis os requerimientos e os obxectivos de alcanzar o bo estado dos ríos, lagos e acuíferos, que esixe a Unión Europea a través da Directiva Marco do Auga (DMA), como evidencia o procedemento que a Comisión Europea abriu contra España.

Os Plans Hidrolóxicos presentados perderon a oportunidade de terminar co desgoberno e descontrol do uso do auga en España. Con isto non só ponse en perigo a saúde dos ecosistemas acuáticos, senón sobre todo a capacidade para asegurar auga en cantidade e calidade suficiente para a sociedade e as xeracións futuras. As ferramentas que plantexa a DMA esixen un cambio de mentalidade que as administracións do auga en España (confederacións hidrográficas) se resisten a realizar. O auga é un ben público e, xa que logo, a planificación debe atender ao interese da sociedade no seu conxunto; pero os novos plans céntranse en seguir servindo a determinados intereses particulares, desoíndo conscientemente o artigo 45.2 da Constitución Española.

A mala xestión do auga en España nas últimas décadas afectou espazos emblemáticos de importancia internacional asociados aos ríos e acuíferos, como Doñana, as Táboas de Daimiel, Albufera de Valencia ou Delta do Ebro. Ademais, segundo se recoñece nos propios plans, máis da metade dos ríos, lagos e acuíferos están en mal estado. Lonxe de corrixir esta tendencia, os Plans Hidrolóxicos propostos para o segundo ciclo novamente supoñen unha ameaza e unha aposta firme por aumentar o deterioro. Por exemplo, propóñense en conxunto 750.000 novas hectáreas de rega, especialmente no Ebro onde tamén se propoñen decenas de novos encoros, mantense o dragado do estuario do Guadalquivir pese a todos os informes en contra, segue sen prestarse atención ao grave problema da contaminación difusa ou á extracción ilegal do auga e non se atende ás necesidades adecuadas de auga nos ecosistemas acuáticos.

Os representantes das organizacións ambientais no Consello Nacional do Auga esixirán á Ministra de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente que atenda á súa responsabilidade e evite que os plans se aproben sen atender aos requerimentos da Comisión Europea. En concreto, a CE esixe eliminar as novas infraestruturas que impiden mellorar o estado ecolóxico das masas de auga e reconducir as medidas previstas nos Plans Hidrolóxicos para contribuír aos obxectivos ambientais que esixe a DMA. De non ser así, estanse poñendo en risco os Fondos do novo ciclo de financiamento europeo, desperdiciando unha nova ocasión de mellorar a saúde dos ecosistemas acuáticos e a calidade das augas en España.

Organizacións con representantes nos Consellos do Auga das Demarcacións e no Consello Nacional do Auga:
AEMS – Ríos con Vida
ANSE – Asociación de Naturalistas del Sureste 
COAGRET
 
Coordinadora
 Ecoloxista d'Asturies 
Ecologistas en Acción
 
Fundación Nueva Cultura del Agua
 
PDE – Plataforma en Defensa de
 l’Ebre 
Sociedade
 Galega de Historia Natural 
SEO/BirdLife

WWF España