logo

 

Dende 1973 estudiando, divulgando e defendendo o patrimonio natural galego

sghn@sghn.org

line decor
  INICIO   
line decor
   

 

22 DE MARZO: DÍA MUNDIAL DA AUGA

Co gallo do Día Mundial da Auga 2011, os colectivos ecoloxistas Adega, Amigos da Terra, Federación Ecoloxista Galega, Sociedade Galega de Historia Natural e Verdegaia presentan un manifesto na procura dunha mudanza radical no xeito de entendermos a cidadanía e o conxunto das Administracións Públicas o uso deste elemento vital para a vida (Manifesto_auga.PDF).

O xeito de xestionar a súa demanda tanto na faciana extractiva como de depuración reverterá na calidade do noso ecosistema e na sustentabilidade da nosa sociedade. É imprescindíbel acometer unha mudanza radical na xestión dos recursos hídricos que permita mellorar a calidade ecolóxica das augas litorais e continentais mediante a diminución do consumo e unha axeitada depuración, á vez que se garante a xestión pública e o acceso colectivo a un auga de calidade. A auga cumpre unha función ambiental e social básica e como tal, é un ben público polo que a súa xestión debe se manter neste ámbito, fuxindo de procesos de privatización ou especulación.

O manifesto demanda, entre outras medidas, a declaración da inalienabilidade da auga como ben público e colectivo, o establecemento de iniciativas fiscais e de tarificación que fomenten un consumo racional da auga, que incentiven o aforro e penalicen o desbaldimento, sempre dende a perspectiva da equidade e a xustiza social, prohibir a construción de mais centrais hidroeléctricas impedindo tamén os transvases entre bacías, deslindar o dominio público hidráulico e defendelo fronte á súa apropiación para usos privados. estabelecer e facer cumprir os réxies de caudais ecolóxicos en todos os ríos e o desenvolvemento dun amplo programa de educación e sensibilización cidadá para que os principios e os preceptos da Nova Cultura da Auga sexan asumidos e interiorizados pola nosa sociedade.

Ríos e regatos vivos, como os que se ven nestas imaxes, son dous obxectivos irrenunciables da Nova Cultura da Auga.